Filicudi
Tipo | illa fracción xeográfica | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Eolias | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas Eolias | |||
Localización | ||||
División administrativa | Lípara, Italia (pt) | |||
| ||||
Bañado por | Mar Tirreno | |||
Características | ||||
Altitude | 774 m | |||
Dimensións | 3,1 () × 5,4 () km | |||
Superficie | 9,5 km² | |||
Sitio web | comunelipari.gov.it… | |||
Filicudi é unha das oito illas que compoñen as Illas Eolias, situada a 20-30 quilómetros ao nordés da illa de Sicilia. Trátase dunha fracción da comuna de Lipari.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A súa superficie total é de 9,5 quilómetros cadrados. Hai varias pequenas aldeas na illa, que inclúen Pecorini Mare e Valdichiesa. As terras de Filicudi son capaces de produciren viño, aceite de oliva, grans e hortalizas. En 1997, tres cuartas partes (7 km²) de Filicudi converteronse nunha Reserva Natural.
O punto máis alto é Monte Fossa Felci (774 m). Outros puntos inclúen Monte Montagnola (349 m) e Monte Terrione (278 m). En Capo Graziano atópanse restos dunha vila da Idade de Bronce que data do século VIII a. C. Fronte á costa, unha roca volcánica en forma de dedo La Canna de (74 m.) elévase desde o mar.
Historia
[editar | editar a fonte]O nome moderno de "Filicudi" é unha corrupción do antigo nome grego da illa, Phoenicusa (Illa fenicia). A illa, como as outras Illas Eolias, foi habitada desde o Neolítico, ao redor de 3.000 antes de Cristo. Como o demostran os achados arqueolóxicos, a illa foi ocupada por un novo pobo na Idade de Bronce. A illa estivo deshabitada durante moitos séculos ata a súa ocupación polos gregos. Restos Romanos e bizantinos tamén se poden atopar na illa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Oficial WebSite Arquivado 16 de xullo de 2012 en Wayback Machine.
- Outra website oficial Arquivado 16 de xullo de 2012 en Wayback Machine.
- Website comercial e turística de Filicudi
- Info da illa
- Mapa da Illa Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- Filicudi Society of Waltham Massachusetts