[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Río Bann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Bann
(ga) An Bhanna Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaIrlanda do Norte, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaReino Unido Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónCanle do Norte Editar o valor en Wikidata
Mapa
 54°10′14″N 6°02′07″O / 54.1705, -6.03522
55°10′08″N 6°46′18″O / 55.169, -6.77169
Afluentes
Características
Dimensións137 (lonxitude) km

O río Bann (River Bann en inglés, en gaélico irlandés an Bhanna, posiblemente proveniente de an bhan-abha, "o río branco"[1]) é o maior río de Irlanda do Norte, cunha lonxitude total de 129 km. O río nace na esquina sueste de Irlanda do Norte[2] fluíndo cara á costa noroeste,[3] deténdose no medio do camiño para formar o gran lago Neagh. Segundo C.Michael Hogan, o val do río Bann é a área de asentamento dos primeiros humanos tras a fin da última glaciación.[4] O río xogou un papel importante na industrialización do norte de Irlanda, especialmente coa industria do liño. Hoxe en día, a pesca do salmón e a anguía é a principal atracción económica do río. O río é a miúdo empregado para dividir Irlanda do Norte nunha zona oeste e leste. As poboacións, concellos e empresas do "oeste do Bann" son vistos a miúdo como que teñen menos investimento por parte do goberno que os outros do leste.[5] Tamén se pode ver como unha división política e relixiosa, alén da económica, con católicos, nacionalistas e republicanos sendo maioría no oeste, e protestantes e unionistas sendo maioría no leste, sendo o oeste máis rural que o leste, onde se atopa o Gran Belfast, capital industrial e financeira, ademais da da propia Irlanda do Norte.[6][7]

A área de captación do lago Neagh ocupa o 43%[8] do terreo de Irlanda do Norte, así como algunhas áreas limítrofes da República de Irlanda. A Rivers Agency controla o nivel da auga do lago empregando unha presa en Toome. O actual plan de drenaxe foi enxeñado por Percy Shepherd e foi permitido pola Acta de Navegación e Drenaxe no lago Neagh e o Bann Baixo de Irlanda do Norte de 1955.[9]. O nivel das augas anda entre os 12,45 metros e 12,6 metros sobre a Ordnance Datum, como define o plan de 1955 (como tamén a emenda de 2004).[10].

Bann alto

[editar | editar a fonte]

O Bann superior esténdese desde as Montañas Mourne, no Condado de Down, até o Lough Neagh en Bannfoot, Condado de Armagh. Este treito é moi propicio para á pesca. Preto de Portadown, conéctase co agora en desuso Canal de Newry, que antano vertía as súas augas cara ao sur no Mar de Irlanda.

Bann baixo

[editar | editar a fonte]
Vista do Río Bann en Coleraine

O Bann inferior vai desde o Lough Neagh en Toome até o océano Atlántico en Portstewart. Posúe 51 km de lonxitude e é unha canle con cinco esclusas, en Toome, Portna, Movanagher, Carnroe e Castleroe. No río é habitual ver deportistas, pescadores e barcos, cun tráfico comercial escaso. Actúa facendo fronteira entre os condados de Antrim e Londonderry. O único porto comercial do río é o de Coleraine.

O nivel da auga do Bann baixo está controlado pola Rivers Agency, que emprega as comportas situadas en Portna (preto de Kilrea) e The Cutts en Coleraine.[8]

  1. Placenames Database of Ireland
  2. 54°10′01″N 6°04′59″O / 54.167, -6.083
  3. 55°09′47″N 6°46′05″O / 55.163, -6.768
  4. C.Michael Hogan. 2011. Celtic Sea. eds. P.Saundry & C.Cleveland. Encyclopedia of Earth. National Council for Science and the Environment. Washington DC.
  5. BBC News
  6. "Register Of Research On Northern Ireland 1993 Edition, CAIN web service". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2007. Consultado o 06 de xuño de 2012. 
  7. "Strabane Chronicle". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2008. Consultado o 06 de xuño de 2012. 
  8. 8,0 8,1 "Rivers Agency Website". Lough Neaghwater level maintenance. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2012. Consultado o 6 de xuño de 2012. 
  9. "legislation.gov.uk". Lough Neagh and Lower Bann Drainage and Navigation Act (Northern Ireland) 1955. Consultado o 6 de xuño de 2012. 
  10. "legislation.gov.uk" (PDF). Lough Neagh (Levels) Scheme (Confirmation) Order(Northern Ireland) 2004. Consultado o 6 de xuño de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]