[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Ricardo Montalbán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRicardo Montalbán

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de novembro de 1920 Editar o valor en Wikidata
Torreón, México Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xaneiro de 2009 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Holy Cross Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónBelmont High School (en) Traducir
Fairfax High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de televisión, actor, actor de dobraxe, actor de teatro, actor de cinema, actor de xénero, director de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1941 Editar o valor en Wikidata - 2009 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoWéstern Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGeorgiana Belzer Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarlos Montalbán Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteStar Trek: A Celebration (en) Traducir, (p.132) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001544 Allocine: 10743 Rottentomatoes: celebrity/ricardo_montalban Allmovie: p50098 129468 TV.com: people/ricardo-montalban IBDB: 68345
BNE: XX1189440 Last fm: Ricardo+Montalbán Musicbrainz: 4bab5143-333e-4475-9586-22e7fb52e182 Discogs: 1640960 Allmusic: mn0000471470 WikiTree: Montalbán_y_Merino-1 Find a Grave: 32923607 Genius: Ricardo-montalban Editar o valor en Wikidata

Ricardo Gonzalo Pedro Montalbán y Merino, nado na Cidade de México o 25 de novembro de 1920 e finado nos Ánxeles o 14 de xaneiro de 2009, foi un actor mexicano-estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Montalbán naceu na Cidade de México, fillo dos inmigrantes españois Genaro Balbino Montalbán Busano, encargado de almacén, e Ricarda Merino Jiménez.[1] Tivo tres irmáns: Pedro, Carlos e Carmen.[2] A súa familia trasladouse a Torreón, Coahuila,[3] onde creceu e realizou estudos comerciais na Escola de Comercio Treviño. De adolescente mudouse aos Ánxeles para vivir co seu irmán Carlos. Instaláronse en Nova York en 1940 e Montalbán conseguiu un pequeno papel na obra Her Cardboard Lover.[4]

En 1941 Montalbán volveu a México porque a súa nai estaba a piques de morrer. Alí actuou en polo menos doce filmes e converteuse nunha estrela local.[5] Deuse a coñecer nos Estados Unidos co filme Fiesta (1947), onde formou elenco con Esther Williams e Cyd Charisse. O filme foi moi popular e asinou coa Metro-Goldwyn-Mayer un contrato de longa duración.[6][7] Repetiu colaboración con Williams noutros dous filmes, On an Island with You e Neptune's Daughter.[8] En 1949, tivo un papel en Battleground xunto a Van Johnson e Denise Darcel.

En 1957, participou con Marlon Brando e James Garner no filme Sayonara e con Carmen Sevilla nunha coprodución ambientada en Exipto, Los amantes del desierto. Entre 1957 e 1959 actuou en Broadway no musical Jamaica xunto con Lena Horne. Pola súa actuación foi nomeado ao premio Tony ao mellor actor de musical.[9]

Durante os anos 60 actuou en diferentes programas e series de televisión como actor convidado, sendo un rostro coñecido na pequena pantalla. No mundo do cinema, continuou activo con papeis secundarios, aínda que colaborando con grandes estrelas e directores. Entre os seus filmes destes anos inclúense O gran combate (1964) de John Ford con James Stewart, Richard Widmark, Dolores del Río e Carroll Baker, Madame X con Lana Turner e John Forsythe, e The Singing Nun con Debbie Reynolds e Katharine Ross.

Unha das súas grandes aparicións no cinema foi en 1969, cando protagonizou xunto a Shirley MacLaine a adaptación cinematográfica do musical de Bob Fosse Sweet Charity.[10] Nel interpretou o sedutor actor Vittorio, papel que o consolidou na industria de Hollywood e aumentou a súa fama.

Entre 1975 e 1986 realizou varios anuncios para a firma de automóbiles Chrysler, entre os que figuran o Chrysler "Córdoba" (1975), a presentación da liña Chrysler "E-CLASS" (1984) e o Chrysler "New Yorker" (c. 1984?).[11]

Unha das súas interpretacións máis famosas foi a da entrañable personaxe Mr. Roarke da serie de televisión Fantasy Island (1978-1984) xunto ao actor francés Hervé Villechaize, que interpretou á personaxe de Tattoo. Grazas a esta serie, fíxose célebre en todo o mundo cando a súa actividade no cinema xa era menor. Tamén, segundo os seguidores da saga Star Trek, foi o mellor malvado desta serie pola súa aparición como Khan Noonien Singh no filme Star Trek II: Khan's Wrath.[12][13] Recibiu un Emmy ao mellor actor secundario pola serie How the West Was Won en 1978.

Montalbán continuou a traballar ata unha idade avanzada, mesmo nunha cadeira de rodas nos seus últimos filmes por mor das súas doenzas nas costas. Nos anos 70 participou en dous filmes na saga do Planeta dos simios protagonizadas por Roddy McDowall e Don Murray, e tamén en Ladróns de trens (1973), xunto con John Wayne e Ann-Margret.[14][15] A mediados dos 80, recuperou auxe coa serie The Colby, secuela de Dynasty, e máis tarde participou en Murder, She Wrote, protagonizada por Angela Lansbury. Tamén tivo un papel coprotagonista como malvado na comedia The Naked Gun: From the Files of Police Squad!, con Leslie Nielsen e Priscilla Presley. Na década de 2000, Montalbán tivo papeis menores en dúas entregas da saga Spy Kids.

Montalbán faleceu o 14 de xaneiro de 2009 na súa casa dos Ánxeles aos 88 anos. Segundo o seu xenro, Gilbert Smith, morreu por "complicacións pola idade". A causa precisa da morte foi un fallo cardíaco.[16][17] Está enterrado no Holy Cross Cemetery de Culver City, California.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Montalbán casou coa actriz e modelo Georgiana Young en 1944. Georgiana era medio irmá das actrices Sally Blane, Polly Ann Young e Loretta Young. Despois de 63 anos de matrimonio, Young faleceu o 13 de novembro de 2007 aos 84 anos, un ano e dous meses antes de Montalbán. Tiveron catro fillos xuntos: Laura, Mark, Anita e Victor.[3][18]

Montalbán era católico practicante e mesmo afirmou que a relixión era unha das cousa máis importantes da súa vida.[19] En 1998, o papa Xoán Paulo II nomeouno Cabaleiro da Orde de San Gregorio Magno.[20]

A súa autobiografía Reflections: A Life in Two Worlds publicouse en xaneiro de 1980 pola editorial Doubleday.[21]

Durante moitos anos seguiu unha dieta e un réxime de adestramento estritos que lle deron un físico envexable. Trala estrea de The Wrath of Khan, o director Nicholas Meyer negou rapidamente os rumores de que Montalbán usara próteses durante a rodaxe.[22]

Andy García interpretou a Montalbán no filme de 2018 My Dinner with Hervé.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Notas
1941 Soundies Membro do coro/Extra Curtametraxes musicais
1942 Los tres mosqueteros Uncredited
El verdugo de Sevilla Jacobito Uncredited
La virgen que forjó una patria Soldado Sen acreditar
1943 La razón de la culpa Anunciador en barco Sen acreditar
Santa Jarameño
Cinco fueron escogidos Stefan
1944 La fuga Tenente
1945 Cadetes de la Naval Cadet Ricardo Almagro
Nosotros Armando Suárez
La hora de la verdad Rafael Meija
La casa de la zorra Alberto Salcedo
1946 Pepita Jiménez Luis Vargas
1947 Fantasía ranchera
Fiesta Mario Morales
1948 On an Island with You Ricardo Montez
The Kissing Bandit Fiesta Specialty Dancer
1949 Neptune's Daughter José O'Rourke
Border Incident Pablo Rodriguez
Battleground Rodriguez
1950 Mystery Street Lieutenant Peter Morales
Right Cross Johnny Monterez
Two Weeks With Love Demi Armendez
1951 The Mark of the Renegade Marcos Zappa
Across the Wide Missouri Ironshirt
1952 My Man and I Chu Chu Ramirez
1953 Sombrero Pepe Gonzales
Latin Lovers Roberto Santos
1954 The Saracen Blade Pietro Donati
Sombra verde Federico Gascón
La cortigiana di Babilonia Amal
1955 A Life in the Balance Antonio Gómez
1956 Three for Jamie Dawn George Lorenz
1957 Los amantes del desierto Prince Said
Sayonara Nakamura
1960 Let No Man Write My Epitaph Louie Ramponi
1961 Rage of the Buccaneers Captain Gordon
1962 Hemingway's Adventures of a Young Man Major Padula
The Reluctant Saint Father Raspi
1963 Love Is a Ball Duke Gaspard Ducluzeau
1964 O gran combate Little Wolf
The Fantasticks El Gallo Telefilme
¡Buenas noches, año nuevo! Fernando
1965 The Money Trap Pete Delanos
1966 Madame X Phil Benton
The Singing Nun Father Clementi
1967 The Longest Hundred Miles Father Sanchez
1968 Sol Madrid Jalisco
Blue Ortega
1969 Sweet Charity Vittorio Vitale
Desperate Mission Joaquin Murrieta Telefilme
1971 The Face of Fear Sgt. Frank Ortega Telefilme
The Deserter Natachai
Escape from the Planet of the Apes Armando
1972 Conquest of the Planet of the Apes Armando
1973 Ladróns de trens The Pinkerton Man
1974 The Mark of Zorro Captain Esteban Telefilme
1976 Won Ton Ton, the Dog Who Saved Hollywood Silent Film Star
Joe Panther Turtle George
1977 Mission to Glory: A True Story Gen. Lafuente
Captains Courageous Manuel Telefilme
1982 Star Trek II: The Wrath of Khan Khan Noonien Singh
1984 Cannonball Run II King
1988 The Naked Gun: From the Files of Police Squad! Vincent Ludwig
2002 Spy Kids 2: The Island of Lost Dreams Grandpa Valentin Avellan
2003 Spy Kids 3-D: Game Over
2006 The Ant Bully The Head of Council Voz
  1. "Ricardo Montalban profile at". Filmreference.com. Consultado o 2012-03-29. 
  2. "Ricardo Montalban Biography – Yahoo! Movies". Movies.yahoo.com. Consultado o 2012-03-29. 
  3. 3,0 3,1 Munoz, Lorenza (15 de xaneiro de 2009). "Suave actor Ricardo Montalban dies". Los Angeles Times. 
  4. "'Fantasy Island' actor Ricardo Montalban dead at 88". CNN. 14 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2012. Consultado o 25 de abril de 2021. 
  5. Dederer, Claire; Weber, Bruce (15 de xaneiro de 2009). "Ricardo Montalban, early Latino leading man, dies". International Herald Tribune (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2009. Consultado o 25 de abril de 2021. 
  6. The Eddie Mannix Ledger. Os Ánxeles: Margaret Herrick Library, Center for Motion Picture Study. 
  7. MEXICAN IS SIGNED FOR LEAD IN FILM Tne New York Times, 25 de setembro de 1945: 34.
  8. "Obituaries: Ricardo Montalban" The Guardian 16 de xaneiro de 2009: 39.
  9. FILMLAND EVENT: Ricardo Montalban Will Return Here Los Angeles Times 8 de abril de 1959: A11.
  10. "Theater: Actor Ricardo Montalban--still a Casanova type", Mary Daniels, Chicago Tribune, 23 de febreiro de 1969: a8.
  11. "No Corinths were harmed during the filming of old Ricardo Montalban ads": [Ontario Edition], David Menzies, National Post, 10 de setembro de 2004: DO4.
  12. Associated Press (2 de decembro de 2002). "Patrick Stewart envious of villain roles". CTV.ca. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 5 de xaneiro de 2008. 
  13. Ebert, Roger (1 de xaneiro de 1982). "Review: Star Trek II: The Wrath of Khan". Chicago Sun-Times. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2008. Consultado o 5 de xaneiro de 2008. 
  14. "Ricardo Montalban Set for 'Lab' Role", Los Angeles Times, 1 de decembro de 1969: d34.
  15. "TV REVIEW: Ricardo Montalban Star of 'Aquarians'", Kevin Thomas, Los Angeles Times, 26 de outubro de 1970: e20.
  16. "Mexican-American actor Ricardo Montalbán dies at 88". New York Daily News. 15 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2009. Consultado o 2009-01-15. 
  17. Dederer, Claire; Weber, Bruce (15 de xaneiro de 2009). "Ricardo Montalban, early Latino leading man, dies". The New York Times. Consultado o 2009-05-28. 
  18. Evanier, Mark. "Wednesday January 14, 2009 – Ricardo Montalban, R.I.P.". News From Me Archives. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2009. 
  19. "Ricardo Montalbán receives first Spirit of Angelus Award at student film festival". CatholicWeb.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2007. Consultado o 2008-10-24. 
  20. Worley, Lloyd (xaneiro de 1998). "L.A. Times Online". The Religious and Military Order of Knights of the Holy Sepulchre of Jerusalem. Arquivado dende o orixinal o 2004-08-24. Consultado o 29 de marzo de 2012. 
  21. Montalbán, Ricardo; Thomas, Bob (1980). Reflections: A Life in Two Worlds. Garden City, NY: Doubleday. ISBN 978-0-385-12878-0. 
  22. Montalbán's Chest: Real or Fake

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]