Perióstraco
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
- Artigo principal: Cuncha.
O perióstraco,[1][2] (en latín científico periostracum; plural periostraca), é a capa máis externa da cuncha dos moluscos e dos braquiópodos. É unha película de espesor variábel, composta unicamente de materia orgánica.
Trátase dunha delgada capa orgánica ou "pel". Nos moluscos está presente principalmente en caracois e ameixas, é dicir, en gasterópodos e bivalvos, pero tamén se encontra nalgúns cefalópodos Allonautilus scrobiculatus. O perióstraco é parte integral da cuncha, xunto coas outras capas dela.
É visíbel como a capa externa da cuncha de moitas especies de moluscos de hábitats de auga doce, mariños e terrestres.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo perióstraco está formado polos elementos do latín científico peri-, calco do grego antigo περι- peri-, do adverbio περί perí, 'ao redor de', e -ostracum, neutro tirado do grego antigo ὄστρακον óstracon, 'vasilla de barro', 'anaco dunha vasilla rota'; e tamén 'cuncha'.[1][3][4] (O termo óstracum, nos dous primeiros significados, úsase en arqueoloxía; no terceiro, en malacoloxía).
Nos moluscos
[editar | editar a fonte]O perióstraco dos moluscos está formado por polisacáridos e unha proteína, a conquiolina, que son segregadas polo manto. Adoita ser de cor amarela ou parda, ás veces negra nalgunhas especies. En xeral, é dunha cor diferente da capa subxacente. Está comunmente ausente nunha parte da cuncha, en particular nas zonas máis antigas, polo que se ven as partes acabadas de sintetizar.
Nos braquiópodos
[editar | editar a fonte]Nos braquiópodos o perióstraco está formado por quitina, e é segregado por células situadas no bordo do manto. Estas células son empuxadas cara á parte periférica do manto por células novas e, daquela, segregan a parte mineral da valva.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 perióstraco s.m. Capa exterior moi fina da cuncha dos moluscos, formada por unha substancia semellante á quitina. En: Gran dicionario Xerais da lingua. Vigo, Xerais, 2009.
- ↑ «O periostraco (sic) é unha capa delgada composta dunha sustancia orgánica córnea coñecida como conquiolina» en Rosa Ramonell (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-506-3, páx. 25.
- ↑ ostracum en YourDictinorary.
- ↑ ostracum Arquivado 13 de maio de 2016 en Wayback Machine. en International-Dictiorary.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.