Luleå
Julevu (smj) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Suecia | |||
Condado | Condado de Norrbotten | |||
Municipios | Concello de Luleå | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 49.123 (2020) (1.726,64 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 2.845 ha | |||
Altitude | 6 m | |||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 97X XX | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 0920 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | lulea.se |
Luleå (västerbottnisk: Lul, Leul ou Leol; saami de Lule: Luleju) é unha cidade na costa do norte de Suecia. É tamén a capital do condado de Norrbotten, o máis setentrional do país, e do municipio de Luleå. No ano 2017 a cidade tiña 44 054 habitantes, e o municipio 77 482.[1]
Luleå ten o sétimo porto comercial máis grande de Suecia.[2] Ten unha grande industria do aceiro e é un centro de investigación extensa. A Universidade de Tecnoloxía de Luleå (Luleå tekniska universitet) é unha das tres universidades tecnolóxicas do país e a universidade máis ao norte de Suecia.
Historia
[editar | editar a fonte]Na Idade Media Luleå tiña un mercado, un porto e unha parroquia onde hoxe se atopa Gammelstad (cidade vella), a uns 2 quilómetros ao noroeste da presente cidade. A carta real da cidade foi concedida en 1621 polo rei Gustavo II Adolfo de Suecia. No ano 1649 tivo que ser transladada á súa situación actual debido ao axuste posglacial que fixo que a baía se volvese moi pouco profunda impedindo entrar aos barcos. Erik Eriksson Niure foi o encargado de buscar o novo lugar para a cidade e elaborou un patrón de cuadrícula nunha zona que xa tiña un porto construído.
A aldea-igrexa de Gammelstad foi declarada pola Unesco Patrimonio da Humanidade.[3]
No ano 1805 Luleå tiña só 947 habitantes, pero en 1865 Luleå substituíu a Piteå como capital do condado de Norrbotten county e pasou a ter 1 400 habitantes. Na década de 1860 tamén se comezaron a establecer industrias na cidade.[4]
Luleå foi pasto de varios incendios en 1653, 1657 e 1887. Tras os dous primeiros gran parte da poboación regresou a Gammelstad, e só volveu á nova cidade obrigados pola intervención do goberno.[5] O último deles foi especialmente devastador, destruíndo a meirande parte da cidade e salvándose só un feixe de edificios. A catedral neogótica (orixinalmente chamada igrexa Oscar Fredrik) é o edificio máis grande de Luleå, medindo 67 metros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Statistiska centralbyrån (ed.). "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2018 och befolkningsförändringar 1 januari–31 mars 2018". Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ Luleå Hamn (ed.). "Port of Luleå". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2018. Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ Unesco (ed.). "Church Town of Gammelstad, Luleå". Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ Carlquist, Gunnar (1937). Svensk Uppslagsbok AB, ed. Svensk uppslagsbok. Malmö. p. 787.
- ↑ Carlquist, Gunnar (1937). Svensk Uppslagsbok AB, ed. Svensk uppslagsbok. Malmö. pp. 786–787.