Recaredo I
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Nome orixinal | (la) Flavius Reccaredus, Recaredus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 559 Sevilla, España |
Morte | 21 de decembro de 601 (41/42 anos) Toledo, España |
Rei dos visigodos | |
586 – 601 ← Leovixildo – Liuva II → | |
Actividade | |
Campo de traballo | Nobreza e historia |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei dos visigodos |
Cónxuxe | Badon . Baddo Regina |
Fillos | Liuva II |
Pai | Leovixildo |
Irmáns | São Hermenegildo |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) |
Recaredo I foi rei dos visigodos e dos suevos[1], fillo e sucesor de Leovixildo, reinou desde o 586 ao 601, ano da súa morte en Toledo. Irmán de Hermenexildo, foi asociado ao trono polo seu pai, o que levantou as protestas dos nobres visigodos, que viron nesta acción o intento de institucionalizar o herditarismo na monarquía visigoda caracterizada precisamente polo seu carácter electivo.
Casou por dúas veces: a súa primeira esposa chamábase Bauda (tamén aparece en escritos como Baddo) e a súa segunda esposa foi Clodosvinda, filla de Sixeberto I rei de Austrasia, con quen tivo ao futuro rei visigodo Suintila.
Combateu aos francos, aos bizantinos da Bética e aos vascóns, e houbo de sufocar varias revoltas dos nobres visigodos.
O feito máis destacado do seu reinado produciuse no 589, cando convocou o Terceiro Concilio de Toledo no que, xunto con varios nobres e dignatarios eclesiásticos, anatemizou dos erros do arianismo e converteuse ao catolicismo co seu pobo, tan só se produciu algunha revolta illada que foi facilmente sufocada.
Predecesor: Leovixildo |
Rei dos visigodos 586-601 |
Sucesor: Liuva II |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- ↑ Collectio canonum ecclesiae Hispanae. ex probatissimis ac pervetustis codicibus. 1808. p. 159.
Regi Gothorum atque Suevorum