[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Noyemberyan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNoyemberyan
Նոյեմբերյան (hy) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 41°10′21″N 44°59′37″L / 41.1725, 44.9936
Estado históricoImperio Ruso
GobernaciónGubernia de Elizavetpol (pt) Traducir
Uyezd of the Soviet Union (en) TraducirKazakhsky Uyezd (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación5.310 (2011) Editar o valor en Wikidata (1.475 hab./km²)
Lingua oficiallingua armenia Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie3,6 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude820 m Editar o valor en Wikidata
Creación898 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Sitio webnoyemberyan.am Editar o valor en Wikidata

Noyemberyan (en armenio: Նոյեմբերյան) é unha cidade do noroeste da provincia de Tavush, en Armenia. Localízase nas proximidades do río Koghb, a 187 quilómetros de Iereván e a 22 quilómetros da estación de tren da cidade Ayrum, na ruta que vai desde a cidade de Iereván á capital de Xeorxia, Tbilisi. Fai fronteira con Acerbaixán e mesmamente está a moi poucos quilómetros da cidade de Noyemberyan.

Noyemberyan foi coñecida ata o ano 1937 como Barana, pero o nome desta cidade foi cambiado como outras tantas cidades espalladas ao longo da Unión Soviética por mor da conmemoración da Revolución de Outubro, tamén coñecida como a Revolución de Novembro. Segundo Makar Barkhudaryanc, o antigo nome da cidade, Barana, ven de Parana que era unha forma dialectal aparan da lingua armenia.

Ten un novo hospital na cidade desde finais do ano 2010. O Hospital Noyemberyan é de vital importancia para a Rexión de Tavush, xa que da servizo aos máis de 30 mil habitantes da cidade de Noyemberyan e ás aldeas veciñas. O proxecto foi co-patrocinado por fondos alemáns, suízos, libaneses, e filiais australianas, así como tamén de Saad Hariri, primeiro ministro do Líbano.

A cidade está rodeada coas montañas Voskepar desde o sur e as montañas de Gougark desde o oeste.

O club de fútbol

[editar | editar a fonte]

Aznavour FC era un equipo de fútbol da cidade de Noyemberyan. O club foi fundado no ano 1981 pero no ano 1997 viuse forzado á súa disolución debido ás dificultades económicas. O campo de fútbol de Noyemberyan era coñecido como " O Centro" durante a época soviética, foi renovado entre o ano 2008 e o 2013. Finalmente, o novo Estadio da Cidade de Noyemberyan foi aberto o 18 de outubro do ano 2013, cunha capacidade de só 100 asentos.

Prevese a instalación dunha nova bancada permanente ao lado norte do campo para aumentar a súa capacidade ata as 1.500 prazas.[1]