[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Lesma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Lesma

Especies diferentes de lesmas

Arion sp., en Vancouver.
Arion sp., en Vancouver.

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Gastropoda

A lesma, lamagacha, limacha ou limaco é un molusco gasterópodo pulmonado, sen cuncha aparente. En realidade, as lesmas posúen un resto de cuncha, interno, formado por unha fina lámina calcárea baixo o escudo ou manto.

A súa aparencia é pegañenta e viscosa. As lesmas teñen hábitos semellantes aos dos caracois, aínda que se atopan sempre en lugares húmidos. Ao careceren de cuncha externa son máis vulnerábeis ó desecamento. Son moi comúns en bosques, campos e xardíns.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

A alimentación das lesmas é variada. Prefiren as follas e outros tecidos vexetais, pero tamén poden alimentarse de restos animais. Aliméntanse de noite e poden tomar ao día unha cantidade de alimento equivalente á metade do seu peso.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Lesma adulta rubindo por un terreo areoso en Bares.

As lesmas son seres hermafroditas (un mesmo individuo presenta órganos sexuais femininos e masculinos) e caracterízanse polo feito de que, durante o seu desenvolvemento, a masa visceral sofre unha torsión, enrolándose sobre si mesma. Así, adoptan a forma espiral tan característica da cuncha dos caracois. Pon os ovos entre uns días e unhas semanas despois do acoplamento. Depositan unha cantidade comprendida entre 100 e 500 ovos nun burato.

A incubación ten unha duración variable, que depende das condicións climáticas, especialmente a temperatura. A 5 graos a incubación pode durar tres meses, mentres que a 20 graos dura tres semanas. Ao saír dos ovos apenas miden uns milímetros e o seu corpo é transparente. O período de vida depende das zonas e varía entre os 9 e os 18 meses.

Sinonimia

[editar | editar a fonte]

Sendo lesma a forma máis estendida[1] e estandarizada nos dicionarios de referencia, coñécese tamén baixo numerosas denominacións locais e variantes.

Ademais, Martín Sarmiento recolleu "lesmea" e "lexma" dentro dunha lista de Nombres de sabandijas e insectos (en Catálogo de Voces y Frases de la Lengua Gallega, 1745), que non sabemos se se refiren a este mesmo animal. Tamén se recolle a forma castelá babosa[42].

[editar | editar a fonte]

Os campesiños consideran as lesmas prexudiciais para o campo, e mátannas botándolles sal. Crese que, cando alguén se acerca a unha lesma, caga por ela[43].

Un tratamento contra as espullas consiste en unta-las mans coa baba dunha lesma viva branca, nunca negra. Despois, crávase un paíño na lesma e espétase no chan. Cando seca o animal, curan as espullas[44]. Tamén se usan para cura-los furunchos da xente e contra o erizo dos bois[45][46].

Adiviñas

[editar | editar a fonte]
  • Unha cousa cousiña,/ non ten óso nin osiña/ e pace coma unha marraquiña[47].
  • Unha señora/ vestida de negro,/ tórnalle os cochos,/ que ós cans non ten medo.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Constantino García localízaa en Curtis, Toba Santa Comba, Compostela, Melide, Sober, O Grove e Verín.
  2. ERG: Rúa de Petín.
  3. CGG: Guntín, Pedrafita, O Incio.
  4. AO2: Córneas.
  5. ERG: Láncara.
  6. ERQ: no Bierzo occidental, Páramo de Neira e arredores de Lugo.
  7. CGG: Pantón.
  8. ERG s. v. lesmia: Llámase también CORTA, porque por donde pasa deja la hierba y las hojas como segadas o cortadas.
  9. CGG: Feás, Razo, Laxe.
  10. ERQ:Marín.
  11. AO2.
  12. CGG: Curtis; ERG; MVN, LCA.
  13. CGG: Laxe, Santaia, Compostela.
  14. ERG, MVN. Valladares engade que lamigocha de concha designa o caracol.
  15. ERG, LCA.
  16. CGG: Sober.
  17. CGG: Novefontes, Sober, O Grove.
  18. CGG: Ramirás, Xunqueira de Ambía, Montederramo, Verín; AO2: Viñoás.
  19. CGG: Codeseda.
  20. CGG: Porto (Zamora).
  21. CGG: A Gudiña, Vilardevós.
  22. CGG: Castrocaldelas.
  23. CGG: Compostela, A Gudiña; ERG, GAL, VLQ, JCP, XLF.
  24. CGG: Dumbría, Monterroso.
  25. CGG: Pantón, A Gudiña, A Mezquita.
  26. 26,0 26,1 26,2 VR.
  27. CGG: Goián.
  28. JPC.
  29. VCN, XER, GAL, ERG, AO2, MLP, VR.
  30. ERG, GAL, XER.
  31. CGG: Cedofeita; VCN, XER.
  32. ERG: Seoane.
  33. CGG: Novefontes; TdM:453; VR.
  34. CGG: Guntín; ERGa: Lemos.
  35. AF: de Navia a Tapia (Asturias).
  36. CGG: Ferreira do Valadouro; AO2: Guerdiz.
  37. CGG: Guitiriz, Friol.
  38. CGG: Guntín.
  39. CGG: Oirós.
  40. CGG: Caaveiro, Cabalar, Guitiriz; GAL; ERG:Parrochas.
  41. CGG: Melide; TdM:453; VR.
  42. CGG: Pantón, A Gudiña.
  43. LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo, Cambados 1986, 66.
  44. Lis Quibén 1980, p. 294.
  45. Risco 1947, p. 381.
  46. Risco non dá máis información que permita identificar a enfermidade dos bois pero co nome de "mal do orizo" desígnanse as chagas que se forman entre os pezuños por necrobacilose ou por cousa do gripo.
  47. GÁRFER, J.L. e FERNÁNDEZ, C.: Adivinancero popular gallego. Taurus Ediciones. Madrid 1984.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]