[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Loberno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interpretación da aparencia dun loberno

O loberno é un ser mitolóxico da cultura galega, froito da unión entre un lobo e unha raposa. Nalgunhas ocasión semella moito máis un raposo e noutras un lobo de cor alanxada ou con manchas desta cor. Ao atoparse diante del é inútil berrarlle porque é xordo e non escapa. O único que se pode facer é fuxir deixando atrás as propias pertenzas das que se alimentará.

O loberno alimentándose nun cemiterio

Fascínate coa mirada e mesmo pode paralizarte ademais de poder ver a través das paredes. Coase nos cemiteros para desenterrar mortos e zampalos.

Adoitase ver nun cemiterio no Castelo, no concello de Muras.[1]

Martín Sarmiento no seu Catálogo de voces y frases de la lengua gallega ubicao na zona de Santo André de Teixido e arredores. Descríbeo como un animal pernicioso, peor co lobo pois só succiona o sangue do ganado facendo moito mal. Sarmiento pregúntase nos seus escritos se trátase do lobo cerval.[2] Nas súas palabras podemos ler:

Non é animal moi frecuente, ni tampouco moi raro en Galicia e alí ten cinco nomes vulgares, v.g. lobo cerval, lobezno, lubicán, lobo rabaz e tigre . Este último é falso, pois no hai tigres en Europa, pero chámaselle tigre porque ten a pel manchada e moi fermosa e apreciable. Os catro primeiros nomes, aínda que comezan poo lobo, só aluden a súa voracidade, non a que o animal sexa do xénero lobo, pois só o é do xénero gato. É como gata, pero tan grande como un can perdigueiro. Combinando todo é o verdadeiro animal lince.Tradución do castelán.

Martín Sarmiento, Epistolario do P. Sarmiento

Outros autores como Xoán Cuveiro Piñol no seu dicionario do século XIX describía a voz loberno como un lince, un animal cuadrúpede de dous ou máís pés de alto, de cor cobriza escura con manchas negras, de cola curta, orellas longoas e erguidas. E complenta a súa descrición restándolle veracidade ao que se di da súa vista e dos ouriños.[2]

  1. Cuba, Miranda e Reigosa (2022:181).
  2. 2,0 2,1 Rafael López Loureiro (06-11-2009). "Ao noroeste do Noroeste...unha pequena regaña ao interior da vida d´ O MEU PEQUENO MUNDO". Costa Artabra (en español). Consultado o 29-02-2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]