[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Centro Cultural Obrero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centro Cultural Obrero
Tipoasociación
Data de fundación1930
SedeSada
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

O Centro Cultural Obrero de Sada foi unha asociación cultural e política creada en Sada no ano 1930.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A primeira directiva estaba presidida polo sindicalista José Monzo Ríos, con Manuel Lorenzo Freire-Calvelo coma secretario e Avelino Flórez Pérez coma tesoureiro. En xaneiro de 1931 renovouse a directiva, sendo reelixido José Monzo como presidente; Nicandro Golán Pereiro foi elixido vicepresidente, Juan Antonio Suárez Picallo secretario, Francisco Fernández Vila vicesecretario, Avelino Flórez foi reelixido tesoureiro, Elisardo Abruñedo Arévalo vicetesoureiro, Román Balbís García bibliotecario, e como vogais José Flores, Francisco Vales, Eliseo Golán, Vicente Bermúdez, Serafín García e Emilio Amor.[1]

Desenvolveu numerosas actividades, coma conferencias, manifestos de protesta na defensa da clase obreira ou solicitando a construción do porto de refuxio. No 1930 organizou unha subscrición popular co fin de recadar fondos para as familias dos mariñeiros falecidos no afundimento do bote María del Carmen. No 1931 deu lugar ao Sindicato de Oficios Varios, vencellado á CNT.

  1. Vida Gallega, 30-1-1931, p. 49.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Fontes hemerográficas

[editar | editar a fonte]

Fontes arquivísticas

[editar | editar a fonte]