Medalla de ouro
Aparencia
Unha medalla de ouro é unha medalla que se outorga ao campión de diversas competicións como, por exemplo, nos Xogos Olímpicos,[1] nos Campionatos Mundiais de Atletismo ou nos Campionatos Europeos de Atletismo, entre outros.
Outras medallas nos campionatos
[editar | editar a fonte]Nestas competicións, os que acaban en segundo e terceiro lugar reciben, respectivamente, a medalla de prata e a medalla de bronce.
Porén, nos primeiros Xogos Olímpicos modernos o subcampión recibía a medalla de bronce e o campión a de prata.[2] [3]
Institucións que outorgan medallas de ouro
[editar | editar a fonte]Outro tipo de institucións outorgan medallas douradas:
- Na cerimonia de entrega de certos galardóns faise entrega, así mesmo, dunha medalla de ouro aos homenaxeados:
- Premio Nobel.
- Premio Carlomagno.
- Medalla de Galicia.
- Algunhas institucións académicas, en particular as universidades, entregan unha medalla de ouro ao mellor alumno da promoción.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Estados Unidos supera las 1000 medallas de oro en la historia de los Juegos Olímpicos.". La Vanguardia. 14 de agosto de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2018.
- ↑ "Símbolos olímpicos: Bandera olímpica, llama olímpica y medallas.". fuerzaycontrol.com. Consultado o 24 de agosto de 2018.
- ↑ Pierre Lagrue (2013): Le Siècle olympique. Les Jeux et l'Histoire (Athènes, 1896-Londres, 2012). Paris: Encyclopaedia Universalis. ISBN 978-2-8522-9117-1. Consultado o 24 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Medalla de ouro |