[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Rapaces xogando a soldados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rapaces xogando a soldados
ArtistaFrancisco de Goya
Data1778-1779
Técnicaóleo sobre lenzo
Dimensións146 cm × 94 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid)

Rapaces xogando a soldados (en castelán: Muchachos jugando a soldados) é un cartón para tapiz de Francisco de Goya, encargado para o antedormitorio dos Príncipes de Asturias no Palacio Real de El Pardo. Exhíbese no Museo do Prado e ademais consérvase un bosquexo preparatorio para este cartón, na Colección Yanduri de Sevilla.

Dous nenos en pé portan fusiles, mentres que un toca un tambor e o último sostén un campanario. A perspectiva baixa do cuadro refórzase ó atoparse as personaxes sobre uns chanzos.

Bosquexo para o cadro, conservado na colección Yanduri de Sevilla.

A composición ten un carácter marcial, gracioso e infantil. O espectador pode admirar a un animado soldadiño en primeiro plano, o que constitúe un altísimo logro na carreira artística do autor. Goya representa a miúdo a infancia nos seus diferentes tipos sociais, como "majos", aristócratas e outros.

A tapicería estivo destinada a funcionar como sobreporta, ó igual que tódolos cartóns dedicadas a asuntos infantiles como Nenos da carreta, Rapaces collendo froita ou Nenos inflando unha vexiga. Ten unha gama cromática semellante a de Oleiro valenciano, situados ámbolos dous na mesma parede.

A cor amarelada e azulada da obra esperta un carácter máis alegre, en relación ás facianas dos nenos. A pincelada e a iluminación converten a esta obra nun antecedente do impresionismo, como outros cadros de Goya.

Ocasionou algúns problemas ós tapiceiros, quen tiveron que alterar o sentido da composición para adecualo ó gusto imperante na época.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]