[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Saltillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O saltillo ( , ) é un grafema empregado como letra suplementaria do alfabeto latino. É semellante a un apóstrofo.[1]

Emprégase en linguas de México, coma o meꞌphaa,[2][3] o chꞌol[4] ou o mixteco[5] para representar unha consoante oclusiva glotal.

En lingua náhuatl non sempre se escribe este fonema. Para representalo empréganse, ademais do saltillo as letras h ou j ou un acento grave.[6]

Tamén aparece o saltillo no alfabeto do sinama central en Filipinas e Borneo, que se pode representar cun apóstrofo.[7]

  1. Instituto Lingüístico de Verano, México (ed.). "Glosario Electrónico de Términos Lingüísticos". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2013. Consultado o 11 de febreiro de 2014. 
  2. "Alfabetos de la lengua mephaa". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2013. Consultado o 14 de febreiro de 2014. 
  3. Antonio, Benito Apolinar (2007). "Vocabulario ilustrado en meꞌphaa" (PDF). Consultado o 14 de febreiro de 2014. 
  4. "Alfabetos de la lengua chꞌol". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2014. Consultado o 14 de febreiro de 2014. 
  5. "Alfabetos de la lengua Tuꞌun Savi". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2014. Consultado o 14 de febreiro de 2014. 
  6. Omniglot (ed.). "Nahuatl". Consultado o 14 de febreiro de 2014. 
  7. Omniglot (ed.). "Central Sinama". Consultado o 14 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]