Manuel Elkin Patarroyo
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Manuel Elkin Patarroyo Murillo 3 de novembro de 1946 (78 anos) Ataco, Colombia |
Educación | Universidade Yale Universidade Nacional de Colombia Universidade Rockefeller |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina |
Ocupación | patólogo, immunólogo |
Empregador | Universidade Nacional de Colombia |
Familia | |
Irmáns | Manuel Patarroyo |
Premios | |
| |
Manuel Elkin Patarroyo, nado en Tolima, Colombia o 3 de novembro de 1946, é un patólogo colombiano, nacionalizado español, coñecido mundialmente polo desenvolvemento dunha vacina sintética contra a malaria.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado o 3 de novembro de 1946 na cidade colombiana de Tolima estudou medicina na Universidade Nacional de Colombia, ampliando estudos na Universidade Yale e no Instituto Rockefeller de Nova York.
Desenvolveu unha vacina sintética contra a malaria, unha doenza transmitida polo mosquito Anopheles gambiae que afecta a millóns de persoas do terceiro mundo, e que chamou SPf66. En 1999 a OMS, á cal Patarroyo cedeu os dereitos da patente, probou a vacina en Gambia, Tanzania e Tailandia, con resultados parcialmente efectivos.
En 1994, foi galardoado co Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica pola importancia da súa achega científica na programación, desenvolvemento e experimentación dunha vacina sintética contra a malaria.
Malia que en 1996 conseguiu a nacionalidade española, no presente segue a traballar no Instituto de Inmunoloxía de Colombia, que se atopa na cidade de Bogotá. Os seus estudos céntranse na mellora da vacina contra a malaria ademais da vacina contra a tuberculose, a lepra e o cancro de útero.