Noyemberyan
Նոյեմբերյան (hy) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado histórico | Imperio Ruso | |||
Gobernación | Gubernia de Elizavetpol (pt) | |||
Uyezd of the Soviet Union (en) | Kazakhsky Uyezd (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 5.310 (2011) (1.475 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua armenia | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 3,6 km² | |||
Altitude | 820 m | |||
Creación | 898 | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Sitio web | noyemberyan.am |
Noyemberyan (en armenio: Նոյեմբերյան) é unha cidade do noroeste da provincia de Tavush, en Armenia. Localízase nas proximidades do río Koghb, a 187 quilómetros de Iereván e a 22 quilómetros da estación de tren da cidade Ayrum, na ruta que vai desde a cidade de Iereván á capital de Xeorxia, Tbilisi. Fai fronteira con Acerbaixán e mesmamente está a moi poucos quilómetros da cidade de Noyemberyan.
Noyemberyan foi coñecida ata o ano 1937 como Barana, pero o nome desta cidade foi cambiado como outras tantas cidades espalladas ao longo da Unión Soviética por mor da conmemoración da Revolución de Outubro, tamén coñecida como a Revolución de Novembro. Segundo Makar Barkhudaryanc, o antigo nome da cidade, Barana, ven de Parana que era unha forma dialectal aparan da lingua armenia.
Ten un novo hospital na cidade desde finais do ano 2010. O Hospital Noyemberyan é de vital importancia para a Rexión de Tavush, xa que da servizo aos máis de 30 mil habitantes da cidade de Noyemberyan e ás aldeas veciñas. O proxecto foi co-patrocinado por fondos alemáns, suízos, libaneses, e filiais australianas, así como tamén de Saad Hariri, primeiro ministro do Líbano.
A cidade está rodeada coas montañas Voskepar desde o sur e as montañas de Gougark desde o oeste.
O club de fútbol
[editar | editar a fonte]Aznavour FC era un equipo de fútbol da cidade de Noyemberyan. O club foi fundado no ano 1981 pero no ano 1997 viuse forzado á súa disolución debido ás dificultades económicas. O campo de fútbol de Noyemberyan era coñecido como " O Centro" durante a época soviética, foi renovado entre o ano 2008 e o 2013. Finalmente, o novo Estadio da Cidade de Noyemberyan foi aberto o 18 de outubro do ano 2013, cunha capacidade de só 100 asentos.
Prevese a instalación dunha nova bancada permanente ao lado norte do campo para aumentar a súa capacidade ata as 1.500 prazas.[1]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Memorial da primeira guerra de Nagorno-Karabakh
-
Paixase da cidade de Noyemberyan
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Peyotto.com (18 de outubro de 2008). "Նոյեմբերյանի մարզադաշտը վերաբացվեց, մնաց տրիբունան" [En galego: "O novo estadio da cidade de Noyemberyan foi aberto"]. www.aravot.am (en armenio). Consultado o 8 de setembro de 2024.