[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Monte Camerún

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMonte Camerún
Imaxe
Tipomontaña
volcán Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaMount Cameroon National Park (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteÁfrica Editar o valor en Wikidata
División administrativaFako, Camerún (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 4°13′00″N 9°10′21″L / 4.2167, 9.1725
CordilleiraLinha vulcânica dos Camarões (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude4.095 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica3.901 m Editar o valor en Wikidata
Illamento topográfico2.338 km Editar o valor en Wikidata
Material usadobasalto Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
1861 primeira ascensión Editar o valor en Wikidata

O Monte Camerún ou Fako e Mongo ma Ndemi ("monte da grandeza") en banto (chamado durante a época da colonización alemá Albertspitze) é un volcán activo, sito na provincia do Suroeste no Camerún. A súa altura alcanza os 4.095 metros sobre o nivel do mar . É o cume máis elevado do país e da África Occidental subsahariana.

Xeoloxía

[editar | editar a fonte]

O Fako forma parte dunha ampla zona de actividade volcánica, coñecida como a Liña Volcánica do Camerún, que se estende desde as illas de San Tomé e Príncipe até as montañas do Tibesti, no Chad. Esta liña inclúe o lago Nyos, onde unha súbita liberación de gases provocou en 1986 a morte de polo menos 1.800 persoas nas aldeas veciñas.

Nas ladeiras do volcán e máis nas áreas circundantes existem máis de 100 conos parasitos, algúns de grandes dimensións, dispóndose ao longo de liñas de fractura. A estrutura total do Fako estímase que alcanza un volume de 1.400 km3, o que fai del un supervolcán ou, cando menos, un dos grandes volcáns da Terra.

Unha segunda zona de erupción, máis antiga e agora inactiva, denominada Monte Etindi (tamén dito Pequeno Camerún), localízase no flanco sur, próximo á costa. O Etindi atinxe os 1.715 m de altitude.

O volcán Fako ten producido, esencialmente, materiais basálticos e traquibasálticos, formando un horst volcánico sobre as rochas metamórficas do Precámbrico, recubertas logo por sedimentos que datan do Cretáceo ao Cuaternario, preexistentes na rexión.

Erupcións

[editar | editar a fonte]

Están documentadas erupcións do Fako nos anos seguintes: 1650, 1807, 1825, 1838, 1852, 1865, 1866, 1871, 1909, 1922, 1925, 1954, 1959, 1982, 1999 e 2000.

Escaladas

[editar | editar a fonte]

A primeira ascensión por europeos tivo lugar en 1861. Nese ano o explorador británico sir Richard Francis Burton e o botánico alemán Gustav Mann alcanzaron a súa cima. Mary Kingsley, en 1895, converteuse na primeira muller que pisou a súa cima.