Mosteiro do Escorial
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
(es) Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial | ||||
Tipo | mosteiro palácio real (pt) edifício de biblioteca (pt) edifício de museu (pt) Monumentos do patrimonio histórico de España hospital (en) | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Lourenzo mártir | |||
Parte de | Mosteiro e Sítio do Escorial (pt) Patrimonio Nacional | |||
Localización | ||||
División administrativa | San Lorenzo de El Escorial, España | |||
Localización | San Lorenzo de El Escorial | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Dimensións | 152 () × 192,5 () m | |||
Superficie | 94 ha | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 1984 (8ª Sesión) | |||
Identificador | 318-001 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 3 de xuño de 1931 | |||
Identificador | RI-51-0001064 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Gardens of the Monastery of San Lorenzo de El Escorial (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 3 de xuño de 1931 | |||
Identificador | RI-52-0000011 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1563 | |||
Ocupante | Real Colexio Afonso XII (1875–) | |||
Actividade | ||||
Fundador | Filipe II de España | |||
Propietario | Patrimonio Nacional | |||
Sitio web | entradas.patrimonionacional.es… | |||
O mosteiro de San Lourenzo do Escorial[1] é un complexo de palacio, basílica, biblioteca e mosteiro situado en San Lorenzo de El Escorial, na Comunidade de Madrid, España, construído entre 1563 e 1584. É, desde 1984, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Características
[editar | editar a fonte]O palacio foi residencia da familia real española, a basílica é lugar de sepultura dos reis de España e o mosteiro, fundado por monxes xerónimos, está ocupado actualmente por frades da Orde de Santo Agostiño. É unha das máis singulares arquitecturas renacentistas de España e de Europa. Situado en San Lorenzo de El Escorial, ocupa unha superficie de 33.327 m², sobre a ladeira meridional do monte Abantos, a 1028 m de altitude, na Serra de Guadarrama. Está xestionado por Patrimonio Nacional.
Coñecido tamén como Mosteiro de San Lourenzo O Real, ou, sinxelamente, O Escorial, foi ideado na segunda metade do século XVI polo rei Filipe II e o seu arquitecto Juan Bautista de Toledo, aínda que posteriormente interviñeron Juan de Herrera, Juan de Minjares, Giovanni Battista Castello e Francisco de Mora. O rei concibiu un gran complexo multifuncional, monacal e palaciano que, plasmado por Juan Bautista de Toledo segundo o paradigma da Traza Universal, deu orixe ao estilo herreriano.
Foi considerado, desde finais do século XVI, a Oitava Marabilla do Mundo, tanto polo seu tamaño e complexidade funcional como polo seu enorme valor simbólico. A súa arquitectura marcou o paso do plateresco renacentista ao clasicismo desornamentado. Obra inxente, de gran monumentalidade, é tamén un receptáculo das demais artes.
As súas pinturas, esculturas, pergameos, ornamentos litúrxicos e demais obxectos suntuarios, sacros e áulicos fan que O Escorial sexa tamén un museo. A súa complexa iconografía e iconoloxía mereceu as máis variadas interpretacións de historiadores, admiradores e críticos. O Escorial é a cristalización das ideas e da vontade do seu creador, o rei Filipe II, un príncipe renacentista.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fachada oeste
-
Vista desde o monte Abantos
-
Biblioteca
-
Basílica
-
Patio dos Evanxelistas
-
Frescos
-
Xardíns dos Frades
-
Mosteiro do Escorial
-
Sala Vicarial
-
Vista xeral do altar do Panteón de Reis
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para manierismo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mosteiro do Escorial |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|