Fredric Jameson
Fredric Jameson, nado en Cleveland (Ohio) o 14 de abril de 1934 e finado en Durham o 22 de setembro de 2024, foi un crítico e teórico literario de ideoloxía marxista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de licenciarse no Haverford College en 1954, trasladouse a Europa por un breve período, estudou en Aix en Provence, Múnic e Berlín, onde se puxo ao tanto das últimas tendencias en filosofía continental, incluído o estructuralismo. Ao ano seguinte, volveu aos Estados Unidos para facer o doutoramento na Universidade de Yale, baixo a dirección de Erich Auerbach. Obtivo recoñecemento pola súa análise das tendencias da cultura contemporánea, especialmente despois de publicar o libro Postmodernism, or the cultural logic of late capitalism ('O posmodernismo ou a lóxica cultural do tardocapitalismo', Durham: Universidade de Duke, 1991). Jameson considera o posmodernismo como a claudicación de cultura contra a presión do capitalismo organizado, pensamento que vencella coa súa teoría da posmodernidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rubín, A. (2011). Entre posmodernidade e utopía. Unha introdución ao pensamento de Fredric Jameson. Santiago de Compostela: Estaleiro Editora.