Fintan McCarthy
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de novembro de 1996 (28 anos) Skibbereen, Irlanda |
Residencia | Skibbereen |
Educación | University College Cork |
Actividade | |
Ocupación | remeiro |
Deporte | remo |
Participou en | |
xullo de 2021 | Remo nos Xogos Olímpicos de Verán de 2020 - Skiff dobre lixeiro masculino (1º) |
Familia | |
Irmáns | Jacob McCarthy |
Fintan McCarthy, nado en Skibbereen, no condado de Cork, o 23 de novembro de 1996, é un remeiro irlandés. É un campión nacional irlandés, mundial e olímpico. Gañou o Campionato do Mundo de Remo de 2019 na categoría de sculls dobres lixeiros xunto con Paul O'Donovan,[1][2] e nos Xogos Olímpicos de 2020 celebrados en Toquio, McCarthy e O'Donovan conseguiron a medalla de ouro e estabeleceron unha nova marca mundial na proba.[3] Tamén gañou a medalla de bronce en sculls individuais lixeiros no Campionato de Europa de Remo de 2020.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "2019 ICF Canoe Sprint World Championships results" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de agosto de 2019. Consultado o 26 de agosto de 2021.
- ↑ Gorman, Liam (31 de agosto de 2019). "Gold for Paul O'Donovan and Fintan McCarthy in Austria". The Irish Times.
- ↑ Brosnan, Maurice (28 de xullo de 2021). "O'Donovan and McCarthy cruise into double sculls final with awesome display". The 42.