[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Rada Suprema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Rada Suprema (en ucraíno Верховна Рада України, Veriovna Rada Ukraíni) ou Consello Supremo é o nome oficial do parlamento unicameral de Ucraína. Anteriormente foi a máxima autoridade da República Socialista Soviética de Ucraína.

Oleksandr Turchínov.

En 1938, a primeira Rada (Consello Supremo) da República Socialista Soviética de Ucraína substitúe ao Congreso dos soviets.

A 12ª lexislatura do Parlamento da R.S.S. de Ucraína proclama a soberanía de Ucraína o 16 de xullo de 1990, e despois a independencia o 24 de agosto de 1991.

A 13ª lexislatura adopta a Constitución, o 28 de xuño de 1996.

O 14º Consello Supremo adopta un cambio de numeración como 3º Consello Supremo. E o 4º (antigo 15º) modifca a Constitución o 8 de decembro de 2004, durante a Revoluciónn laranxa.

O 13 de decembro de 2012, Volodimir Ribak (do Partido das Rexións), antigo viceprimeiro ministro, é nomeado presidente do Consello Supremo polos deputados na 7ª Rada.

O 22 de febreiro de 2014, no curso do Euromaidán e tras da dimisión de Volodimyr Ribak, Oleksandr Turchínov foi elixido como presidente da Rada Suprema.[1].

Turchínov posteriormente foi elixido Presidente de Ucraína (interino) despois de que Viktor Yanukovych fose destituído do poder polo Parlamento o 21 de febreiro de 2014.[2][3][4] Vladimir Putin, Presidente da Federación Rusa, non o considera como Presidente lexítimo.[5] O 25 de febreiro, actuando como Presidente, Turchínov asumiu as súas funcións como comandante en xefe das Forzas Armadas ucraínas.[6]

Grupos parlamentarios

[editar | editar a fonte]
Porta principal.
Partido Ideoloxía Escanos
Partido das Rexións
(Партія регіонів)
Rexionalismo prorruso 209
Unión de Todos os Ucraínos "Patria"
(Всеукраїнське об'єднання "Батьківщина")
Centro dereita 101
Alianza Democrática para a Reforma de Vitali Klitschkó
(Український демократичний альянс за реформи Віталія Кличка)
Conservadorismo 42
Unión Panucraniana "Libertade" (Svoboda)
(Всеукраїнське об'єднання "Свобода")
Extrema dereita 36
Partido Comunista de Ucraína
(Комуністична партія України)
Comunismo 32
Independentes 27
  1. "Ukraine. Le Parlement vote la libération de Ioulia Timochenko". tempsreel.nouvelobs.com. 22 de ferbreiro de 2014. Consultado o 6 de marzo de 2014. 
  2. "Ukraine: Speaker Oleksandr Turchynov named interim president". BBC News. 23 de febreiro de 2014. Consultado o 6 de marzo de 2014. 
  3. "Ukraine protests timeline". BBC News. 23 de febreiro de 2014. Consultado o 6 de marzo de 2014. 
  4. "Turchinov elected as speaker of Ukrainian Parliament". Voice of Russia. 22 de febreiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2008. Consultado o 06 de marzo de 2014.  Consultada o 6 de marzo de 2014.
  5. washingtontimes.com. Consultada o 6 de marzo de 2014.
  6. Turchynov assumes duties of supreme commander-in-chief of Ukrainian Armed Forces Interfax-Ukraine. Consultada o 6 de marzo de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]