Nicandro Golán Pereiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 Sada, España |
Morte | 9 de agosto de 1952 (46/47 anos) Sada, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Nicandro Golán Pereiro, nado en Sada en 1905 e finado no mesmo concello o 9 de agosto de 1952,[1] foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José María Golán Blanco e Hermenigilda Pereiro Canle. Iniciou os estudos de Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, aínda que en 1929 trasladouse á Escola Normal de Pontevedra.[2] En decembro dese ano impartiu unha conferencia no Pósito de Sada sobre o tema "Nuestra emigración en Hispanoamérica".[3] Integrouse no Centro Cultural Obrero de Sada do que foi elixido vicepresidente en xaneiro de 1931.[4] Formou parte do grupo autonomista de Sada creado en novembro de 1932,[5] e participou nos mitins pro Autonomía de 1933, como o de Gandarío celebrado o 12 de marzo.[6]
En xaneiro de 1933 participou no mitin de Campolongo, promovido pola Sociedad Agraria Republicana de Castro, Leiro y Carantoña e pola Federación Agrícola Comarcal de Pontedeume con José Antonio Cabana Rodríguez, presidente desta última entidade e o deputado Ramón Suárez Picallo, do Grupo Galeguista de Sada.[7] Mestre de Samoedo dende 1932, rematou os cursiños de selección do maxisterio en decembro de 1933.[8] Foi mestre do Pósito de Corme (Ponteceso).
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo por seis meses.[9] Como resultado do expediente de depuración foi suspendido de emprego e soldo por un ano e trasladado fora da provincia.[10] Foi destinado a Oviedo. Despois foi mestre en Senra (Ortigueira).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 10-8-1952, p. 4.
- ↑ El Eco de Santiago, 20-3-1929, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 21-12-1929, p. 7.
- ↑ El Pueblo Gallego, 21-1-1931, p. 8.
- ↑ El Pueblo Gallego, 22-11-1932, p. 13.
- ↑ El Pueblo Gallego, 19-3-1933, p. 11.
- ↑ El Pueblo Gallego, 18-1-1933, p. 8.
- ↑ El Pueblo Gallego, 28-12-1933, p. 11.
- ↑ Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña, 5-9-1936, p. 2.
- ↑ Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña, 21-9-1940.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gabriel, Narciso de (2021). Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés. Vigo: Galaxia. p. 343. ISBN 978-84-9151-614-9.