[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Lodovico Laffranchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLodovico Laffranchi
Biografía
Nacemento1875
Morte6 de xuño de 1952
Milán
País de nacionalidade Italiano.
Q89547790Estudos de moeda da Antiga Roma
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor en Wikidata
Premios
(1952): Medalla da Royal Numismatic Society.

Lodovico Laffranchi (tamén coa variante Ludovico), nado en 1875 e finado o 6 de xuño de 1952 en Milán, foi un numismático italiano especializado na moeda da Antiga Roma.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Laffranchi era un empregado municipal que se iniciou na numismática da man do seu tío, Pompeo Monti. En 1910 participou xa no III Congreso Internacional de Numismática, en Bruxelas, onde interveu cun relatorio titulado I diversi stili nella monetazione romana, e en 1927 foi nomeado comisario para xestionar a colección de moedas do Castelo Sforzesco, do municipio milanés.[1]

Entre 1913 e 1917 foi editor da Rivista Italiana di Numismatica e, logo da renuncia dos irmáns Ercole e Francesco Gnecchi ao seu órgano directivo, ofrecéuselle a Laffranchi a oportunidade de dirixir a revista en 1918. Baixo a súa dirección saíron os dous derradeiros números correspondentes a ese ano e os catro primeiros de 1919, e a partir dese momento decidiu abandonar o cargo de director, por motivos descoñecidos, aínda que se mantivo como asiduo colaborador coa revista. No seu breve período, a publicación pasou de ser un órgano de comunicación entre coleccionistas a dotarse dunha perspectiva científica recoñecida internacionalmente.[1]

Coincidindo coa chegada dos fascistas ao poder en Italia en 1924, Laffranci cancelou a súa colaboración coa Rivista Italiana di Numismatica, coa que se amosou tan contrario como co propio réxime, e non a retomou ata 1940, co envío dun novo artigo. Esta desafección co réxime fascista impediulle acceder a postos académicos acordes á súa valía intelectual, mais el continuou a publicar artigos en publicacións numismáticas tan diversas como Bollettino del Circolo Numismatico di Napoli (Italia), Schweizer Numismatischen Zeitschrift (Suíza), Numismatische Zeitschrift (Austria), Numizmatikai Közlöny (Hungría), Revue belge de numismatique (Bélxica) ou The Numismatic Chronicle (Reino Unido).[1][2]

En 1941 asumiu novamente un posto no comité de dirección da revista, ao que renunciou posteriormente e que retomou en 1950.[1]

Os seus artigos versan fundamentalmente sobre a numismática romana. Moi influído polas novas vías de investigación numismática abertas polas escolas vienesa e inglesa, Laffranchi estudou aspectos como os obradoiros monetarios romanos e a organización da produción de moeda imperial, e destacan os seus artigos sobre as cuñaxes de Augusto e de Magnencio, ou sobre a ceca de Mediolanum (Milán) en tempos de Galieno.[3]

Lafranchi faleceu en 1952, en palabras de Herbert A. Cahn "nunha soidade completa".[3]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dalgúns dos artigos máis salientables dos publicados por Laffranchi ao longo da súa carreira:[2][5][6]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Savio, A. "Lodovico Laffranchi Arquivado 19 de abril de 2022 en Wayback Machine.". I Grandi Numismatici. Società numismatica Italiana.
  2. 2,0 2,1 Pagani, A. (1955).
  3. 3,0 3,1 Cahn, H. A. (1952).
  4. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  5. "Laffranchi, Lodovico". WorldCat Identities.
  6. "Lodovico Laffranchi (1875-1952)". BnF Data.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]