[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Oleiro valenciano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oleiro valenciano
ArtistaFrancisco de Goya
Data1779
Técnicaóleo
Dimensións259 cm × 220 cm
LocalizaciónMuseo do Prado

O Oleiro valenciano ou o Cacheiro (1779) trátase dun dos cartóns, en óleo sobre lenzo, realizado por Goya coma base para un tapiz da Real Fábrica de Tapices de Santa Bárbara, fundada por Carlos III.

Deste cartón, que se atopa no Museo do Prado fixéronse dous tapices que se conservan no Pazo do Pardo -o mencionado palacete dos príncipes- e no Escorial. O cadro foi taxado en seis mil reais e foi estimado, xunto con O parasol (1777) como a obra cumio do período inicial de Goya en Madrid.

Formaba parte dunha serie destinada a decorar o dormitorio, cámara e alcoba, dos Príncipes de Asturias no Palacio Real do Pardo. A perspectiva de abaixo arriba e o formato indican que a peza estaba destinada a unha sobrexanela.

Os Austrias, coma bos flamengos, introducían o costume da decoración con tapices e os Borbóns mantiveron este costume.

Tras da súa formación inicial en Zaragoza e dunha viaxe a Italia que será fundamental na evolución do seu estilo, Francisco de Goya y Lucientes termina por se instalar en Madrid como pintor de cartóns no 1775 grazas á mediación do seu cuñado Francisco Bayeu, un dos directores da Real Fábrica. Realizou en total catro series, a primeira sobre a caza e a pesca, que lle serviron como base para o seu acceso á Corte, será nomeado pintor de Cámara do Rei en 1789, e o seu triunfo social.

Os temas dos tapices eran escenas populares de majos e majas, de carácter amábel, optimista, despreocupado e luminosos. Reflicten a vida madrileña por medio de figuras idealizadas e galantes en cores alegres e vivos. Malia que algúns ven indicios de crítica social, non hai tal senón que responden a unha preocupación, propia da Ilustración, polos costumes e festas populares.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • D'Ors Führer, C., y Morales Marín, C., Los genios de la pintura: Francisco de Goya, Madrid, Sarpe, 1990, pág. 93. Sección «Estudio de la obra seleccionada», por Carlos D'Orf Führer, pág. 84. ISBN 84-7700-100-2
  • Cirlot, L., Museo del Prado II, Col. «Museos del Mundo», Tomo 7, Espasa, 2007. ISBN 978-84-674-3810-9, páx. 61

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]