Río Garigliano
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Italia | |||
Final | ||||
Localización | Mar Tirreno | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Dimensións | 38 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 5.020 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 120 m³/s | |||
O Garigliano é un pequeno río do centro de Italia, que desemboca no Mar Tirreno a uns 70 km ao noroeste de Nápoles, logo de fluír por 38 km. As súas beiras ten sido escenario de varias importantes batallas.
Percorrido
[editar | editar a fonte]O Garigliano está formado pola confluencia dos ríos Gari e Liri. Na maior parte do seu curso serve de límite administrativo entre as rexións do Lacio e a Campania. Desemboca no golfo de Gaeta, sito sobre o Mar Tirreno.
O sistema Garigliano-Liri acada 158 km de lonxitude.
Historia
[editar | editar a fonte]O río ten sido escenario de numerosas batallas ao longo dos séculos, como por exemplo a da vitoria de Guido de Spoleto sobre sarracenos en 885.
Durante moito tempo constituíu a fronteira meridional dos Estados Pontificios, e foi coñecido co nome de río Verde.
En decembro de 1503, o cabaleiro Bayard, sen medo e sen chata, xunto con Pierre Terrail de Bayard cubriu a retirada dun exército francés fronte a un grupo de tropas do rei de España, impedíndolles pasar a ponte do Garigliano. Máis tarde foi relevado por outros compañeiros. Á fin os franceses foron derrotados polas tropas hispanas.
En 1860 as tropas do rei de Nápoles, foron derrotadas nas súas beiras polos voluntarios garibaldinos.
Durante a segunda guerra mundial, o Garigliano serviu de apoio á liña Gustav, un sistema defensivo alemán, qui foi escenario da batalla de Monte Cassino en 1944.
Explotación
[editar | editar a fonte]Actualmente as súas augas son empregadas para regadíos e para usos industriais. Houbo sobre as marxes unha central termonuclear, preto da cidade de Sessa Aurunca, construída en 1964, que foi desactivada no ano 1982.