[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Universidade Yale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade Yale
Yale University
Datos xerais
LocalizaciónNew Haven, Connecticut
Fundación1701, (323 anos)
Datos actuais
Alumnos12 223
pregrao: 5414
posgrao: 6809
Datos de contacto
Enderezo221 Whitney Avenue,
Páxina webhttp://www.yale.edu/
Facebook: YaleUniversity Twitter: Yale Instagram: yale Youtube: UCSh-dNnqe1agUSzPM01LgBA BNE: XX147156 Dialnet: 1447209 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Biblioteca Sterling Memorial.

A Universidade Yale (en inglés Yale University) é unha universidade privada localizada en New Haven, Connecticut (Estados Unidos). Fundada en 1701, é a terceira institución de ensino superior máis antiga nos Estados Unidose un dos nove Colleges coloniais recoñecidos cunha Carta Real do monarca británico antes da Revolución das Trece Colonias.[1]

O clero fundou unha Escola Colexiada autorizada pola Provincia de Connecticut para educar sacerdotes da Igrexa congregacional. Esta escola trasladouse a New Haven en 1716 e foi renombrada Yale College en recoñecemento a unha doazón realizada por Elihu Yale, gobernador da Compañía Británica das Indias Orientais. Restrinxido en orixe á teoloxía e as linguas sacras, o currículo da institución comezou a incorporar humanidades e ciencias na época da Revolución colonial. No século XIX, a escola introduciu formación para graduados e profesionais, e en 1861 concedeu o primeiro Philosophiæ doutor (Ph.D.) nos Estados Unidos e organizouse como universidade en 1887.[2] O seu número de profesores e estudantes creceu despois de 1890 coa rápida expansión do seu campus e da investigación científica.

Conta co segundo sistema bibliotecario universitario máis grande, e forma parte da Ivy League. Yale é especialmente famosa pola súa Facultade de Dereito.

O nome da universidade rende homenaxe a Elihu Yale, un dos seus primeiros benefactores.

Destaca por ser unha das institucións educativas privadas máis recoñecidas dos Estados Unidos e do mundo.

Admisións

[editar | editar a fonte]

Yale é moi selectiva nas súas admisións. Son admitidos menos do 6 por cento dos case 30.000 solicitantes anuais a programas de pregrao.[Cómpre referencia]

A Facultade de Dereito de Yale é a máis selectiva do país: acepta a só o 6 por cento dos solicitantes.[Cómpre referencia]

Facultades e escolas

[editar | editar a fonte]

Yale componse das seguintes escolas e facultades:

  • Yale College
  • Graduate School of Arts and Sciences
  • Professional Schools (School of Architecture, School of Art, Divinity School, School of Drama, School of Engineering & Applied Science, School of Forestry & Environmental Studies, Facultade de Dereito de Yale, School of Management, Facultade de Medicina de Yale, School of Music, School of Nursing, School of Public Health, Institute of Sacred Music).

Colexios maiores

[editar | editar a fonte]

Lista oficial de colexios maiores de Yale:

Rivalidade

[editar | editar a fonte]

A rivalidade entre Yale e Harvard é coñecida historicamente, pois é a primeira, máis antiga e intensa da Ivy League, tanto nos aspectos académico e deportivo, en remo e fútbol americano, deporte inventado por un adestrador de Yale.[Cómpre referencia]

Na Universidade Yale atópanse as sociedades secretas Skull & Bones, Scroll and Key e Wolf's Head.[Cómpre referencia]

Artigo principal: Yale Bulldogs.

Practícanse un total de 35 variedades deportivas en Yale,[Cómpre referencia] que pertence á NCAA e compite na conferencia da Ivy League.

Alumnado notable

[editar | editar a fonte]

Algúns egrexios destacados son:

Episodio das 40000 pezas incas procedentes do Perú

[editar | editar a fonte]

En 1911, esta universidade tomou 42 000 pezas incas atopadas por Hiram Bingham, coa promesa de devolvelas en 3 anos. Esas pezas estiveron en Yale durante máis de 100 anos. Redes sociais e blogs peruanos e doutras partes do mundo esixían que os achados fosen devoltos ao seu país de orixe. En 2012 Yale devolveu as pezas ao Perú en 4 cargamentos desde Connecticut.[3]

Véxase tamén: Machu Picchu.
  1. Berkin, Carol; Miller, Christopher; Cherny, Robert; Gormly, James; Egerton, Douglas (2012). Wadsworth, ed. Making America: A History of the United States, Brief (6th ed.). p. 79. ISBN 9781133317692. 
  2. Yale.edu (ed.). "Academic programs | Yale". Consultado o 16 de setembro de 2009. 
  3. Fowks, Jacqueline (13 de novembro de 2012). "La Universidad de Yale entrega a Perú el último lote de tesoros de Machu Picchu". elpais.com (en castelán). Consultado o 11 de outubro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]