[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Pessach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matza

A Pessach, ou Pascua, en hebreo פֶּסַח ("saltar"), é unha das festividades xudías máis importantes, xunto co Iom Quipur. A observancia desta festa é maioritaria na comunidade xudía, mesmo entre as persoas non relixiosas. Dura unha semana, e as datas varían segundo o calendario hebreo. Conmemorase a saída de Exipto dos fillos de Israel.

Na historia bíblica, Deus manda dez pragas contra Exipto por non deixar marchar os xudeus, que vivían baixo a escravitude. Na última praga, o espirito de Deus acaba cos fillos primoxénitos dos exipcios, pasando sen facer ningún mal por entre as casas dos israelís ("saltándoas", de aí o nome da festa). Trala morte dos primoxénitos de Exipto, o Faraón deixa marchar os israelís.

Datación e duración

[editar | editar a fonte]

A Pascua comeza o décimo quinto día do mes de Nisan, que normalmente cae en marzo ou abril do calendario gregoriano conmemorando tamén a festa da primavera [1], sendo a época da seitura do orxo [2], pero se por calquera razón o orxo non estaba aínda maduro, o que indicaba que a primavera non era inminente, intercalábase entón un segundo mes de Adar [3] aínda que cando menos desde o século IV a data fixábase matematicamente.

O pan sen fermentar, ou "matza", é un dos símbolos principais desta festa. Está prohibido comer alimentos derivados dos cereais durante estas datas. En Israel, a Pascua dura sete días, e o primeiro e o último son festivos oficiais, os outros días coñécense como Chol HaMoed, nas comunidades ortodoxas e conservadoras, non se traballa neses días. Historicamente nas comunidades xudías da diáspora a Pascua duraba oito días e en moitas aínda perdura ese costume.

Tradicións

[editar | editar a fonte]

A primeira cea familiar de Pascua chámase Seder Pessach. Durante esta cea, un dos membros da familia, normalmente o pai de familia, conta a historia do Éxodo, logo das tradicionais catro preguntas do fillo máis novo que comezan polo tradicional "Por que é esta noite diferente das demais?".

Xunto co festival de Pentecoste (Shavout) e Tabernáculos (Succot), a Pascua xudía era unha das festividades tradicionais polas que se facía peregrinación ao Templo de Xerusalén.

A Pascua noutras relixións

[editar | editar a fonte]

O cristianismo fundamenta a celebración da Pascua na Última Cea de Xesucristo. Esta, segundo a Biblia, ocorreu durante a celebración da pascua xudía, na que Xesús modificou o seu significado, no que deu a chamarse a "Nova Alianza", en oposición á "Vella Alianza", en referencia ao pacto do pobo de Israel con Deus a través da Torá. A celebración pascual na relixión cristiá está relacionado co corpo e o sangue de Xesucristo, a través do pan e o viño. Nalgunhas comunidades cristiás celebran a Pascua á maneira xudía para rememorar a forma de vida de Xesús[Cómpre referencia].

O samaritanismo, relixión irmá do xudaísmo, segue celebrando a Pascua dunha maneira moi parecida á xudía, con algúns matices.

  1. Baroukh, Elie e Lemberg, David (1995) Enciclopedia Práctica del Judaísmo Barcelona:Robinbook, p.161
  2. Macías, Uriel e Izquierdo, Ricardo (2010) La mesa puesta: leyes, costumbres y recetas judías Toledo:Universidade de Castela-A Mancha, p.146
  3. Spier, Arthur (1952). The Comprehensive Hebrew Calendar. Nova York: Behrman House, Inc. , p. 1

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]