Abeluria
Abeluria | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Hypericum perforatum L. |
A abeluria ou herba das feridas[1][2] (Hypericum perforatum), é unha herbácea europea, a especie máis abundante da familia das gutíferas (Guttiferae) ou hipericáceas (Hypericaceae). Cómpre non confundila coa dedaleira, que tamén recibe o nome de abeluria. Abunda en Galiza, sendo unha das herbas empregadas na noite de san Xoán.
Outras especies levan o nome de herba de San Xoán.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]É unha planta común en terreos de baixa e media altura. Atópase practicamente en toda Europa, até o leste de Rusia. Aclimatouse en numerosas partes do mundo coma na China, Australia, Norte de África e as Américas.
Etimoloxía do nome
[editar | editar a fonte]O nome hipérico deriva do grego hyperikon ("sobre das imaxes" ou "por riba dunha aparición"). Para algúns, o nome fai referencia á propiedade que se lle atribuía de facer fuxir os espíritos e aparicións; por iso a xente acostumaba pendurar flores desta planta sobre as iconas relixiosas polo día de san Xoán, ademais de ser unha das herbas de san Xoán. Para outros, as glándulas dos seus pétalos semellan formar imaxes (a este feito déuselle moita importancia na Idade Media, xa que era utilizado nos exorcismos polas súas virtudes cabalísticas). O termo perforatum débese ás glándulas de óleo situadas nas súas follas e sépalos que lle dan á planta un aspecto furado, se se observa á luz reflectida.[3]
O nome vulgar herba de San Xoán fai referencia a que, ademais de florear no mes de xuño, era unha das herbas de san Xoán. Marcial Valladares Núñez en 1884 no seu Diccionario gallego-castellano, fala de dúas especies que reciben este nome: Hypericum quadrangulum e Hypericum perforatum (véxase Herbas de San Xoán).
Historia
[editar | editar a fonte]Hipócrates recomendouna coma remedio refrescante e antiinflamatorio.
Dioscórides escribe o seguinte: O Hiperico, chamado Androsemo por uns, por outros Corio, e por outros Camepytis, que quere dicir Piñeiriño, porque a súa resina cheira á resina do piñeiro, é unha mata ramallosa, arrubiada e dun palmo de alta, que produce unhas follas coma as da ruda, e de flor amaella: que esmagada entre os dedos, bota un zume semellante ao sangue que se chamou Androsemo que significa sangue humano. Nace o hipérico en lugares cultivados e ásperos. Ten facultade de mover os ouriños e, aplicado por baixo,provoca o menstro. Bebido con viño, extermina as tertianas e mailas cuartás. A súa semente bebida por unha corentena de días, cura a ciática e as follas coa semente aplicadas en forma de emplastro, sandan as queimaduras do lume[3]
En Galiza aparece nos primeiros dicionarios botánicos co nome de Herba de San Jôan: Juan Cuveiro Piñol no seu Diccionario Gallego, Barcelona, 1876 fala da planta. Tamén Marcial Valladares Núñez xa falaba dela en 1884 no seu Diccionario gallego-castellano, Santiago[4].
Descrición
[editar | editar a fonte]É un arbusto orixinario de Europa, que se ten naturalizado nas Américas. Os pétalos da flor son de cor amarela dourada, con pequenas tachas negras nos seus bordos, o apelativo latino perforatum provén dos buratiños -en realidade son saquetas de óleo esencial- que poden verse á luz reflectida en cada unha das follas desta planta. Son o dobre de longos ca os sépalos. Unha peculiaridade desta herba é que, ao esmagar entre os dedos algunha das súas follas, o zume alaranxado deixa unha mácula na pel.
En Australia e nos Estados Unidos considérase má herba ou especie invasora e se combate por medio de controis biolóxicos tales como os escaravellos do xénero Chrysolina, que se especializan nesta planta.[5][6]
Uso medicinal
[editar | editar a fonte]Hypericum perforatum é ademais unha planta medicinal con múltiples aplicacións. Por exemplo, a súa aplicación tópica serve para acelerar a cicatrización das feridas.
Porén, as propiedades desta herba que máis atraen aos investigadores vincúlase co uso tradicional para o tratamento da depresión leve a moderada.[7] Esta indicación foi validada nas últimas décadas polas axencias de saúde dalgúns países como Alemaña, onde se incluíu na farmacopea oficial, e prescríbese amplamente con ese propósito terapéutico.[8]
Cando a abeluria se emprega coma menciña fitoterapéutica, xeralmente se administra en forma de extractos estandarizados, con concentracións fixas dos principios activos aos cales se atribúen os efectos farmacolóxicos; estímase que o máis importante destes é a hipericina, aínda que estudos recentes reportan unha maior actividade da hiperforina.[9][10] Esta conclusión baséase fundamentalmente nun ensaio con resultado negativo levado a cabo polo Centro Nacional de Medicina Complementaria e Alternativa dos Estados Unidos.[11][12][13][14]
Para este fin (tratamento da depresión), a herba de San Xoán pode conseguirse en diversas presentacións: como herba, como pastilla ou cápsula, en bolsas de té ou en tinturas.
Principios activos
[editar | editar a fonte]Planta
[editar | editar a fonte]- Aceites esenciais: cariofileno, cineol, pineno
- Ácidos: ascórbico (vitamina C), esteárico e palmítico
- Hiperforina
- Hipericina
- Limoneno
- Quercetina
- Rutina
Follas
[editar | editar a fonte]Flor
[editar | editar a fonte]Limitacións para a súa indicación
[editar | editar a fonte]A administración dos extractos desta herba é motivo de debate. Aínda que existe evidencia limitada que suxestiona a súa eficacia e seguranza, non ten sido avaliada sistematicamente respecto da incidencia de efectos secundarios e interaccións con outras drogas, cos riscos que isto comporta. Con todo, menciónase que, no caso dalgúns tratamentos, reduce o seu efecto coma nos tratamentos antirretrovirais para persoas con VIH.
Efectos nos animais
[editar | editar a fonte]Considérase un axente primario da fotosensibilización en bovinos, nos que a hipericina se acumula no tecido subcutáneo e reacciona coa luz solar, e provoca cadros de inflamación da derme, especialmente das partes menos pigmentadas, as que poden desprenderse do animal.
Etnografía
[editar | editar a fonte]Como unha das herbas de san Xoán atribuíanselle propiedades medicinais e máxicas. Estaba considerada como unha planta especial contra o demo.
A herba de San Xoán limpa a cara de grans.
Sinonimia
[editar | editar a fonte]Hypericum perforatum designouse ao longo da historia con distintos nomes científicos, considerados sinónimos:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para abeluria.
- ↑ En diferentes referencias bibiográficas e vocabularios tamén aparece como abeluria (Nome vulgar galego preferido en Termos Esenciais de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela, 2004, entrada 8), herba de san Xoán (As herbas de San Xoán), artemixa, abelouro, hiperico, milfurada, pericón ou corazonciño (http://portaldaspalabras.gal/lexico/setestrelo/herbas-de-san-xoan/ Herbas de San Xoán)
- ↑ 3,0 3,1 Dr.Berdonces i Serra. Enciclopedia de las plantas medicinales. ISBN 84-305-8496-X- Traducido do castelán antigo ao galego
- ↑ http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=Hypericum+perforatum&tipo_busca=cientifico
- ↑ W. T. Parsons, E. G. Cuthbertson. Noxious Weeds of Australia. 2nd. ed. Collingwood: CSIRO Publishing, 2001, p. 389, ISBN 0-643-06514-8
- ↑ Wilfred William Robbins, Alden Springer Crafts. Weed Control: A Textbook and Manual. NY: McGraw-Hill, 1962, pp. 137, 155, 162.
- ↑ Fegert JM, Kölch M, Zito JM, Glaeske G, Janhsen K (2006). "Antidepressant use in children and adolescents in Germany". J Child Adolesc Psychopharmacol 16 (1-2): 197–206. PMID 16553540. doi:10.1089/cap.2006.16.197.
- ↑ Linde K, Berner MM, Kriston L (2008). "St John's wort for major depression". Cochrane Database Syst Rev 8 (4): CD000448. PMID 18843608. doi:10.1002/14651858.CD000448.pub3.
- ↑ La hierba de San Juan y la depresión (en inglés) Arquivado 11 de outubro de 2007 en Wayback Machine. NCCAM sobre la hierba de San Juan y la depresión]
- ↑ Detección y tratamiento de la depresión Arquivado 07 de xuño de 2013 en Wayback Machine. NIMH Sobre la depresión (incluye una sección sobre la hierba de San Juan)
- ↑ Hypericum Depression Trial Study Group (2002). "Effect of Hypericum perforatum (St John's wort) in major depressive disorder: a randomized controlled trial". JAMA 287 (14): 1807–14. PMID 11939866. doi:10.1001/jama.287.14.1807.
- ↑ Kupfer DJ, Frank E (2002). "Placebo in clinical trials for depression: complexity and necessity". JAMA 287 (23): 1853–4. PMID 11939872. doi:10.1001/jama.287.14.1853.
- ↑ Spielmans GI (2002). "St John's wort and depression". JAMA 288 (4): 448–9. PMID 12132963.
- ↑ Randløv C, Mehlsen J, Thomsen CF, Hedman C, von Fircks H, Winther K (2006). "The efficacy of St. John's Wort in patients with minor depressive symptoms or dysthymia--a double-blind placebo-controlled study". Phytomedicine 13 (4): 215–21. PMID 16423519. doi:10.1016/j.phymed.2005.11.006.
- ↑ Abeluria en PlantList Arquivado 12 de marzo de 2013 en Wayback Machine. consultado o 20 de maio de 2011
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abeluria |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Abeluria |
En castelán:
- CONICYT: Bioloxía molecular - Herba de San Xoán sorprende de novo
En inglés:
- Informe Interacción farmacolóxica coa abeluria.
- Sitio web de información sobre a abeluria Arquivado 21 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Nota: Trátase dun sitio web semicomercial.