Edmonton Oilers
Edmonton Oilers | |
---|---|
Fundación | 1972 |
Cidade | Edmonton, Alberta Canadá |
Estadio | Rogers Place (18.641 espectadores) |
Liga | National Hockey League |
Conferencia | Oeste |
División | Pacific |
Campionatos | 5 |
Propietario(s) | Oilers Entertainment Group |
Director | Peter Chiarelli |
Adestrador | Todd McLellan |
Afiliado(s) | Bakersfield Condors (AHL) Wichita Thunder (ECHL) |
Cores | Laranxa, azul escuro e branco |
Na rede | |
https://www.nhl.com/oilers | |
Os Edmonton Oilers son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Edmonton, Alberta (Canadá). Dende 1979 os Oilers compiten na máxima competición de hóckey sobre xeo de América do Norte, a National Hockey League (NHL), estando encadrado na Pacific Division da Conferencia Oeste. Xogan os seus partidos como locais no Rexal Place dende 1974. O equipo gañou a Stanley Cup en cinco ocasións, ademais de gañar sete títulos de conferencia e nove de división (un deles competindo na World Hockey Association). Foron fundados en 1972 baixo o nome de Alberta Oilers para competir na World Hockey Association (WHA), trocando o seu nome na súa segunda tempada na competición polo seu nome actual.
Dende a súa fundación, os Oilers xogaron sete veces as finais da Stanley Cup (1983, 1984, 1985, 1987, 1988, 1990 e 2006), gañando o título en 1984, 1985, 1987, 1988 e 1990. Manteñen unha forte rivalidade cos seus veciños de Alberta, os Calgary Flames, coñecida como the Battle of Alberta (en galego a batalla de Alberta). A franquía de Edmonton conseguiu o Presidents' Trophy en dúas ocasións consecutivas, sendo o primeiro equipo en conseguir este galardón.
De entre todos os xogadores que vestiron a camisola dos Oilers compre destacar a Wayne Gretzky, coñecido como The Great One, considerado por moitos o mellor xogador da historia do hóckey sobre xeo.[1] Nove xogadores do equipo forman parte do Hockey Hall of Fame.[2] O equipo actual está adestrado por Todd McLellan e está liderado polo capitán Andrew Ference.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Historia dos Edmonton Oilers e Tempadas dos Edmonton Oilers.
Rivalidades
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Rivalidades da NHL e Battle of Alberta.
Os Edmonton Oilers son un dos dous equipos que representan á provincia de Alberta na NHL. O equipo mantén unha forte rivalidade cos seus veciños, os Calgary Flames. Esta rivalidade foi especialmente tensa na segunda metade da década de 1980, cando os dous equipos eran os dous mellores equipos da Campbell Conference e mesmo algúns anos, de toda a liga.
Os Oilers derrotaron aos Flames nos play-offs en 1983, 1984, 1988, e 1991, no seu camiño cara ás súas cinco Stanley Cups. Con todo, os Flames vingáronse e eliminaron os seus veciños cun gol decisivo autogol do defensa dos Oilers Steve Smith, que elevou a rivalidade a un novo nivel.[3] Os flames tiñan unha posición privilexiada nos play-offs de 1988 logo de ter gañado o Presidents' Trophy,[4] mais os Oilers os barreron nas series (4-0) para acabar gañando a Stanley Cup.[5][6]
En toda a historia ambos equipos se enfrontaron nos play-offs en cinco ocasión, nas que os Flames tan só foron capaces de eliminar os Oilers nunha ocasión na tempada 1985-86. Na liga regular, os Flames dominan cun resultado de 120 vitorias, por 110 vitorias dos Oilers e 19 empates.[7]
A continuación móstranse os resultados entre os enfrontamentos nos play-offs dos Oilers e os Flames, en letra grosa os partidos gañados polos Oilers:
Tempada | Rolda | Puntuacións | Resultados | Balance | Referencia |
---|---|---|---|---|---|
1982-83 | Final de División | 6-3 5-1 2-10 6-5 9-1 |
4-1 | 1-0 | [8] |
1983-84 | Final de División | 5-2 5-6 2-3 3-5 4-5 5-4 7-4 |
4-3 | 2-0 | [9] |
1985-86 | Final de División | 1-4 6-5 3-2 4-7 1-4 2-5 2-3 |
3-4 | 2-1 | [10] |
1987-88 | Final de Conferencia | 1-3 4-5 4-2 6-4 |
4-0 | 3-1 | [11] |
1990-91 | Semifinal de División | 1-3 3-1 4-3 5-2 5-3 1-2 4-5 |
4-3 | 4-1 | [12] |
Identidade do equipo
[editar | editar a fonte]Logo e equipación
[editar | editar a fonte]Mascota
[editar | editar a fonte]Os Oilers non posúen mascota, sendo un dos únicos tres equipos da NHL que non contan cunha, os outros dous son os New York Rangers e os Philadelphia Flyers, xa que os Dallas Stars contan dende setembro de 2014 con Victor E. Green.[13][14]
Oilers Octane
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Oilers Octane.
Na tempada 2010–11, os Oilers introduciron ás Oilers Octane, o primeiro grupo de cheerleading dun equipo canadense da NHL. As Oilers Octane están formadas por 19 mulleres entre os 18 e os 29 anos, a maioría delas procedentes da área metropolitana de Edmonton ou a provincia de Alberta.[15]
O grupo de animación ao principio non foi recibido con entusiasmo polos seareiros. Máis de 1.500 persoas asinaron unha petición online en contra, suxerindo que as mulleres non melloraban a experiencia do partido e podían mesmo obstaculizalo. Moitos consideraron que o grupo era un truco barato de relacións públicas e o consideraron irrespectuoso coas mulleres e nada relacionado co hóckey.[16]
Amais de actuar nos partidos como local dos Oilers, axudan coas promocións e a interección cos seareiros, as integrantes de Octane participan na recadación de fondo para caridade e eventos especiais.[17]
Medios de comunicación
[editar | editar a fonte]Pavillóns
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Rexall Place.
Dende 1974, os Edmonton Oilers xogan os seus partidos como local no Rexall Place, se ben as súas dúas primeiras tempadas empregou os Edmonton Gardens. Dende 2016 o equipo xogará os seus partidos como local no Rogers Place, que terá capacidade para 18.641 espectadores.[18] Ao longo da súa historia os Oilers xogaron nos seguintes pavillóns:[19]
Imaxe | Nome | Primeira tempada | Derradeira tempada | Capacidade[nota 1] |
---|---|---|---|---|
Edmonton Gardens | 1972-73 | 1973-74 | 5.200 | |
Rexall Place | 1974-1975 | 2016 | 16.839 | |
Rogers Place | 2016 | Actualmente en uso | 18.641 |
Edmonton Gardens
[editar | editar a fonte]O primeiro pavillón empregado polos Edmonton Oilers para os seus partidos como local foi o Edmonton Gardens, onde xogou dende a súa creación ata 1974, cando se trasladou ao Northlands Coliseum, que se inaugurou en novembro dese mesmo ano. Este, inaugurado en decembro de 1913, foi o primeiro pavillón que acolleu partidos de hóckey sobre xeo na cidade e tiña capacidade para 5.200 espectadores. Finalmente, o edificio foi demolido en 1982.[20]
Rexall Place
[editar | editar a fonte]Datos de asistencia no Rexall Place dende a chegada dos Oilers á NHL:[21]
|
|
Rogers Place
[editar | editar a fonte]Tempada | Asistencia media |
---|---|
2016-17 | 18.347 |
Equipos afiliados
[editar | editar a fonte]Afiliacións na WHA
[editar | editar a fonte]Período | Equipo | Liga |
---|---|---|
1973-1974 | Winston-Salem Polar Twins | SHL |
1975-1977 | Spokane Flyers | WIHL |
1976-1977 | Baltimore Clippers | SHL |
1976-1977 | Beauce Jaros | NAHL |
1977-1978 | Hampton Gulls | AHL |
1978-1979 | Dallas Black Hawks | CHL |
Afiliacións na NHL
[editar | editar a fonte]As franquías da NHL teñen un equipo limitado por convenio, polo que contan cun ou máis equipos «afiliados» que cada ano compiten en ligas menos importantes. Isto permítelles recrutar xogadores xoves na repesca anual, permitíndolles continuar o seu desenvolvemento sen comezar demasiado cedo. Ademais, estes equipos afiliados (tamén chamados clubs escola ou farm teams en inglés) constitúen unha reserva de talentos para as franquías da NHL, que os atraen a merced das lesións e/ou a pobre formación do equipo. A excepción dos equipos propietarios do seu propio club escola, as afiliacións finalizan cun acordo contractual e non se conxean no tempo. Dende os seus inicios, os Oilers tiveron as seguintes afiliacións secundarias:[22]
Período | Equipo | Liga |
---|---|---|
1979-1980 | Houston Apollos | CHL |
1980-1982 | Wichita Wind | CHL |
1982-1984 | Moncton Alpines | AHL |
1984-1988 | Nova Scotia Oilers | AHL |
1988-1996 | Cape Breton Oilers | AHL |
1990-1991 | Kansas City Blades† | IHL |
1996-2003 | Hamilton Bulldogs | AHL |
2003-2004 | Toronto Roadrunners | AHL |
2004-2005 | Edmonton Roadrunners | AHL |
2005-2006 | Hamilton Bulldogs† | AHL |
2005-2006 | Iowa Stars† | AHL |
2007-2010 | Springfield Falcons | AHL |
2010-2015 | Oklahoma City Barons | AHL |
2015-2017 | Bakersfield Condors | AHL |
- (†) afiliacións parciais.
Afiliacións secundarias
[editar | editar a fonte]Ademais destes equipos, as franquías da NHL posúen unha ou dúas afiliacións denominadas «secundarias» con equipos que compiten en ligas menores. Estes equipos son empregados xeralmente como depósito de xogadores para os equipos anteriores en caso de ausencias por lesión de xogadores ou partidos cun equipo da NHL. Ao longo da súa historia, os Oilers tiveron as seguintes afiliacións secundarias:[22]
Período | Equipo | Liga |
---|---|---|
1979-1980 | Dayton Gems | IHL |
1980-1984 | Milwaukee Admirals | IHL |
1984-1987 | Muskegon Lumberjacks | IHL |
1987-1988 | Milwaukee Admirals | IHL |
1989-1990 | Phoenix Roadrunners | IHL |
1992-1996 | Wheeling Thunderbirds | ECHL |
1996-1997 | Wheeling Nailers | ECHL |
1997-1999 | New Orleans Brass | ECHL |
2000-2001 | Tallahassee Tiger Sharks | ECHL |
2001-2002 | Columbus Cottonmouths | ECHL |
2003-2004 | Columbus Cottonmouths | ECHL |
2004-2006 | Greenville Grrrowl | ECHL |
2006-2013 | Stockton Thunder | ECHL |
2015-2017 | Norfolk Admirals | ECHL |
Personalidades
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]Equipo actual
[editar | editar a fonte]Esta sección presenta o equipo de xogadores dos Edmonton Oilers. Este efectivo pode variar ao longo da tempada en función das lesións e os reforzos procedentes dos equipos afiliados a Edmonton: os Bakersfield Condors da American Hockey League e os Norfolk Admirals da ECHL.
Actualizado o 17 de setembro de 2015.[23]
Capitáns
[editar | editar a fonte]Dende a súa primeira tempada na NHL, o equipo dos Oilers tivo dezaxete capitáns. O primeiro capitán da historia da franquía foi nomeado na tempada 1972-73, cando o equipo comezou a competir na WHA, e foi Al Hamilton, que ocupou o posto durante catro tempadas.[19] O actual capitán do equipo é o defensa de Edmonton Andrew Ference, que foi nomeado o 29 de setembro de 2013 tras chegar ao equipo procedente dos Boston Bruins.[24] Agás os estadounidenses Lee Fogolin e Doug Weight, todos os capitáns da historia dos Oilers naceron no Canadá. Os diferentes xogadores que teñen sido capitáns do equipo ao longo da súa historia foron:[25][26]
Nome(s) | Período |
---|---|
Al Hamilton | 1972–76 |
Glen Sather | 1976–77 |
Paul Shmyr | 1977–79 |
Ron Chipperfield | 1979–80 |
Blair MacDonald | 1980–81 |
Lee Fogolin | 1980–83 |
Wayne Gretzky | 1983–88 |
Mark Messier | 1988–91 |
Kevin Lowe | 1991–92 |
Craig MacTavish | 1992–94 |
Shayne Corson | 1994-95 |
Kelly Buchberger | 1995–99 |
Doug Weight | 1999–2001 |
Jason Smith | 2001–07 |
Ethan Moreau | 2007–10 |
Shawn Horcoff | 2010–13 |
Andrew Ference | 2013–15 |
Connor McDavid | 2016-presente |
Eleccións na primeira rolda do draft
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lista de eleccións no Draft dos Calgary Flames.
Cada ano dende 1963, os xogadores das ligas menores teñen a posibilidade de asinar contratos coas franquías da NHL. Esta sección presenta os xogadores que foron elixidos polos Oilers na primeira rolda do draft. Estas eleccións poden ser intercambiadas, polo que un ano, os Oilers ben poden non ter escollido na primeira rolda ou, pola contra, poden ter escollido a máis dun xogador. Os Oilers escolleron en primeira posición en catro ocasións (2010, 2011, 2012 e 2015). A continuación móstranse as eleccións na primeira rolda do draft da NHL dos Edmonton Oilers:[27]
Líderes históricos
[editar | editar a fonte]A seguinte táboa mostra os dez xogadores que máis puntos, goles e asistencias conseguiron cos Edmonton Oilers. Wayne Gretzky lidera os tres apartados logo de xogar 10 tempadas no equipo. A táboa inclúe os rexistros na liga regular tanto na NHL como na WHA:[28]
Nota: Pos = Posición; PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; PPP = Puntos por partido; GPP = Goles por partido; APP = Asistencias por partido
|
|
|
Números retirados
[editar | editar a fonte]Os Edmonton Oilers teñen retirado sete dorsais. Un destes números, o 99 de Wayne Gretzky, foi retirado de todos os equipos da liga. O número 3 de Al Hamilton foi o primeiro en ser retirado. Coa excepción do dorsal de Hamilton, todos os números retirados pertenceron a xogadores da época dourada dos Oilers, que entre 1984 e 1990 gañaron cinco Stanley Cups. Os números retirados pola franquía de Edmonton son os seguintes:[19]
Nº | Xogador | Posición | Carreira | Data da retirada |
---|---|---|---|---|
3 | Al Hamilton | D | 1972–80 | 10 de outubro de 1980 1 |
7 | Paul Coffey | D | 1980–87 | 18 de outubro de 2005 |
9 | Glenn Anderson | RW | 1980–91, 1995–96 | 18 de xaneiro de 2009 |
11 | Mark Messier | LW | 1979–91 | 27 de febreiro de 2007 |
17 | Jari Kurri | RW | 1980–90 | 6 de outubro de 2001 |
31 | Grant Fuhr | G | 1981–91 | 9 de outubro de 2003 |
99 2 | Wayne Gretzky | C | 1978–88 | 1 de outubro de 1999 |
- NotAs:
- 1 A cerimonia tivo lugar o 4 de abril de 2001.
- 2 O número 99 de Gretzky foi retirado de toda a NHL o 6 de febreiro de 2000.[29]
Adestradores
[editar | editar a fonte]Ao longo da historia dos Oilers, vinte adestradores distintos dirixiron ao equipo. Algúns como Bill Hunter e Glen Sather dirixiron ao equipo en diferentes períodos. O seu primeiro adestrador dos daquela chamados Alberta Oilers foi Ray Kinasewich, que dirixiu o equipo na súa primeira tempada na World Hockey Association (WHA). Posteriormente, xa na NHL, o primeiro adestrador do equipo foi Glen Sather, quen dirixiría ao equipo en tres períodos distintos cun total de 842 partidos adestrados coa franquía de Edmonton. Foi precisamente baixo a dirección de Sather con quen o equipo conseguiu os seus maiores logros, conseguindo gañar catro das cinco Stanley Cups que posúen. O outro adestrador co que os Oilers conseguiron gañar a liga foi John Muckler, na súa primeira tempada no banco.[30][31]
Nº | Nome | Tempadas | Liga regular | Play-offs | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
PA | v | D | E | % V | PA | V | D | % V | |||
1 | Ray Kinasewich | 1972–73 | 45 | 20 | 23 | 2 | 0.467 | – | – | – | – |
2 | Bill Hunter | 1972–73 | 26 | 14 | 11 | 1 | 0.558 | 1 | 0 | 1 | 0.000 |
3 | Brian Shaw | 1973–74 a 1974–75 | 137 | 68 | 63 | 6 | 0.518 | 5 | 1 | 4 | 0.200 |
– | Bill Hunter | 1974–75 | 19 | 6 | 12 | 1 | 0.342 | – | – | – | – |
4 | Clare Drake | 1975–76 | 48 | 18 | 28 | 2 | 0.396 | – | – | – | – |
– | Bill Hunter | 1975–76 | 33 | 9 | 21 | 3 | 0.318 | 4 | 0 | 4 | 0.000 |
5 | Bep Guidolin | 1976–77 | 63 | 25 | 36 | 2 | 0.413 | – | – | – | – |
6 | Glen Sather | 1976–77 a 1978–79 | 178 | 95 | 76 | 7 | 0.553 | 23 | 8 | 15 | 0.348 |
Nº | Nome | Tempadas | Liga regular | Play-offs | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
PA | V | D | E | OT | Pts % | PA | V | D | % V | |||
1 | Glen Sather | 1979–80 | 80 | 28 | 39 | 13 | – | 0.431 | 3 | 0 | 3 | 0.000 |
2 | Bryan Watson | 1980–81 | 18 | 4 | 9 | 5 | – | 0.361 | – | – | – | – |
– | Glen Sather | 1980–81 a 1988–89 | 702 | 414 | 202 | 86 | – | 0.651 | 123 | 89 | 34 | 0.724 |
3 | John Muckler | 1989–90 a 1990–91 | 160 | 75 | 65 | 20 | – | 0.531 | 40 | 25 | 15 | 0.625 |
4 | Ted Green | 1991–92 a 1993–94 | 188 | 65 | 102 | 21 | – | 0.402 | 16 | 8 | 8 | 0.500 |
– | Glen Sather | 1993–94 | 60 | 22 | 27 | 11 | – | 0.458 | – | – | – | – |
5 | George Burnett | 1994–95 | 35 | 12 | 20 | 3 | – | 0.386 | – | – | – | – |
6 | Ron Low | 1994–95 a 1998–99 | 341 | 139 | 162 | 40 | – | 0.466 | 28 | 10 | 18 | 0.357 |
7 | Kevin Lowe | 1999–2000 | 82 | 32 | 26 | 16 | 8 | 0.537 | 5 | 1 | 4 | 0.200 |
8 | Craig MacTavish | 2000–01 a 2008–09 | 656 | 301 | 252 | 47 | 56 | 0.537 | 36 | 19 | 17 | 0.528 |
9 | Pat Quinn | 2009–10 | 82 | 27 | 47 | – | 8 | 0.378 | – | – | – | – |
10 | Tom Renney | 2010–11 a 2011–12 | 164 | 57 | 85 | – | 22 | 0.415 | – | – | – | – |
11 | Ralph Krueger | 2012–13 | 48 | 19 | 22 | – | 7 | 0.469 | – | – | – | – |
12 | Dallas Eakins | 2013–14 a 2014–15 | 113 | 36 | 63 | – | 14 | 0.381 | – | – | – | – |
13 | Todd Nelson | 2014–15 | 51 | 17 | 25 | – | 9 | 0.422 | – | – | – | – |
14 | Todd McLellan | 2015–16 a 2016–17 | Adestrador actual |
Directores xerais
[editar | editar a fonte]Dende a creación da franquía en 1971, os Edmonton Oilers tiveron nove general managers. O primeiro en ocupar o posto foi Bill Hunter, coa franquía aínda na World Hockey Association (WHA), ocupando o posto durante cinco anos, mentres que Larry Gordon foi o primeiro general manager da franquía na National Hockey League (NHL). De todos os general managers da franquía, Glen Sather foi o único introducido no Hóckey Hall of Fame na categoría de "Construtores", e co que a franquía conseguiu os seus maiores logros.[32] Dende abril de 2015 Peter Chiarelli ocupa o cargo logo de suceder a Craig MacTavish, quen estivera á fronte da franquía os dous anos anteriores.
Director Xeral | Inicio | Fin | Referencias |
---|---|---|---|
Bill Hunter | 1 de novembro de 1971 | 1976 | [33][34] |
Bep Guidolin | Agosto 1976 | 1977 | [34][35] |
Brian Conacher | 1977 | 1978 | [34] |
Larry Gordon | 26 de abril de 1978 | Xuño de 1980 | [34][36] |
Glen Sather | Xuño de 1980 | 9 de xuño de 2000 | [34][37] |
Kevin Lowe | 9 de xuño de 2000 | 31 de xullo de 2008 | [38][39] |
Steve Tambellini | 31 de xullo de 2008 | 15 de abril de 2013 | [39][40] |
Craig MacTavish | 15 de abril de 2013 | 24 de abril de 2015 | [40][41] |
Peter Chiarelli | 24 de abril de 2015 | – | [41] |
Membros do Hall of Fame
[editar | editar a fonte]Dende 1945, o Hockey Hall of Fame recoñece ás personalidades do hóchey sobre xeo que marcaron este deporte.
Xogadores
[editar | editar a fonte]9 xogadores dos Oilers forman parte do Hall of Fame:[42][43]
Nome | Nacionalidade | Posición | Período(s) nos Oilers | Ano de entrada |
---|---|---|---|---|
Glenn Anderson | RW | 1980–91, 1995–96 | 2008 | |
Paul Coffey | D | 1980–87 | 2004 | |
Grant Fuhr | G | 1981–91 | 2003 | |
Wayne Gretzky | C | 1978–88 | 1999 | |
Jari Kurri | RW | 1980–90 | 2001 | |
Mark Messier | LW | 1979–91 | 2007 | |
Adam Oates | C | 2003–04 | 2012 | |
Jacques Plante | G | 1974–75 | 1978 | |
Norm Ullman | C | 1975–77 | 1982 |
Outras personalidades no Hall of Fame
[editar | editar a fonte]Trofeos da NHL e internos
[editar | editar a fonte]Trofeos colectivos
[editar | editar a fonte]- Stanley Cup
A Stanley Cup é o premio final da National Hockey League, e coroa ao mellor equipo das series eliminatorias. Os Edmonton Oilers gañaron o trofeo en cinco ocasións ao longo da súa historia, tendo chegado en 18 ocasións á final da Stanley Cup:[44]
- Presidents' Trophy
A primeira vez que se entregou o Presidents' Trophy ao mellor equipo da liga regular foi na tempada 1985-86. Dende aquela os Oilers gañaron dúas veces o Presidents' Trophy, sendo o primeiro equipo en conseguir o trofeo:[45][nota 4]
- Clarence S. Campbell Bowl
O Clarence S. Campbell Bowl é actualmente o trofeo outorgado ao campión da Conferencia Oeste. Os Oilers gañaron este galardón en sete ocasións ao longo da súa historia:[46]
Trofeos individuais
[editar | editar a fonte]- Art Ross Trophy
O trofeo Art Ross é outorgado ao xogador que máis puntos conseguiu na liga regular. Wayne Gretzky gañou o trofeo en sete ocasións consecutivas durante a súa etapa nos Oilers:[47]
- Conn Smythe Trophy
O trofeo Conn Smythe é entregado cada ano dende a tempada1964-1965 ao mellor xogador[nota 5] das series eliminatorias. Na historia da franquía tres xogadores gañaron o trofeo:[48]
- Hart Memorial Trophy
O trofeo Hart (en inglés Hart Memorial Trophy) é entregado ao mellor xogador da liga regular por votación da Asociación Profesional da Prensa Escrita. Esta distinción é entregada dende 1923 e dous xogadores dos Oilers a teñen conseguido dende aquela:[49]
- Wayne Gretzky: 1979–80, 1980–81, 1981–82, 1982–83, 1983–84, 1984–85, 1985–86, 1986–87
- Mark Messier: 1989–90
- Jack Adams Award
O trofeo Jack Adams é outorgado dende a tempada 1973-74 ao mellor adestrador da tempada. Glen Sather é o único adestrador de Edmonton que ten conseguido esta distinción:[50]
- James Norris Memorial Trophy
Ao final da tempada, o mellor defensor da NHL recibe o trofeo James Norris. Un único defensa dos Oilers conseguiu o trofeo:[51] Os defensores dos Bruins que teñen conseguido o trofeo son:
- King Clancy Memorial Trophy
O trofeo King Clancy premia cada ano ao xogador que demostrou o mellor exemplo de liderado dentro e fóra da pista e teña contribuído á sociedade. Dous xogadores dos Bruins teñen conseguido este galardón:[52]
- Lady Byng Memorial Trophy
O trofeo Lady Byng é outorgado ao xogador que se considera que ten o mellor espírito deportivo, mantendo un rendemento excepcional no xeo; a Asociación de Xornalistas de hóckey profesional outorga os votos para atribuír o trofeo tendo en conta tanto o rendemento no xeo como o número de minutos de penalización acumulados. Os xogadores dos Bruins que teñen recibido o trofeo Lady Byng son:[53]
- Lester B. Pearson Award
O Lester B. Pearson Award é outorgado anualmente ao "xogador máis destacado" da NHL por votación da Asociación de Xogadores da NHL.[nota 6] Dous xogadores dos Oilers recibiron o galardón:[54]
- NHL Plus/Minus Award
O premio Plus/Minus da NHL foi concedido entre 1983 e 2007 ao xogador con mellor rexistro de plus/minus. Os seguintes xogadores dos Flames teñen conseguido o galardón na historia da franquía:[55]
- Vezina Trophy
O trofeo Vézina é un trofeo concedido aos porteiros da NHL. De 1927 a 1982, o trofeo premiaba ao mellor porteiro da liga regular. Tiny Thompson, que foi o primeiro xogador dos Bruins en gañar o trofeo, ostenta tamén o récord para un xogador da franquía de Boston con catro trofeos Vézina gañados:[56]
Trofeos internos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A capacidade dos pavillóns que se indica corresponde ao número de espectadores en competicións de hóckey sobre xeo.
- ↑ As posicións aparecen coas súas abreviaturas en inglés:
*G: Goalie (porteiro)
*C: Center (central)
*W: Winger (Aleiro -dereito sinalado con "R" e esquerdo sinalado con "L"-)
*D: Defenceman (defensa). - ↑ As abreviaturas "S" e "G" fan referencia á man que o xogador emprega para golpear o puck (en galego, disco) co stick (S) (en galego, pau de hockey) ou a que empregan os porteiros para collelo coa garda (G).
- ↑ Antes da creación do Presidents' Trophy os Oilers finalizaron co mellor rexistro de puntos a liga regular na tempada 1983-84.
- ↑ Denominado en inglés Most Valuable Player ou MVP.
- ↑ O Lester B. Pearson Award é denominado dende tempada 2009-10 Ted Lindsay Award.
- Referencias
- ↑ "Wayne Gretzky" (en inglés). Encyclopædia Britannica. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2021. Consultado o 25 de febreiro de 2021.
- ↑ "Players. Team. Edmonton Oilers". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ Strachan, Al (May 1, 1986). "Flukey Flame goal halts Oilers' reign". The Globe and Mail. p. D9.
- ↑ Sports Publishing LLC (ed.). "1987-88 NHL Season Standings". Hockey-Reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2015. Consultado o 9 de abril de 2015.
- ↑ Strachan, Al (April 26, 1988). "Flames go out as Oilers sweep series". The Globe and Mail. p. A23.
- ↑ Loewen, Gary (May 27, 1988). "Oilers sweep Bruins to win Stanley Cup". The Globe and Mail. p. A1.
- ↑ mcubed.net (ed.). "Series records : Calgary Flames(H) against Edmonton Oilers(A)" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2015.
- ↑ "1983 NHL Smythe Division Finals: CGY vs. EDM". Hockey-Reference.com (en inglés). Consultado o 2022-11-16.
- ↑ hockey-reference.com (ed.). "1984 NHL Stanley Cup Smythe Division Finals. Edmonton Oilers defeat Calgary Flames 4-3" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 9 de abril de 2015.
- ↑ hockey-reference.com (ed.). "1986 NHL Stanley Cup Smythe Division Finals. Calgary Flames defeat Edmonton Oilers 4-3" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2015. Consultado o 9 de abril de 2015.
- ↑ hockey-reference.com (ed.). "1988 NHL Stanley Cup Smythe Division Finals. Edmonton Oilers defeat Calgary Flames 4-0" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2015. Consultado o 9 de abril de 2015.
- ↑ hockey-reference.com (ed.). "1991 NHL Stanley Cup Smythe Division Semi-Finals. Edmonton Oilers defeat Calgary Flames 4-3" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 9 de abril de 2015.
- ↑ "10 Interesting Facts About the Edmonton Oilers" (en inglés). Hockey Site in Canada. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2010. Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ "Dallas Stars get a weird new mascot". sportingnews.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 25 de setembro de 2015.
- ↑ "Oilers Octane Roster" (en inglés). Edmonton Oilers. Consultado o 25 de setembro de 2015.
- ↑ "Oilers debut new cheer team". CBC News (en inglés). 14 de decembro de 2010. Consultado o 25 de setembro de 2015.
- ↑ "Oilers Octane Debut at Rexall Place". Edmonton Oilers (en en]). 14 de decembro de 2010. Consultado o 25 de setembro de 2015.
- ↑ "Edmonton media get sneak peek at downtown arena construction site". Edmonton Sun (en inglés). 2 de xuño de 2014. Consultado o 26 de xullo de 2015.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 "Edmonton Oilers WHA" (en inglés). sportsecyclopedia.com. Consultado o 7 de xullo de 2015.
- ↑ "Edmonton Gardens" (en inglés). hockey.ballparks.com. Consultado o 15 de outubro de 2017.
- ↑ "Edmonton Oilers Yearly Attendance Graph" (en inglés). www.hockeydb.com. Consultado o 7 de xullo de 2015.
- ↑ 22,0 22,1 "Edmonton Oilers [NHL] Farm Teams" (en inglés). www.hockeydb.com. Consultado o 6 de xullo de 2015.
- ↑ "Oilers Roster". Edmonton Oilers. Consultado o 17 de setembro de 2015.
- ↑ Edmonton Oilers Press Release (29 de setembro de 2013). "Ference named captain" (en inglés). Edmonton Oilers. Consultado o 7 de xullo de 2015.
- ↑ "An Oilers History Lesson: Edmonton’s Captains Through the Years" (en inglés). The Hockey Writers. 6 de setembro de 2013. Consultado o 7 de xullo de 2015.
- ↑ "Edmonton Oilers Captains" (en inglés). Hockey-Reference.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2015. Consultado o 7 de xullo de 2015.
- ↑ "Edmonton Oilers Draft History" (en inglés). www.hockeydb.com. Consultado o 7 de xullo de 2015.
- ↑ "All-Time Regular Season Leaders" (en inglés). oilfans.com. Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ "Gretzky's number retired before All-Star Game". Sports Illustrated (en inglés). 7 de febreiro de 2000. Archived from the original on 18 de marzo de 2013. Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ "Edmonton Oilers Statistics and History [WHA]" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 15 de outubro de 2017.
- ↑ "Edmonton Oilers Statistics and History [NHL]" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 15 de outubro de 2017.
- ↑ "Builders. Glen Sather. Biography". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ Greig, Murray (9 de outubro de 2012). "WHA Oilers were Wild Bill Hunter's baby". Toronto Sun (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ 34,0 34,1 34,2 34,3 34,4 "A visualized history of the Edmonton Oilers". Edmonton Journal (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ "Edmonton Oilers, EEA Reach Coliseum Accord". The Daily Times (en inglés) (Newspapers.com). 22 de agosto de 1976. p. 19. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2015. Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ "Sports Transactions". The News-Palladium (en inglés) (Newspapers.com). 27 de abril de 1978. p. 28. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2015. Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ Diamos, Jason (20 de maio de 2000). "HOCKEY; Sather One Step Closer to the Rangers". The New York Times (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ Diamos, Jason (June 10 de xuño de 2000). "HOCKEY; Lowe to Stay With Oilers As the General Manager". The New York Times (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ 39,0 39,1 "Oilers announce new Hockey Ops structure" (en inglés). Edmonton Oilers. 31 de xullo de 2008. Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ 40,0 40,1 Dittrick, Ryan (15 de abril de 2013). "Oilers appoint Craig MacTavish as general manager" (en inglés). Edmonton Oilers. Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ 41,0 41,1 "Oilers Entertainment Group Announces Changes to Senior Management" (en inglés). Edmonton Oilers. 24 de abril de 2015. Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ "Legends of Hockey -- Honoured Members -- Players -- Edmonton Oilers". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 30 de setembro de 2015.
- ↑ "Legends of Hockey -- Honoured Members -- Players -- Induction Year". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 30 de setembro de 2015.
- ↑ "«Legends of Hockey -- Silverware -- NHL Trophies -- Stanley Cup»". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 8 de xullo de 2015.
- ↑ "«Legends of Hockey -- Silverware -- NHL Trophies -- Presidents' Trophy Winners»". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 8 de xullo de 2015.
- ↑ "«Legends of Hockey -- Silverware -- NHL Trophies -- Clarence S. Campbell Bowl»". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 8 de xullo de 2015.
- ↑ National Hockey League (ed.). "Vezina Trophy" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2015.
- ↑ National Hockey League (ed.). "Conn Smythe Trophy" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2015.
- ↑ National Hockey League (ed.). "Hart Memorial Trophy" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2015.
- ↑ "Jack Adams Award" (en inglés). National Hockey Leagu. Consultado o 8 de xullo de 2015.
- ↑ "James Norris Memorial Trophy" (en inglés). National Hockey League. Consultado o 8 de xullo de 2015.
- ↑ "King Clancy Trophy" (en inglés). National Hockey League. Consultado o 8 de xullo de 2015.
- ↑ "Lady Byng Memorial Trophy" (en inglés). National Hockey League. Consultado o 8 de xullo de 2015.
- ↑ "Ted Lindsay Award" (en inglés). National Hockey League. Consultado o 8 de xullo de 2015.
- ↑ NHL.cz (ed.). "Bud Light Plus-Minus Award" (en checo). Archived from the original on 06 de outubro de 2007. Consultado o 8 de xullo de 2015.
- ↑ "Vezina Trophy" (en inglés). National Hockey League. Consultado o 8 de xullo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edmonton Oilers |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gaschnitz, Michael (2003). The Edmonton Oilers (en inglés). McFarland. ISBN 0-7864-1252-6.
- Mole, Rich (2006). Edmonton Oilers: Against All Odds (en inglés). Heritage House Publishing. ISBN 1-55439-227-6.