[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Felipe Prósperi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Filippo Prosperi»)
Modelo:BiografíaFelipe Prósperi
Biografía
Nacemento1817 Editar o valor en Wikidata
Perugia
Morte12 de maio de 1899 Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Vigo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfotógrafo, actor de teatro Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCándida Otero Fontán Editar o valor en Wikidata
Fillosnon tivo Editar o valor en Wikidata

Felipe Prósperi Cortechi, nado en Todi, Provincia de Perugia, en 1817 e finado en Vigo o 12 de maio de 1899, foi un fotógrafo italiano asentado en Vigo.

Vigo, c. 1895. Foto Filippo Prosperi.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Chegou a Galicia formando parte da compañía teatral de Adelaide Ristori.[1] O 25 de setembro de 1869 casou na Igrexa de San Bartolomeu coa pontevedresa Cándida Filomena Otero Fontán (1846-1915), moito máis nova ca el.[2] Instaláronse como fotógrafos, primeiro en Pontevedra, na rúa Parador, e despois en Vigo, na rúa Sombrereros, logo na rúa Triunfo e por último na rúa do Príncipe.

Á morte de Felipe, en 1899, Cándida Otero quedou á fronte do negocio como Viuda de Prósperi. Non tiveran fillos. En 1907 asociarase con Jaime Pacheco, levando a empresa o nome de Pacheco y vda. de Prósperi.[3]

O traballo do matrimonio Prosperi-Otero foi a orixe do que despois se deu en chamar Arquivo Pacheco.[4]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Desde 1996 unha rúa do barrio da Florida de Vigo leva o nome de Felipe Prósperi.

  1. Echave Durán, María Cristina. "Felipe Prósperi Cortechi" Diccionario Biográfico electrónico (DB~e). Real Academia de la Historia.
  2. Bará, Milagros (5/8/2018). "Cándida Otero, la primera fotógrafa de Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). 
  3. Padín Ogando, Fernanda. "Cándida Otero (1846-1915)"
  4. Sendón, Manuel; Suárez Canal, Xosé Luis (1990). Arquivo Pacheco, Álbum (en galego e inglés). Centro de Estudos Fotográficos. ISBN 84-404-8386-4. .

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Vídeos externos
Prado, P. (2014). A lembranza do ollar (III): Filippo Prosperi e Cándida Otero CCG.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]