Río Camac
(ga) An Chamóg | |||
Tipo | río | ||
---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Dublín | ||
Inicio | |||
División administrativa | Irlanda | ||
Final | |||
Localización | Río Liffey | ||
O río Camac (ás veces chamado Cammock, ou, historicamente, Cammoge ou Cammoke, en irlandés An Chamóg) é un dos maiores ríos de Dublín, Irlanda, e un dos afluentes principais do Liffey.
O Camac nace no Monte Seskin, ao sueste de Saggart, ao suroeste da cidade de Dublín, canda moitos arroios, e unha desviación do século XVIII do río Brittas, afluente do río Liffey. Transcorre un val de montaña, o Slade of Saggart, ao suroeste de Tallaght e ao leste de Newcastle, logo pasa Saggart, polo Corkagh Park, e logo Clondalkin, onde é chamado en ocasións Clondalkin River. O Camac logo segue até Inchicore onde é canalizado polo Grand Canal antes da Golden Bridge, e Kilmainham, onde corre por detrás da Kilmainham Gaol, antes de penetrar no Liffey, a carón da Heuston Station, un pouco máis arriba da Sean Heuston Bridge. O río foi desviado por un túnel por debaixo da estación de tren cando foi construída en 1846.
O Camac recibe tributarios no Slade of Saggart, como son o Ferny Glinn e os Two Slades, e logo por Newcastle, e preto de Clondalkin (como son os arroios de Boherboy, Brownsbarn e Fettercairn, este último cerca do Corkagh Park). Os tributarios do curso baixo son o regato Robinhood (Coolfan River), o regato Gallblack (formado dos arroios Blackditch e Gallanstown), o regato Drimnagh Castle (ou Bluebell), e o regato Walkinstown.
O Camac discorre ao lado do Richmond Park, lar do St Patrick's Athletic e dálle nome ao campo 'Camac Terrace'.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Doyle, Joseph W. (2011). Rath Eanna Research, ed. Ten Dozen Waters: The Rivers and Streams of County Dublin. Dublín. pp. 1–30 + ii + map. ISBN 978-0-9566363-1-7.
- Sweeney, Clair L. (1991). Dublin Corporation, ed. The Rivers of Dublin. Dublín. pp. 1–115, inc. many maps. ISBN 0-9505301-4-X.