[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Lavandeira (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lavandeiras, imaxinadas por unha intelixencia artificial.
As lavandeiras da noite, cadro do pintor bretón Yan' Dargent.

As lavandeiras son uns seres fantásticos da mitoloxía galega[1], con orixe na mitoloxía celta, que tamén se poden observar en Asturies (chamadas "les llavanderes" en asturiano[2]), Cantabria, a Bretaña francesa e Irlanda. Son espíritos que aparecen nas noites de lúa chea nas beiras dos ríos, onde lavan sabas manchadas de sangue que nunca desaparece. De acotío aparecen cando a vida de alguén dos arredores se atopa entre a vida e a morte, presaxiando o próximo pasamento deste.

Dise delas que son mulleres que morreron no parto, ou que deixaron morrer os seus fillos sen bautizalos. Piden axuda ós vivos para escorrer as súas sabas, mais estas deben retorcerse ó contrario que a lavandeira. Se non, este encontro podería traer mala sorte, mesmo a morte.[3]

  1. Xoán Ramiro, Cuba Rodríguez; Miranda Ruíz, Xosé; Reigosa Carreira, Antonio (2022). Dicionario dos seres míticos galegos. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-072-4. OCLC 259679511. 
  2. Noceda, Rafael Cascudo (2003). Xunta de mitos (en castelán). Academia Llingua Asturiana. ISBN 9788481683226. 
  3. "Mitología Gallega". Ekiria (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2018. Consultado o 2018-06-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]