Josh Tillman
(2014) | |
Nome orixinal | (en) Josh Tillman (en) Joshua Tillman |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Joshua Michael Tillman 3 de maio de 1981 (43 anos) Rockville, Estados Unidos de América |
Outros nomes | J. Tillman (2003–2012) Father John Misty (2012–) |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Nyack College (en) Richard Montgomery High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Folk e música |
Ocupación | cantante, guitarrista, letrista, compositor, percusionista, artista discográfico, batería, produtor musical, cantautor, músico |
Período de actividade | 2003 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Indie rock |
Instrumento | Voz, guitarra, piano, Batería, percusión, Harmónica e baixo |
Selo discográfico | Sub Pop Bella Union |
Sitio web | fatherjohnmisty.com… |
Joshua Michael Tillman[1] nado o 3 de maio de 1981 e tamén coñecido como Father John Misty e anteriormente como J. Tillman, é un cantautor, músico e produtor musical estadounidense.[2]
Mantendo unha produción constante de gravacións en solitario dende 2004, Tillman fora membro ou estivo de xira con Demon Hunter, Saxon Shore, Fleet Foxes, Jeffertitti's Nile,[3] Pearly Gate Music,[4] Siberian,[5] Har Mar Superstar,[6] Poor Moon,[7] Low Hums, Jonathan Wilson,[8] e xirou extensamente cos artistas Damien Jurado, Jesse Sykes e David Bazan.[9]
Tamén fixo contribucións en álbums de artistas populares como Beyoncé,[10] Lady Gaga,[11] Kid Cudi,[12] e Post Malone e produciu un álbum para Matthew Daniel Siskin, coñecido como Gambles.[13]
Biografía
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Tillman medrou nun fogar evanxélico en Rockville, Maryland, un suburbio de Washington, D.C.[14][15] É o fillo de Barbara e I.C. Tillman, un enxeñeiro de Hewlett-Packard, que se coñeceron nun grupo de mozos cristiáns.[14] A súa nai medrara en Etiopía, onde os seus pais eran misioneiros.[16] É o máis vello de catro irmáns, tendo un irmán e dúas irmás.[17] Cando tiña uns seis anos Tillman quería converterse en pastor debido ao seu aspecto interpretativo.[18][19] Comenta que os seus pais centráronse nos aspectos espirituais da súa educación, que describe como "culturalmente opresivo". Estiveron separados durante moitos anos pero reconciliáronse.[14][18] Despois de aprender a tocar a batería sendo moi novo, Tillman aprendeu a tocar a guitarra cando tiña 12 anos.[18]
Tillman foi criado nunha igrexa baptista, foi a unha escola de primaria episcopal, e despois a unha escola pentecostal mesiánica.[20] Tillman dixo que era inxenuo cando medraba porque case non había influencia cultural e non se permitía música secular. Ao redor dos 17 anos houbo novas estipulacións de parte dos seus pais, permitíuselle escoitar música secular que tivese un "tema espiritual". Por esta razón as súas primeiras compras incluíron álbums como Slow Train Coming de Bob Dylan, xa que puido establecer que Dylan estaba clasificado como un "artista cristián".[14]
Carreira
[editar | editar a fonte]Inicios da carreira e Fleet Foxes
[editar | editar a fonte]Despois de asistir ao Nyack College de Nova York (unha universidade cristián privada) durante un ano,[21] Tillman mudouse a Seattle cando tiña 21 anos.[14] Alí atopou un traballo nunha panadería quelle permitía gravar polas noites antes de que comezase a súa quenda ás 4:30 am. Unha demo súa chegou ás mans do cantante e compositor da cidade Damien Jurado. Un ano despois Tillman comezou a abrir concertos para Jurado.[22] Nos concertos Tillman distribuíu CD-R con cancións que posteriormente se converterían no seu álbum I Will Return. Durante a xira tamén fixo unha amizade con Eric Fisher, que procuxo outro álbum en CD-R, Long May You Run. Os dous discos foron despois editados a través do selo Keep Recordings. Tillman e Jurado máis tarde asinaron unha xira polos Estados Unidos con Richard Buckner.
En 2006 o selo independente Fargo Records publicou o que sería realmente o primeiro álbum en solitario de Tillman, Minor Works, e reeditou I Will Return e Long May You Run como un conxunto de dous discos ese mesmo ano. En 2007 Yer Bird Records lanzou o seu máis elaborado cuarto álbum, Cancer and Delirium.
Tras fichar pola discográfica independente Western Vinyl, Tillman editou dous álbums en 2009, Vacilando Territory Blues e Year in the Kingdom.[22] Tillman dixo que compuxo a canción do título de Vacilando Territory Blues para describir a imaxinería que el asocia coa súa mudanza a Seattle. O seu irmán Zach posteriormente moveuse á cidade e toca na banda Pearly Gate Music.[23] No ano seguinte Tillman editou Singing Ax.[22]
En 2008 Tillman uniuse á banda de folk rock de Seattle Fleet Foxes como batería.[20]
Tras xirar extensamente con Fleet Foxes, promocionando o seu álbum Helplessness Blues, Tillman realizou o seu derradeiro concerto co grupo en Toquio o día 20 de xaneiro de 2012.[24]
Alcume de Father John Misty e Fear Fun
[editar | editar a fonte]Tillman publicou o álbum Fear Fun baixo o seu nome alcume, Father John Misty, o 1 de maio de 2012. Un par de meses antes do lanzamento do disco publicouse un vídeo para a canción "Hollywood Forever Cemetery Sings" protagonizado pola actriz Aubrey Plaza. O álbum era un afastamento dramático dos anteriores traballos de Tillman.[25]
Como Father John Misty, Tillman apareceu no álbum de 2013 de Kid Cudi Indicud.[26]
Tillman escribiu un ensaio sobre a gravación de Damien Jurado, Brothers and Sisters of the Eternal Son (Secretly Canadian, 2014).[27] Tamén compuxo a banda sonora para unha curtametraxe chamada The History of Caves, dirixida pola súa muller, a directora Emma Elizabeth Tillman.[28][29]
I Love You, Honeybear
[editar | editar a fonte]O álbum I Love You, Honeybear foi editado en febreiro de 2015 con aclamación xeneralizada. Segundo Tillman, trátase dun álbum conceptual sobre el mesmo e a súa vida persoal.[30][31]
Tillman foi noticia ao versionar os temas de Taylor Swift "Blank Space" e "Welcome to New York" en 2015. Afirmou que nunha escoitara á artista antes de gravar as versións. Fíxoo para parodiar a Ryan Adams, que publicara a súa propia versión do álbum de Swift 1989, con versións de todas as cancións do disco.[32]
Tillman publicou unha nova canción titulada "Real Love Baby" en SoundCloud o día 19 de maio de 2016.[33]
Tillman apareceu na canción "Saturday Night Inside Out" do segundo disco de The Avalanches, Wildflower, que foi editado o 1 de xullo de 2016.
Pure Comedy e God's Favorite Customer
[editar | editar a fonte]Tillman chamou a atención dos medios o 22 de xullo de 2016 despois de saír do escenario no XPoNential Music Festival en Camden, Nova Jersey, tras vinte minutos de actuación nun concerto que debería durar 50 minutos. En vez de realizar o seu setlist, Tillman saíu e preguntou, "Que carallo está pasando?"[34] Despois falou durante seis minutos sobre o papel "adormecedor" que o entretemento xoga nas nosas vidas e como "a estupidez acaba por dirixir o mundo porque o entretemento é estúpido". Cando o público o aplaudiu pediulle á xente que non o fixese e respondeu dicindo, "tal vez só fai falla un momento para estar realmente profundamente triste".[35] Finalmente tocou unha peza de 13 minutos do seu seguinte traballo, Pure Comedy, chamada "Leaving LA" que fai referencia ás frustracións das que falou no seu discurso. Tillman despois versionou a canción de Leonard Cohen "Bird on the Wire" antes de dicirlle á multitude que os amaba e saíu do escenario, acabando a súa actuación antes de tempo.[36] O día seguinte Tillman explicou a súa actuación nunha mensaxe de Instagram, na que calificou o discurso de Donald Trump na Convención Nacional Republicana de 2016 a "coroación demoníaca do noso próximo potencial Rei Idiota", que tivo lugar a noite anterior ao concerto de Tillman.
Tillman editou unha versión de "Trump's Private Pilot", unha canción composta por Tim Heidecker, en SoundCloud o 7 de novembro de 2016.[37] O 22 de novembro dese ano publicou un novo tema titulado "Holy Hell" tamén en SoundCloud.[38]
O 23 de xaneiro de 2017 editouse o sinxelo "Pure Comedy" en forma de vídeo musical e Tillman anunciou a chegada do seu álbum Pure Comedy que se lanzou o día 7 de abril. A través deste traballo externaliza a personaxe esterotípica de Father John Misty que desenvolveu nos dous anteriores discos para evitar ser restrinxido á imaxe da personaxe, usando a súa personalidade e experiencias para expoñer a súa perspectiva da vida.[39] O segundo sinxelo de Pure Comedy, "Two Wildly Different Perspectives", apareceu con outro vídeo musical o 30 de xaneiro.[40] O terceiro sinxelo foi "Ballad of the Dying Man", lanzado o 1 de febreiro,[41] e o cuarto foi "Total Entertainment Forever", editado na noite no que a canción foi interpretada no programa Saturday Night Live, o 4 de marzo.[42]
A xira mundial para promocionar Pure Comedy comezou en abril de 2017 e continuou ata principios de 2018.[43] Durante esta xira Tillman mesturou os temas do seguinte álbum producido con Jonathan Rado, revelando os potenciais títulos de cancións "Mr. Tillman, Please Exit the Lobby" (despois acurtado a "Mr. Tillman"), "Ouch, I'm Drowning", "Well, We're Only People and There's Nothing Much We Can Do About It", e "Dum Dum Blues". O álbum explora a angustia e foi composto durante un período de seis semanas durante o cal Tillman estivo vivindo nun hotel.[44]
Tillman editou o sinxelo principal, "Mr. Tillman", do álbum God's Favorite Customer o 20 de febreiro de 2018.[45] O álbum anunciouse o 18 de abril e publicouse o día 1 de xuño.
O guionista e produtor británico Drew Pearce, que dirixira o vídeo musical para "The Night Josh Tillman Came to Our Apartment", buscou a Tillman para a súa estrea como director de cine con Hotel Artemis, cando quería interpretar a un músico. Tillman tivo un pequeno papel no filme como ladrón de bancos.[46] Tillman tamén colaborou na banda sonora de Hotel Artemis coa canción "Gilded Cage", que se publicou o 8 de xuño de 2018, o mesmo día da estrea da película.[47]
Discografía
[editar | editar a fonte]Como J. Tillman
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Untitled No. 1 | 2003 | Broken Factory |
I Will Return | 2004 | autoeditado |
Long May You Run, J. Tillman | 2006 | Keep Recordings |
Minor Works | 2006 | Fargo |
Cancer and Delirium | 2007 | Yer Bird |
Vacilando Territory Blues | 2009 | Western Vinyl |
Year in the Kingdom | 2009 | Western Vinyl |
Singing Ax | 2010 | Western Vinyl |
Como Father John Misty
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Fear Fun | 2012 | Sub Pop, Bella Union |
I Love You, Honeybear | 2015 | Sub Pop, Bella Union |
Pure Comedy | 2017 | Sub Pop, Bella Union |
God's Favorite Customer | 2018 | Sub Pop, Bella Union |
Chloë and the Next 20th Century | 2022 | Sub Pop, Bella Union |
Mahashmashana | 2024 | Sub Pop, Bella Union |
Con Fleet Foxes
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Helplessness Blues | 2011 | Sub Pop |
Con Saxon Shore
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Be a Bright Blue | 2002 | Broken Factory |
Four Months of Darkness | 2003 | Burnt Toast Vinyl |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Father John Misty: Misty Mountain Hop". Magnet Magazine (en inglés). 2013-08-19. Consultado o 2020-02-17.
- ↑ "J. Tillman (as Father John Misty) announces new solo album". Albino Rhino (en inglés). 2012-01-11. Consultado o 2020-02-17.
- ↑ "Jeffertitti's Nile - No One | Q MagazineQ Magazine". web.archive.org. 2014-04-15. Archived from the original on 15 de abril de 2014. Consultado o 2020-02-17.
- ↑ Lester, Paul (2010-05-04). "New band of the day – No 778: Pearly Gate Music". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2020-02-17.
- ↑ Levin, Hannah. "Rocka Rolla". The Stranger (en inglés). Consultado o 2020-02-17.
- ↑ Sandra Burciaga Olinger (2013-04-26). "Har Mar Superstar with Josh Tillman at Satellite – Photos & Show Review – April 25, 2013". Grimy Goods (en inglés). Consultado o 2020-02-17.
- ↑ "Poor Moon: Good dancers on lonely streets | What's Up! Magazine" (en inglés). Consultado o 2020-02-17.
- ↑ "Jonathan Wilson’s ‘Fanfare’ is the most important album of 2013". DangerousMinds. 2013-10-28. Consultado o 2020-02-17.
- ↑ "speed of dark » Interview with Josh Tillman". web.archive.org. 2012-04-30. Archived from the original on 30 de abril de 2012. Consultado o 2020-02-17.
- ↑ "Father John Misty Tells Two Stories About Beyoncé Collaboration: One Real, One Fake". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-17.
- ↑ "Lady Gaga Announces New Album Joanne". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-17.
- ↑ Muller, Marissa G. "Father John Misty Talks New Album, Doing Mushrooms With Kid Cudi and His TV Pilot". MTV News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2022. Consultado o 2020-02-17.
- ↑ Bond, Mindy (2017-06-13). "Gambles Father John Misty Forever We'll Be Listen Now". The Culture Files (en inglés). Consultado o 2020-02-17.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 "Episode 457 - Father John Misty". WTF with Marc Maron Podcast (en inglés). Consultado o 2020-02-17.
- ↑ Records, Sub Pop. "Father John Misty's 'I Love You, Honeybear' Out February 10th". Sub Pop Records (en inglés). Consultado o 2020-02-17.
- ↑ Paumgarten, Nick. "Father John Misty’s Quest to Explain Himself". The New Yorker (en inglés). Consultado o 2020-02-17.
- ↑ "Concert review: Crowd meets the palm of Father John Misty's hand (with Pure Bathing Culture) at a sold-out Firebird, Friday, June 14 | KDHX.org". web.archive.org. 2014-01-01. Archived from the original on 01 de xaneiro de 2014. Consultado o 2020-02-17.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 "TLOBF Interview :: J. Tillman". The Line of Best Fit (en inglés). Consultado o 2020-02-17.
- ↑ Father John Misty Interview | Haldern Pop Festival | WDR (WDR). 18 de agosto de 2015.
- ↑ 20,0 20,1 "Introspection pays: Sad folk ballads of J. Tillman". LA Times Blogs - Pop & Hiss (en inglés). 2009-01-22. Consultado o 2020-02-17.
- ↑ Frank, Aaron (2012-05-17). "Father John Misty Just Quit Fleet Foxes: We Get High in His Van". LA Weekly (en inglés). Consultado o 2020-02-17.
- ↑ 22,0 22,1 22,2 "WV | J. Tillman". westernvinyl.com. Consultado o 2020-02-17.
- ↑ "Pearly Gate Music". www.barsuk.com. Consultado o 2020-02-18.
- ↑ "Fleet Foxes Lose One Beard: J. Tillman Exits Band". Spin. 2012-01-20. Consultado o 2020-02-18.
- ↑ Records, Sub Pop. "Fear Fun". Sub Pop Records (en inglés). Consultado o 2020-02-18.
- ↑ "J. Tillman reborn as Father John Misty, releases brooding new album Fear Fun on Sub Pop". Tiny Mix Tapes (en inglés). Consultado o 2020-02-18.
- ↑ "Read Father John Misty’s Incredible Essay About Damien Jurado’s New Album". Spin. 2013-10-16. Consultado o 2020-02-18.
- ↑ Brown, Harley; Brown, Harley (2013-10-29). "Father John Misty Is Ditching the Honky-Tonk". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-02-18.
- ↑ "Stream Father John Misty's Soundtrack for The History of Caves". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-18.
- ↑ Records, Sub Pop. "I Love You, Honeybear". Sub Pop Records (en inglés). Consultado o 2020-02-18.
- ↑ Samadder, Rhik (2015-01-31). "Father John Misty: ‘I wanted to write about love without bullshitting’". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2020-02-18.
- ↑ "Father John Misty Finally Explains Taylor Swift Covers & Her Team's Reaction". Billboard. Consultado o 2020-02-18.
- ↑ "Father John Misty Shares “Real Love Baby”: Listen". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-18.
- ↑ DeLuca, Dan. "Father John Misty, upending expectations at Xponential Fest". https://www.inquirer.com (en inglés). Consultado o 2020-02-18. Ligazón externa en
|páxina-web=
(Axuda) - ↑ "Father John Misty Explains “Obscenely Vulnerable” Festival Performance". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-18.
- ↑ "Father John Misty Cuts Festival Set Short After Lecture About “Evil”: Watch". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-19.
- ↑ "Trump's Private Pilot" (en inglés). Consultado o 2020-02-20.
- ↑ "Holy Hell" (en inglés). Consultado o 2020-02-20.
- ↑ "The World According to Father John Misty". pastemagazine.com (en inglés). 2017-03-10. Consultado o 2020-02-21.
- ↑ "New Music: Father John Misty Shares Video for Somber Song “Two Wildly Different Perspectives”". Spin. 2017-01-30. Consultado o 2020-02-21.
- ↑ "New Music: Father John Misty – “Ballad of the Dying Man”". Spin. 2017-02-01. Consultado o 2020-02-21.
- ↑ "Father John Misty References Taylor Swift in New Song, 'Total Entertainment Forever'". EW.com (en inglés). Consultado o 2020-02-21.
- ↑ Reed, Ryan; Reed, Ryan (2017-04-05). "Father John Misty Plots Expansive 'Pure Comedy' World Tour". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-02-21.
- ↑ "Father John Misty reveals the secrets of his next album in the new issue of Uncut". UNCUT (en inglés). 2017-11-16. Consultado o 2020-02-21.
- ↑ Leight, Elias; Leight, Elias (2018-02-20). "Hear Father John Misty Battle a Hotel Clerk in New Song 'Mr. Tillman'". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-02-21.
- ↑ "Father John Misty Filmed an Action Movie". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-24.
- ↑ "Father John Misty to Appear in 'Hotel Artemis' Soundtrack and Film". Spin. 2018-06-06. Consultado o 2020-02-24.