Huelva
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Huelva | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 142.532 (2023) (956,59 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 149.000.000 m² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 54 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Sebastián | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Pilar Miranda Plata (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 21001 y otros | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 21041 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | huelva.es | ||||
Huelva[1] é unha cidade e concello español, capital da provincia de Huelva, en Andalucía. Está situada na costa suroeste de España, na confluencia dos ríos Tinto e Odiel, que forman a Ría de Huelva. O municipio ten unha extensión de 149 km², e a súa poboación en 2010 era de 149.310 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Huelva atópase localizada nunha pequena península confluencia dos ríos Tinto e Odiel, na chamada terra chaira pertencendo á conca do Guadiana. Está situada a escasos quilómetros do mesmo, do que o separan unha ría e varias illas. Os dous ríos fusiónanse no punto coñecido como Punta do Sebo (ou Península de Huelva ou Anicoba). A altitude media varía desde os cero aos cincuenta e catro metros sobre o nivel do mar.
Noroeste: San Bartolomé de la Torre | Norte: Gibraleón | Nordés: San Juan del Puerto |
Oeste: Aljaraque e río Odiel | Leste: Moguer, Palos de la Frontera e río Tinto | |
Suroeste El Rompido e o océano Atlántico | Sur: Punta Umbría e o océano Atlántico | Sueste: Mazagón e o océano Atlántico |
Clima
[editar | editar a fonte]O clima é moi benigno, pois é de transición entre subtropical (de variedade bética) e temperado (de variedade mediterránea). A temperatura é suave grazas a ter preto o mar, posto que a súa brisa arrefría o caloroso clima.
Historia
[editar | editar a fonte]O poboamento onubense comeza a ter grande importancia na Idade de Bronce, adquirindo o seu auxe durante a civilización tartéssica (en torno aos séculos VIII e VI antes de Cristo). En séculos posteriores comezan a chegar comerciantes fenicios e gregos. Durante a época romana, o lugar que corresponde á provincia é chamada Beturia (entre o Betis, o Guadalquivir, e o Anas, o Guadiana), está poboado polos celtici, e máis tarde existe Onuba Aesturiana. Durante a época visigoda ten maior importancia a localidade de Niebla. Ao conquistar a cidade os musulmáns, chámana Welba. A cidade é reconquistada por Afonso X o Sabio. En 1873, as minas de Riotinto converten a Huelva nun importante porto. Os novos polígonos industrias do século XX fan que Huelva aumente considerablemente a súa poboación.
Economía
[editar | editar a fonte]As principais industrias onubenses son as relacionadas coa química e a pesca (Huelva conta cun importante porto pesqueiro, unha ampla frota e unha longa tradición mariñeira). O marisco e peixe onubenses gozan dunha significativa fama. O porto de Huelva é un dos de maior actividade de España, grazas a construcións portuarias de finais do século XX.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para onubense.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Huelva |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.ayuntamientohuelva.esArquivado 05 de maio de 2006 en Wayback Machine. (en castelán)