[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Editorial SEPT

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Editorial SEPT
Tipoeditorial
Data de fundación1966
SedeVigo
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

A editorial SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos), é unha editorial fundada en Santiago de Compostela en 1966 co obxectivo de editar e difundir publicacións de carácter relixioso, cultural, informativo, social e económico. Ten o seu domicilio en Vigo[1].

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A primeira reunión de cara á súa fundación tivo lugar en Santiago de Compostela o 24 de xullo de 1965[2], se ben non se creou formalmente até 1966[3]. Foi o primeiro grupo editorial en editar a Biblia en galego. Foron os seus presidentes Xaime Illa Couto, Domingo Fernández del Riego e Alfonso Zulueta de Haz.

O seu significado pode resumirse nesta cita de Andrés Torres Queiruga na súa colaboración no libro Los Gallegos[4]:

Un grupo de laicos, tras una larga y difícil fidelidad a la Iglesia, han conseguido fundar una editorial, SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos), que quiere ser órgano de una nueva conciencia cristiana en lo religioso, lo económico, lo social y lo político. La lista de sus publicaciones, modesta todavía pero seria y digna, constituye ya un servicio insustituible en la renovación del cristianismo gallego (...) Dentro del horizonte de las esperanzas inmediatas, destaca la traducción de la Biblia al gallego -hasta ahora sólo existen traducciones parciales- en la que trabajan la mayor parte de los biblistas gallegos.
  1. "SEPT. Sociedade de Estudios, Publicacións e Traballos". Culturagalega.info. 
  2. "Notas". Grial (9): 379. xullo-setembro 1965. 
  3. Freixanes, V. (26 de outubro de 2014). "A Biblia en galego". La Voz de Galicia. 
  4. Fabra Barreiro, G. (1984). Istmo, ed. Los Gallegos. Madrid. ISBN 84-7090-006-4.  Sección 10. La religión y la Iglesia, pax. 500

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Pastoriza Rozas, Xosé L. (2020). "Servicio de Edicións, Publicacións e Traducións (SEPT)". En Grial, 228, tomo LVIII.