[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Xurxo Souto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXurxo Souto

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, acordeonista, actor, cantante, músico, locutor Editar o valor en Wikidata
InstrumentoAcordeón Editar o valor en Wikidata

Facebook: laura.rabizal.7 BNE: XX922535 AELG: 91 BUSC: souto-xurxo-1966 Editar o valor en Wikidata

Xurxo Manuel Souto Eiroa, máis coñecido como Xurxo Souto, nado na Coruña o 25 de xullo de 1966, é escritor, músico, locutor galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Entrevista en Nós Televisión.

Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi o líder e vocalista da banda de rock Os Diplomáticos de Monte-Alto entre 1990 e 2001, e gran difusor da música galega de agora e sempre. Outra das súas facetas a destacar é a de escritor. Ademais de ter sete libros publicados, ten colaborado con artigos en diferentes publicacións, como a revista Bravú.

Dende 1986 comezou a traballar en diversos programas de radio en galego, sendo o máis coñecido e lonxevo A tropa da tralla, xunto a Aberto por reformas e Mil ribeiras, na Radio Galega. Desde outubro de 2005 até abril de 2009 foi Director de Programas desta emisora. Tamén participou en Sitio Distinto (Antón Reixa) e o Luar da TVG.[2]

No eido audiovisual dirixiu a serie de programas Repichoca, sobre música popular, para a TVE en Galicia; a película documental Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo e o documental Dos gaiteiros do mar.

Alén de Os Diplomáticos de Monte-Alto, tocou -voz e acordeón- no conxunto Os Tres Trebóns e mais en Banda Xangai.

En outubro de 2003 participou, xunto con Manuel Rivas, na reinauguración[3] da emisora comunitaria Cuac FM (A Coruña), da que ambos se converteron en padriños e socios de honra.

Tamén traballou como actor en producións galegas como a serie de éxito Mareas vivas ou o telefilme Entre bateas, de Jorge Coira.

Foi colaborador do periódico coruñés La Opinión e participou, como socio promotor, no nacemento do xornal Nós Diario, no que fai parte do seu consello de administración.

Foi profesor de secundaria no IES Val de Tea de Ponteareas e en 2022 no IES Gregorio Fernández de Sarria.[4]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
Xurxo Soto na manifestación de Nunca Máis no xuízo do Prestige.
  • O mar de adentro (1990). Edicións do Dragón.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996). Vigo: Xerais. Relato.
  • A aldea terremota (1998). COAG. Relato.
  • Mini-relatos (1999). Libraría Cartabón. Relato.
  • Materia prima (2002). Vigo: Xerais. Relato.
  • Narradio: 56 historias no ar (2003). Vigo: Xerais. Relato.
  • Manuel María: fotobiografía sonora (2005). Ouvirmos. Ensaio.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006). Espiral Maior. Poesía.
  • Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero (2007). Espiral Maior. Poesía.
  • Celso Emilio Ferreiro. Fotobiografía sonora (2008). Ouvirmos. Ensaio.
  • Lois Pereiro: fotobiografía sonora (2010). Ouvirmos. Ensaio.
  • A terra queima (2013). Vigo: Xerais. 56 páxs. Infanto xuvenil. ISBN 978-84-9914-560-0.
  • 2010: Premio Leixaprén pola promoción da lingua galega.
  • 2014: Premio Irmandade do Libro ao mellor libro de 2014, por Contos do mar de Irlanda.[8]
  • 2019: Premio Facer País da Asociación Val do Láncara.[9]
  • 2019: Arrraiano Maior.[10]
  • 2021: Bos e xenerosos (con Elena Ferro e Henrique Peón), Fundación Eduardo Pondal.[11]
  1. "Pangalaica. Recortes poderosos. Talento e ruta". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-03-07. 
  2. "Xurxo Souto, un personaje polifacético". fedellando. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2022. Consultado o 7 de marzo de 2022. 
  3. Manolo Rivas e Xurxo Souto apadriñaron a inauguración da emisora Cuac FM que emite a través do 103.4 para A Coruña e a súa área de influencia Arquivado 11/7/2011, en Wayback Machine. (en castelán). Metamedia.
  4. Lugo, El Progreso de (2022-03-05). "Xurxo Souto: "Cantamos en grego e en latín nas clases"". El Progreso de Lugo. Consultado o 2022-03-07. 
  5. "Cuentos del mar de Irlanda". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 4/7/2019. 
  6. "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. 
  7. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-07. 
  8. Diario, Nós. "“Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto, libro do ano nos Premios Irmandade". Nós Diario. Consultado o 2022-03-07. 
  9. "Xurxo Souto recibirá o Premio Facer País da Asociación Val do Láncara pola súa difusión da cultura galega entre a mocidade". Diputación de Lugo. Consultado o 2022-03-07. 
  10. Redacción (9/8/2019). "Xurxo Souto xa é Arraiano Maior". laregion.es (en castelán). Consultado o 21/11/2020. 
  11. culturagalega.org (2021-08-06). "A Fundación Pondal outorgoulles o seu recoñecemento honorífico". culturagalega.org. Consultado o 2022-03-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]