Teodorico I, rei visigodo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (la) Theoderid 393 |
Morte | 20 de xuño de 451 (57/58 anos) Campos Cataláunicos, Francia (pt) |
Causa da morte | morte en combate |
Lugar de sepultura | Marne |
Rei dos visigodos | |
419 – 451 ← Walia – Turismundo → | |
Datos persoais | |
Relixión | Arrianismo visigodo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Carreira militar | |
Conflito | Batalla dos Campos Cataláunicos |
Outro | |
Título | Rei dos visigodos |
Familia | Baltingos |
Cónxuxe | Flavia Valiana |
Fillos | Frederico, Ricímero, Himnerido, muller de Requiario, Eurico, Turismundo, Teodorico II, rei visigodo |
Parentes | Alarico I, sogro |
Cronoloxía | |
20 de xuño de 451 | Batalla dos Campos Cataláunicos |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) |
Teodorico I (?, ? - Campos Cataláunicos, preto de Châlons-en-Champagne, 451), nome xermánico composto polas palabras theud (pobo) e ric (poder, soberano) que significa «soberano do pobo»,[1] tamén chamado Teodoredo,[2] foi o rei dos visigodos durante o período do reino visigodo de Tolosa, entre os anos 418 e 451.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Suposto fillo ilexítimo de Alarico I, foi escollido como novo monarca despois da morte de Walia. O seu reinado viuse marcado pola sinatura da alianza cos romanos en 418, estabelecendo un réxime de foedus derradeiros anos do reinado anterio. Malia a alianza, Teodorico non respectou sempre esta alianza, que o supeditaba ó emperador romano, e va buscou unha maior independencia política. Máis aínda, intentou estender os dominios visigodos alén das rexións do sur da Galia, arredor de Tolosa. As accións militares erradas contra os romanos nas décadas de 420 e 430 foron detidas pola acción do xeneral Aecio. Teodorico intentou consolidar o seu poder fronte os romanos a través dunha política exterior con outros pobos bárbaros da parte occidental do Imperio Romano, desenvolvida durante a década seguinte a través de alianzas matrimoniais que tiveron máis ou menos éxito.
Ó final do seu reinado, por mor da ameaza dos hunos no norte da Galia, acabou uníndose en coalición militar co exército romano dirixido por Aecio, de igual forma que moitos outros exércitos bárbaros. Neste contexto, convértese nun dos participantes da batalla dos Campos Cataláunicos no verán do 451, durante a cal morreu, supostamente a mans dun caudillo dos ostrogodos, que eran aliados dos hunos. Foi sucedido polos seus fillos, primeiro polo primoxénito, Turismundo, conseguindo, en certa forma, unha sucesión hereditaria entre os seus descendentes. Porén, a sucesión real non foi pacífica senón que se caracterizou de intrigas e asasinatos entre familiares.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Campbell, Mike. "Fitxa onomàstica de Teodoric". Behind the Name (en inglés). Consultado o 21 maio de 2015.
- ↑ Wolfram, p. 174.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: Walia |
Rei dos visigodos 418 – 451 |
Sucesor: Turismundo |