[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Piti Sanz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPiti Sanz
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
Huelva, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, actor de televisión, compositor, actor de cinema Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0764478 Editar o valor en Wikidata

Vicente Luís Sanz Muñoz, coñecido como Piti Sanz, nado en Huelva en 1966,[1] é un músico e compositor galego con numerosos traballos dentro do audiovisual galego e español así como no mundo do teatro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Posúe tres premio María Casares á mellor música orixinal por Finis Mundi Circus en 1999, Ñiki Ñaque en 2001 e mais Policía en 2002. Ten un cuarto por "Se o vello simbad volvese as illas" aínda que o seu nome non aparece na listaxe oficial. Gañou catro premios Mestre Mateo do audiovisual: polas películas Entre bateas, A noite que deixou de chover e 18 comidas e pola serie O Nordés.

É o autor da banda sonora de filmes como Mataharis ou series como Terra de Miranda. Traballou con directores como Alfonso Zarauza ou Jorge Coira. Foi cofundador dos grupos Sindicato Agrario e Los Contentos e tocou en discos de Siniestro Total e Los Enemigos.

En 2007 foi candidato ós premios Goya na categoría de Mellor Canción Orixinal polo tema "Esa luz". Foi composto conxuntamente con Luís Tosar, con quen mantén o grupo musical Di Elas. A Academia retirou posteriormente este nomeamento.[2][3]

No 2013 incorporouse á formación do grupo musical Os Resentidos.[4]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Título Resultado
2002 Mellor banda sonora Entre bateas Gañador
Mellor banda sonora Terra de Miranda Nomeado
2008 Mellor música orixinal A noite que deixou de chover Gañador
2009 Mellor música orixinal O Nordés Gañador
2010 Mellor música orixinal 18 comidas Gañador
2012 Mellor música orixinal Era visto! Nomeado
2013 Mellor videoclip "Canto de Sirena" Gañador
Mello música orixinal Era visto! Nomeado
2014 Mellor música orixinal Os fenómenos Nomeado
  1. "Ficha an Axencia Audiovisual Galega". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2012. Consultado o 06 de setembro de 2018. 
  2. Luis Tosar, Piti Sanz e García de Leániz, 'desnominados' dos Goya Arquivado 19 de abril de 2008 en Wayback Machine., nova en Galiciaé o 19 de decembro de 2007.
  3. "Non tiñamos as enerxías para denunciar á Academia dos Goya". La Opinión (en castelán). 21 de decembro de 2008. 
  4. "El músico lucense Piti Sanz ficha como guitarrista de Os Resentidos". El Progreso (en castelán). 5 de setembro de 2013. Consultado o 28 de xullo de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]