Karl Weierstrass
Karl Theodor Wilhelm Weierstraß (escrito Weierstrass cando non está dispoñible o carácter "ß"), nado en Ostenfelde (Westfalia) o 31 de outubro de 1815 e finado en Berlín o 19 de febreiro de 1897, foi un matemático alemán que se adoita considerar como o «pai da análise moderna».
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou matemáticas na Universidade de Münster. Ademais das súas prolíficas investigacións hai que sinalar que foi profesor de cátedra na Universidade de Berlín na que tivo entre os seus discípulos a Georg Cantor, Ferdinand Georg Frobenius, Wilhelm Killing, Leo Königsberger, Carl Runge e Sofia Kovalévskaya.
Contribucións en matemáticas
[editar | editar a fonte]Citado como o «pai da análise moderna», Weierstraß deu as definicións actuais de continuidade, límite dunha función e derivada dunha función matemática, que seguen vixentes hoxe en día.
Isto permitiulle demostrar un conxunto de teoremas que estaban ata entón sen demostrar como o teorema do valor medio, o teorema de Bolzano-Weierstrass e o teorema de Heine-Borel.
Tamén realizou importantes achegas en converxencia de series, en teoría de funcións periódicas, funcións elípticas, converxencia de produtos infinitos, cálculo de variacións, análise complexa etc.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Teorema de Weierstrass
- Teorema de Bolzano-Weierstrass
- Teorema de aproximación de Weierstrass xeneralizado no teorema de Stone-Weierstrass
- Teorema de Weierstrass-Casorati
- Función elíptica de Weierstrass
- Función de Weierstrass
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Karl Weierstrass |
- Versións dixitalizadas das súas publicacións orixinais, dispoñibles online desde a biblioteca da Berlin Brandenburgische Akademie der Wissenschaften