[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

The Turre's band

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Turre's Band
OrixeTorroso, Mos, Galiza
Período2001-Actualidade
Xénero(s)Ska, Música balcánica, Brass bands, Swing, Jazz
MembrosGabriel (trompa), Javi (trompeta), Manuel (clarinete), Ricardo (percusión), Juanjo (trombón) Daniel (trombón), Sousa (trombón), Gustavo (baixo), Diego (saxofón), Pablo (trompeta), Gustavo (tuba), Rubén (saxofón), Camilo (percusión), Fran (bombardino)
Na rede
https://turresband.com

The Turre's Band é unha banda musical creada en Torroso (Mos) no ano 2001. Está formado por catorce músicos de vento metal, batería, percusión e baixo eléctrico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Editaron os disco Algho hai (2005) e A última verbena (2010).O seu repertorio está composto por versións de temas populares: música balcánica (Emir Kusturica, Fanfaria Ciocarlia), bass bands americanas (No BS Brass Band) bandas sonoras (Ennio Morricone, John Barry), grupos galegos (Los Tamara) e temas populares (can-can, ska, música italiana...)

En 2006 foron seleccionados para a Rede Galega de Música ao Vivo, e participaron no concurso da canción do verán en galego A polo ghit, organizado por Vieiros e a Radio Galega, co tema "Hawai 5.0".

Dende o 2006 participan en festivais de toda Galicia, Barcelona e Segovia, amais de nas principais festas de Galicia como as Festas de San Froilán de Lugo, María Pita da Coruña, Festas do Apóstolo de Santiago de Compostela, festa das flores de Pontevedra e Vigo, as festas do Cristo do Porriño ou mesmo en festivais como o Festival de Pardiñas en Guitiriz (A Coruña).

No ano 2018 e 2019 foron finalistas nos Premios Martín Códax da Música na categoría de reggae/ska/mestizaxe.

No 2021 lanzan o seu terceiro disco Zapatilla, no que realizan unha nova versión de "Oda ó futbolín" interpretada por Xurxo Souto dos Diplomáticos de Montealto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]