7 de novembro
Aparencia
<< | Novembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | |
2024 Todos os días |
O 7 de novembro é o 311º día do ano do calendario gregoriano e 312º nos anos bisestos. Quedan 54 días para rematar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1659 - Asínase o Tratado dos Pireneos entre o cardeal Mazarino, en representación francesa, e don Luís de Haro, en representación española.
- 1665 - A London Gazette, o máis antigo xornal aínda publicado, sae por vez primeira á rúa.
- 1917 - Revolución de Outubro (segundo o calendario ortodoxo) en Rusia.
- 1921 - Fundación do Partido Nacional Fascista en Italia
- 1938 - As forzas aéreas do Exército Popular da República española realizan, sen previo aviso, o bombardeo de Cabra, causando 109 mortos e máis de 200 feridos.
- 1969 - Unha orde ministerial crea o Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela.
- 1996 - A NASA lanza a Mars Global Surveyor.
- 2006: primeira intervención en galego no Consello de Ministros da Unión Europea, honra que lle correspondeu a Ricardo Varela Sánchez, conselleiro de Traballo da Xunta de Galicia.[1]
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1598 - Francisco de Zurbarán, pintor español
- 1838 - Auguste Villiers de l'Isle-Adam, escritor francés.
- 1867 - Marie Curie, química e física francesa de orixe polaca (m. 1934).
- 1878 - Lise Meitner, física austríaca (m. 1968).
- 1879 - Lev Trotski, político e revolucionario ruso (m. 1940)
- 1894 - Julio Rodríguez Yordi, escritor e xornalista galego (m. 1967).
- 1896 - David Díaz Rodríguez, sindicalista, xornalista e político galego (m. 1936).
- 1903 - Ary Barroso, compositor da Música Popular Brasileira (m. 1964).
- 1903 - Konrad Lorenz, naturalista e zoólogo austríaco (m. 1989).
- 1913 - Albert Camus, escritor e filósofo francés (m. 1960).
- 1929 - Jesús de Polanco, empresario español do sector da comunicación (m. 2007).
- 1940 - Antonio Skármeta, escritor chileno.
- 1957 - Roberto Blanco Valdés, escritor e xornalista galego.
- 1967 - David Guetta, DJ de música electrónica e produtor discográfico francés.
- 1973 - Yunjin Kim, actriz surcoreana.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1713 - Elizabeth Barry, actriz inglesa.
- 1913 - Alfred Russel Wallace, xeógrafo e naturalista inglés (n. 1823).
- 1923 - José Millán Astray, avogado, escritor e xornalista galego.
- 1924 - Alfredo Álvarez Pérez, arquitecto e filántropo galego (n. 1868).
- 1948 - Roxelio Rodríguez Díaz, escritor galego (n. 1888).
- 1962 - Eleanor Roosevelt, Primeira Dama estadounidense (n. 1884).
- 1980 - Steve McQueen, actor estadounidense (n. 1930).
- 2005 - John Fowles, escritor inglés (n. 1926).
- 2007 - Ramón Ferreira López, escritor galego (n. 1921)
- 2016 - Leonard Cohen, poeta e cantante canadense (n. 1934).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: San Amaranto de Albi, mártir; Santa Carina, mártir; San Florencio de Estrasburgo, bispo.