Ian Fleming
Nome orixinal | (en) Ian Lancaster Fleming |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de maio de 1908 Mayfair, Reino Unido |
Morte | 12 de agosto de 1964 (56 anos) Canterbury, Reino Unido |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Sevenhampton (en) |
Educación | Royal Military College, Sandhurst (en) (–1927) Eton College Universidade de Xenebra Universidade de Múnic Durnford School (en) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, guionista, prosista, novelista, escritor, mariño |
Período de actividade | 1953 - |
Empregador | Office of Strategic Services (pt) |
Xénero artístico | Ficción detectivesca |
Carreira militar | |
Rama militar | Royal Navy |
Conflito | segunda guerra mundial |
Familia | |
Cónxuxe | Ann Fleming (1952–) |
Parella | Monique Panchaud de Bottens |
Fillos | Caspar Robert Fleming () Ann Fleming |
Pais | Valentine Fleming e Evelyn St. Croix Fleming |
Irmáns | Robert Peter Fleming Amaryllis Fleming Michael Valentine Paul Fleming |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | ianfleming.com |
|
Ian Lancaster Fleming, nado o 28 de maio de 1908 en Mayfair e finado o 12 de agosto de 1964 en Canterbury, foi un escritor e periodista inglés creador do personaxe de James Bond e dunha serie de doce novelas de aventuras sobre este personaxe así coma de nove relatos curtos. Con máis de 100 millóns de copias vendidas mundialmente, as novelas da serie de James Bond están na lista de best-séllers. Ademais Ian Fleming escribiu a historia infantil de Chitty Chitty Bang Bang e dous libros de non-ficción.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ian Fleming, fillo de Valentine Fleming e de Evelyn St. Croix Fleming naceu en Mayfair e realizou os seus estudos no Eton College e mais na Real Academia Militar de Sandhurst. Máis tarde adicouse a ensinar inglés en Kitzbühel (Austria) e despois en Múnic (Alemaña). Traballou como periodista para Reuters1 e tamén como axente de bolsa.
No ano 1939, pouco antes de comezar a segunda guerra mundial, John Godfrey, director do British Department of Naval Intelligence da Royal Navy, recrutou a Fleming como asistente, despois como lugartenente e finalmente como comandante. Durante este período, Fleming concibiu un plan que nunca chegou a ser executado: a Operación Ruthless, para capturar a máquina codificadora Enigma, empregada nas comunicacións da Kriegsmarine. Fleming tamén ideou a Operación Goldeneye, un plan para manter as comunicacións con Xibraltar así coma un plan de defensa no improbable caso de que España se unise ás Potencias do Eixo, e xunto co Alemaña invadise a colonia.
Este traballo como asistente nos Servizos Secretos permitiu a Fleming meterse de cheo no ambiente que se respira nas súas novelas de espías. A primeira novela que puxo en escena a James Bond foi Casino Royale, publicada en 1953. Ademais de escribir doce novelas e nove relatos curtos do axente 007, Fleming tamén escribiu novelas para nenos. Todos estes libros tiveron un grande éxito nos anos 50 e permitíronlle retirarse a unha casa en Xamaica.
En 1962, Fleming suxeriu o seu curmán Christopher Lee, que interpretase o papel do Dr. No, o vilán do primeiro filme e ironicamente poucos días antes da súa morte visitou o set de gravación de Goldfinger.
No ano 1964, Ian Fleming finou dunha crise cardíaca en Canterbury a idade de 56 anos. Foi soterrado en Sevenhampton, preto de Swidon, onde tamén foron soterrados a súa dona e mais seu fillo.
Fleming foi tamén un importante bibliófilo e posuidor dunha respectable cultura. O seu personaxe, James Bond, acostuma ler nos momentos de tranquilidade, e un dos seus libros favoritos é Profiles in Courage, un ensaio moral e ético sobre cinco políticos da historia dos Estados Unidos, obra do senador John F. Kennedy. Curiosamente, cando John F. Kennedy foi elixido presidente, nunha entrevista preguntáronlle polos seus libros favoritos e sen dubidalo respondeu: As novelas de espías de Ian Fleming.
Predecesor: - |
Escritor de James Bond 1953–1966 |
Sucesor: Kingsley Amis |
Novelas
[editar | editar a fonte]James Bond
[editar | editar a fonte]Nr | Nome orixinal[1] | Ano | Tradución galega[2] |
---|---|---|---|
1. | Casino Royale | 1953 | Casino Royale |
2. | Live and Let Die | 1954 | Vive e Deixa Morrer |
3. | Moonraker | 1955 | Moonraker |
4. | Diamonds Are Forever | 1956 | Diamantes para a eternidade |
5. | From Russia, with Love | 1957 | Desde Rusia, con Amor |
6. | Dr. No | 1958 | Dr. No |
7. | Goldfinger | 1959 | Goldfinger |
8. | For Your Eyes Only | 1960 | Só para os teus ollos |
9. | Thunderball | 1961 | Operación trono |
10. | The Spy Who Loved Me | 1962 | O espía que me amou |
11. | On Her Majesty's Secret Service | 1963 | Ao Servizo Secreto da súa Maxestade |
12. | You Only Live Twice | 1964 | Só se vive dúas veces |
13. | The Man with the Golden Gun | 1965 | O home da pistola de ouro |
14. | Octopussy | 1966 | Octopussy |
Literatura infantil
[editar | editar a fonte]- Chitty Chitty Bang Bang (1964)
Outras obras
[editar | editar a fonte]- The Diamond Smugglers (1957)
- Thrilling Cities (1963; a edición americana contén a novela curta "007 en Nova Iork")
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.ianflemingcentre.com Arquivado 13 de xuño de 2017 en Wayback Machine. Ian Fleming Publications Inc.
- ↑ Trátase de posibles traducións, pois o certo é que na actualidade (2010) ningunha das súas obras está verquida a galego.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ian Fleming |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en inglés)