Gran Premio de Mónaco de 2023
Tipo | Gran Premio de Mónaco |
---|---|
Deporte | Formula racing |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023 |
Distancia do evento | 78 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556 |
Lonxitude | 3,337 km |
País | Mónaco |
Intervalo de tempo | 26 de maio de 2023 – 28 de maio de 2023 |
O Gran Premio de Mónaco de 2023 (oficialmente Formula 1 Grand Prix de Monaco 2023) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 28 de maio de 2023 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, un circuíto urbano que atravesa o Principado de Mónaco. Foi a sétima rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023, a 80ª vez que se celebrou o Gran Premio de Mónaco.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]O evento celebrarase durante a fin de semana do 26 ao 28 de maio de 2023.[1] Foi a sexta proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023. O Gran Premio da Emilia-Romaña previamente programado cancelouse debido ás inundacións na rexión.[2][3]
O MCL60 de McLaren correrá cunha decoración especial para celebrar o 60º aniversario do logro de McLaren da Tripla coroa do automobilismo, sendo McLaren o único equipo de automobilismo que a acadou ata 2023. Esta librea tamén correrá na próxima carreira en España.[4] O coche pintouse en tres segmentos para conmemorar a primeira vitoria de McLaren en cada unha das carreiras. A parte traseira do coche de cor papaia en referencia ao McLaren M16C/D co que Johnny Rutherford gañou as 500 Millas de Indianápolis de 1974, no medio a cor branca en homenaxe ao McLaren MP4/2 que conducía Alain Prost cando gañou o Gran Premio de Mónaco de 1984, e a parte dianteira de cor negra en recoñecemento ao McLaren F1 GTR co que JJ Lehto, Yannick Dalmas e Masanori Sekiya conseguiron a vitoria nas 24 Horas de Le Mans de 1995.[5][6] Mentres que a librea que McLaren presentou para as 500 Millas de Indianápolis de 2023 utiliza os mesmos aspectos de deseño en tres coches diferentes,[7] a librea utilizada no MCL60 combina os tres deseños separados nun só.
Clasificación do campionato antes da carreira
[editar | editar a fonte]De cara á fin de semana, Max Verstappen lidera o Campionato do Mundo de Pilotos con 119 puntos, 14 puntos por diante do seu compañeiro de equipo Sergio Pérez Mendoza en segundo lugar e 44 por diante de Fernando Alonso en terceiro lugar. Red Bull Racing, con 224 puntos, lidera o Campionato de Construtores por diante de Aston Martin e Mercedes, que son segundo e terceiro con 102 e 96 puntos, respectivamente.[8]
Pneus dispoñibles
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Pneumáticos de Fórmula 1.
O provedor de pneumáticos Pirelli trouxo os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 (designados como duro, medio e brando, respectivamente) para que os equipos os utilicen no evento.[9]
Pneus para pista seca | Pneus para chuvia | |||
---|---|---|---|---|
Duros (Tipo C3) |
Medios (Tipo C4) |
Brandos (Tipo C5) |
Intermedios |
Chuvia |
Clasificación
[editar | editar a fonte]A clasificación celebrouse o 27 de maio de 2023 ás 16:00 hora local (UTC+2).[1]
Informe de cualificación
[editar | editar a fonte]Max Verstappen estableceu o tempo máis rápido nas tres sesións. Durante a primeira quenda, o tempo de Carlos Sainzr na súa primeira volta eliminouse debido a que superaba os límites da pista. Sergio Pérez saíuse na curva inicial de St. Devote, marcando con bandeira vermella a quenda e danando o seu coche. Debido a isto, comezará na última posición. Non é a primeira vez que Pérez se estrela na clasificación, fixérao durante a carreira de Mónaco o ano anterior, así como en Melbourne a principios da tempada. O seu compañeiro de equipo Verstappen golpeou o muro tras o reinicio, pero non rexistrou danos. Ao final da primeira quenda, Logan Sargeant, o dúo Haas de Kevin Magnussen e Nico Hülkenberg, Guanyu Zhou e Pérez quedaron eliminados.
Durante a segunda quenda, Lando Norris golpeou o muro da chicana Tabac, causando danos leves ao seu coche. Con todo, pasou a terceira quenda, o seu compañeiro de equipo Oscar Piastri non o faría. Xuntáronse a el Nyck de Vries, Alexander Albon, Lance Stroll e Valtteri Bottas.
Durante a terceira e última quenda, Norris sairía máis tarde despois de reparar rapidamente o seu coche, aínda que non puido vencer a Yuki Tsunoda ata a liña. A quenda resultou ser a máis apertada da fin de semana xa que Verstappen fixo a volta rápida durante os últimos minutos da sesión. Xusto antes de que rematase a sesión e antes de que Verstappen marcase a súa pole, Fernando Alonso (en segundo lugar), Esteban Ocon (en cuarta) e Charles Leclerc (en terceira cunha breve investigación por estorbar a Norris) todos marcaron volta rápida. Leclerc mostrouse insatisfeito co resultado, dicindo que "loitou moito co coche", mentres que Verstappen dixo que "na cualificación hai que dar todo e arriscar todo". Mentres tanto, Lewis Hamilton, Pierre Gasly e George Russell ocuparon a sexta, sétima e oitava posición respectivamente.[10][11]
Leclerc caeu ao sexto lugar despois de que os comisarios investigasen a súa obstaculación a Norris na Q3.[12]
Cualificación clasificatoria
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempos cualificación | Grella | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 1 | Max Verstappen | Red Bull Racing-Honda RBPT | 1:12.386 | 1:11.908 | 1:11.365 | 1 |
2 | 14 | Fernando Alonso | Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:12.886 | 1:12.107 | 1:11.449 | 2 |
3 | 16 | Charles Leclerc | Ferrari | 1:12.912 | 1:12.103 | 1:11.471 | 6[13] |
4 | 31 | Esteban Ocon | Alpine-Renault | 1:12.967 | 1:12.248 | 1:11.553 | 3 |
5 | 55 | Carlos Sainz | Ferrari | 1:12.717 | 1:12.210 | 1:11.630 | 4 |
6 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:12.872 | 1:12.156 | 1:11.725 | 5 |
7 | 10 | Pierre Gasly | Alpine-Renault | 1:13.033 | 1:12.169 | 1:11.933 | 7 |
8 | 63 | George Russell | Mercedes | 1:12.769 | 1:12.151 | 1:11.964 | 8 |
9 | 22 | Yuki Tsunoda | AlphaTauri-Honda RBPT | 1:12.642 | 1:12.249 | 1:12.082 | 9 |
10 | 4 | Lando Norris | McLaren-Mercedes | 1:12.877 | 1:12.377 | 1:12.254 | 10 |
11 | 81 | Oscar Piastri | McLaren-Mercedes | 1:13.006 | 1:12.395 | 11 | |
12 | 21 | Nyck de Vries | AlphaTauri-Honda RBPT | 1:13.054 | 1:12.428 | 12 | |
13 | 23 | Alexander Albon | Williams-Mercedes | 1:12.706 | 1:12.527 | 13 | |
14 | 18 | Lance Stroll | Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:12.722 | 1:12.623 | 14 | |
15 | 77 | Valtteri Bottas | Alfa Romeo-Ferrari | 1:13.038 | 1:12.625 | 15 | |
16 | 2 | Logan Sargeant | Williams-Mercedes | 1:13.113 | 16 | ||
17 | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 1:13.270 | 17 | ||
18 | 27 | Nico Hülkenberg | Haas-Ferrari | 1:13.279 | 18 | ||
19 | 24 | Guanyu Zhou | Alfa Romeo-Ferrari | 1:13.523 | 19 | ||
20 | 11 | Sergio Pérez | Red Bull Racing-Honda RBPT | 1:13.850 | 20 | ||
107% tempo: 1:17.453 | |||||||
Fonte:[14][15] |
Carreira
[editar | editar a fonte]A carreira celebrouse o 28 de maio de 2023, ás 15:00 hora local (UTC+2).[1]
Informe da carreira
[editar | editar a fonte]Despois da volta de formación, George Russell errou na posición da grella de saída, non foi penalizado. Cando a comezou a carreira, Nico Hülkenberg tocouse con Logan Sargeant, o que provocoulle ao piloto de Haas unha penalización de cinco segundos. Sergio Pérez fixo unha parada cedo para cambiar aos pneumáticos duros. Na volta 14, Carlos Sainz saltouse a chicana Nouvelle, colisionando co seu alerón dianteiro coa traseira dereita de Esteban Ocon. Sainz decidiu continuar. Valtteri Bottas pasou a Alexander Albon, e este último montou un novo xogo de pneumáticos duros. Seguiríalle o seu compañeiro Sargeant, primeiro en duros e de novo en brandos. Na volta 30, Lewis Hamilton puxo novos duros e saíu detrás de Russell.
Na volta 20, os enxeñeiros de Ferrari dixéronlle a Sainz que entrase en boxes para adiantar a Ocon, aínda que abortaron a orde. A orde repetiuse seis voltas máis tarde, e Ferrari volveu dicirlle que abortara de novo. Sainz finalmente entrou na volta 33 para montar medios novos, reincorporándose sétimo e detrás de Ocon. Sainz mostrouse frustrado coa estratexia, criticándoa pola radio do equipo. Axiña, Pérez entrou a montar medios novos e un novo alerón dianteiro, saíndo en último lugar. Lance Stroll informou de danos durante a volta 38, tras contactar con Kevin Magnussen. Charles Leclerc pasou a montar medios novos, caendo ata o oitavo posto, Pierre Gasly non puido superar a Leclerc con novos medios. Lando Norris entrou a montar duros, perdendo unha posición.
Durante a carreira informouse dunha ameaza de choiva, Russell informou de chuvia na curva 3. Os dous primeiros pilotos que cambiaron a intermedios foron Stroll e Bottas, logo seguiron Guanyu Zhou e Albon. Mentres todos os demais apostaban por pneumáticos intermedios, Fernando Alonso decidiu usar pneumáticos medios pero tivo qu volver a entrar en boxes paracambiar a intermedioss na volta seguinte, e Ferrari decidiu facer un dobre cambio. Sainz trompeou dúas veces, aínda que non alcanzou as barreiras a gran velocidade. Non obstante, Stroll sufriu danos no seu coche despois de que o seu alerón dianteiro quedase debaixo das súas rodas dianteiras. Max Verstappen rozou o muro de Portier cando montaba medios, pero salvou o coche da súa retirada. Magnussen montou pneumáticos de chuvia extrema, xa que tivo dificultades cando comezou a chover, Pérez utilizaría este composto máis adiante. Con todo, Magnussen estrelouse con danos no seu alerón dianteiro. Os seus mecánicos, non preparados para tal cambio, tiveron que preparalo no acto, alongando o seu tempo en boxes. Mentres tanto, Sargeant golpeou o muro na horquilla, aínda que recuperou o coche. Magnussen sairíase na curva un, e Stroll tomou unha vía de escape na curva cinco, Russell seguiu a Stroll na vía de escape, só para ser alcanzado por Pérez, sen consecuencias. Mentres tanto, Hülkenberg recibiu unha penalización de 10 segundos por cumprir unha sanción de forma incorrecta, a Gasly mostróuselle unha bandeira branca e negra por exceder os límites da pista, Pérez cambiou a intermedios e Yuki Tsunoda informou de problemas cos seus freos.
A orde de marcha dos tres primeiros non cambiou durante toda a carreira. A vitoria de Verstappen marca a súa segunda vitoria no Gran Premio de Mónaco. Alonso quedou segundo, o seu antigo compañeiro de equipo Ocon quedou terceiro e foi galardoado como piloto da xornada, a primeira vez que un piloto francés subiu ao podio en Mónaco desde Olivier Panis no 1996, e o seu primeiro podio dende o Gran Premio de Hungría de 2021 (tamén a súa primeira vitoria). Hamilton acadou a volta rápida.[16][17] Russell recibíu unha penalización tras unha reincorporación insegura, aínda que a súa posición final non se viu afectada.[18]
Clasificación da carreira
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "2023 Monaco Grand Prix". Formula 1. Consultado o 17 de maio de 2023.
- ↑ "Update on the Emilia Romagna Grand Prix at Imola". Formula One. 17 de maio de 2023.
- ↑ Richards, Giles (17 de maio de 2023). "F1 Emilia Romagna Grand Prix cancelled due to flooding in northern Italy". The Guardian. Consultado o 17 de maio de 2023.
- ↑ Edmondson, Laurence (2023-05-23). "McLaren reveals 'triple crown' livery for Monaco and Spain". ESPN.com (en inglés). ESPN. Consultado o 2023-05-23.
- ↑ "McLaren correra cunha librea éspecial para celebrar o 60º aniversario da celebración da consecución da "Tripla coroa"". Formula1.com (en inglés). Formula One Administration. 2023-05-23. Consultado o 2023-05-23.
- ↑ Kalinauckas, Alex (2023-05-23). "McLaren reveals 'Triple Crown' livery for Monaco and Spanish F1 races". Motorsport.com (en inglés). Motorsport Network. Consultado o 2023-05-23.
- ↑ "Triple Crown Liveries Revealed". McLaren Website. Consultado o 27 de maio de 2023.
- ↑ "Miami 2023 – Championship". Stats F1. 15 de maio de 2023. Consultado o 15 de maio de 2023.
- ↑ "2023 Tyre Compound Choices – Monaco and Spain". pirelli.com. 24 de abril de 2023. Consultado o 17 de maio de 2023.
- ↑ Boxall-Legge, Jake (27 demaio de 2023). "F1 Monaco GP: Verstappen edges Alonso to thrilling pole after Perez crash". Autosport.com.
- ↑ Bradley, Charles (27 de maio de 2023). "F1 qualifying results: Max Verstappen takes Monaco GP pole". Autosport.com.
- ↑ White, Megan (27 de maio de 2023). "Leclerc handed F1 Monaco GP grid penalty for impeding Norris". Autosport.com.
- ↑ Charles Leclerc recibiu unha penalización de tres postos na grella por obstruir a Lando Norris na Q3.
- ↑ "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2023 – Qualifying". Formula 1. 27de maio dey 2023. Consultado o 27 de maio de 2023.
- ↑ 15,0 15,1 "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2023 – Starting Grid". Formula 1. 27 de maio de 2023. Consultado o 27 de maio de 2023.
- ↑ Bradley, Charles (28 de maio de 2023). "F1 race results: Max Verstappen wins wild 2023 Monaco GP". Autosport.
- ↑ Boxall-Legge, Jake (28 de maio de 2023). "F1 Monaco GP: Verstappen survives late rain to defeat Alonso". Autosport.
- ↑ 18,0 18,1 "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2023 – Race Result". Formula 1. 28 de maio de 2023. Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ Inclúe un punto para a volta rápida.
- ↑ George Russell recibiu unha penalización de cinco segundos por reincorporarse á pista sen seguridade. A súa posición final non se viu afectada pola penalización.
- ↑ Nico Hülkenberg terminou 16º, pero recibiu unha penalización de dez segundos por non cumprir unha penalización durante unha parada en boxes.
- ↑ Logan Sargeant recibiu unha penalización de cinco segundos por exceso de velocidade no carril de boxes. A súa posición final non se viu afectada pola penalización.
- ↑ Kevin Magnussen clasificouse xa que completou máis do 90 % da distancia da carreira.
- ↑ "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2023 – Fastest Laps". Formula 1. 28 de maio de 2023. Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ 25,0 25,1 "Monaco 2023 – Championship". Stats F1. 28 de maio de 2023. Consultado o 28 de maio de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 2023 |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Carreira anterior: Gran Premio da Emilia-Romaña de 2023 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2023 |
Carreira seguinte: Gran Premio de España de 2023 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 2022 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 2024 |