[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Gran Premio de Detroit de 1986

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaGran Premio de Detroit de 1986
Nome oficial5th Detroit Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Detroit Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1986 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento63 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto urbano de Detroit (Detroit) 42°19′47″N 83°02′24″O / 42.32975, -83.04011 Editar o valor en Wikidata
PaísEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Data22 de xuño de 1986 e 1986 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoAyrton Senna Editar o valor en Wikidata
Pole positionAyrton Senna Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaNelson Piquet Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Detroit de 1986 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 22 de xuño de 1986 en Detroit, Míchigan. Foi a sétima carreira da tempada de Fórmula Un de 1986 e o quinto Gran Premio de Detroit. A carreira disputouse sobre 63 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia total da carreira de 260 quilómetros.

A estrela emerxente de Lotus Ayrton Senna saíu desde a pole e logrou a vitoria, a cuarta da súa carreira. O mozo brasileiro avanzou a través da pista logo de caer ao oitavo posto a causa dun pneumático picado para acadar a súa primeira vitoria no Gran Premio dos Estados Unidos. A carreira viu seis cambios de líder entre cinco pilotos, a vitoria de Senna comezou unha racha que o viu lograr cinco vitorias no Gran Premio dos Estados Unidos en seis anos.

Gerhard Berger pilotando para Benetton na carreira

O americano Eddie Cheever, na súa única carreira de F1 da tempada, tomou o asento de Patrick Tambay no Carl Haas Lola, Tambay non estaba plenamente recuperado das súas lesións no Gran Premio do Canadá en Montreal. Haas intentara conseguir ao lendario Mario Andretti, pero, ao parecer por mor das pelexas entre a FISA e a CART, negóuselle a solicitude de licenza para Andretti. Cheever cualificou décimo, e retirouse a pouco máis de media carreira cunha espiga da roda rota.

Como se esperaba, os pilotos tiveron dificultades para atopar agarre nas sesións do venres, xa que o circuíto urbano temporal necesitaba tempo para conseguir un pouco de goma. O piloto de Williams Nigel Mansell foi o único en baixar dos 1:40. Nun magnífico sábado, Mansell e Senna agardaron o seu momento, esperaron ata a metade da sesión dunha hora para saír á pista. Senna amañouse para conseguir unha pista despexada, e rexistrou unha marca de 1:38.301. Mansell quedou segundo logo de que Alain Prost estrelarase na chicana, e Senna logrou a pole por máis de medio segundo.

O domingo presentouse cálido e húmido, con probabilidades de choiva. Ao principio, Senna liderou sobre Mansell na primeira curva, e René Arnoux de Ligier pasou por diante de Nelson Piquet no segundo Williams.

A partir da volta 3, o brasileiro perdeu unha marcha cando entraba na primeira curva, e o Williams de Mansell atacou polo liderado.

Para o final da quinta volta, a vantaxe de Mansell era de 4,3 segundos. pero as súas pastillas de freo traseiras estaban demasiado frías e convertéronse en cristal, Senna foi capaz de acercarse de novo ata el. E na volta 8, volveu tomar o liderado.

Senna inmediatamente comezou a afastarse, mentres Mansell caeu na clasificación. Na volta 14, con 6´5 segundos de vantaxe, Senna meteuse de repente en boxes cunha picada lenta no seu pneumático traseiro dereito. Malia un rápido cambio, volveu no oitavo lugar, a vinte segundos do novo líder, René Arnoux.

Arnoux mantivo o liderado tres voltas antes de ter que entrar en boxes para cambiar pneumáticos. O seu compañeiro de equipo en Ligier Jacques Laffite, correndo co composto máis duro de pneumáticos Pirelli, tomou o liderado. Aos 42 anos, foi a primeira vez que Laffite lideraba unha carreira en máis de tres anos, e a última vez na súa carreira.

Logo da súa parada na volta 14, Senna empezou a labrarse o seu camiño de regreso á parte dianteira, adiantando aos mellores pilotos da época. Pasou a Michele Alboreto na volta 15, a Stefan Johansson na volta 17, a Arnoux cando fixo a súa parada dos pneumáticos na volta 18, a Prost na volta 28, e a Mansell na volta 31. Cando Laffite tamén se detivo para cambiar os pneumáticos na volta 31, Piquet converteuse no quinto líder diferente da carreira, e Senna subiu ata o segundo lugar, só 1,7 segundos por detrás.

Con eles dous na fronte, Piquet chegou a liderar por 3,5 segundos, Senna dedicouse polo momento, a seguir ao seu compatriota. Logo de oito voltas na cabeza, Piquet entrou a cambiar pneumáticos, e Senna recuperou o primeiro lugar.

Os 18,4 segundos de parada de Piquet foi máis lenta que a do seu compañeiro de equipo Mansell, pero cando regresou á pista, o dúas veces campión levouse levaba o coitelo entre os dentes. Corría segundo detrás de Senna, Piquet marcou a volta rápida da carreira na volta 41, pero cunha parada en boxes dez segundos máis rápida que Piquet, Senna foi capaz de reter o liderado.

Na seguinte volta, a 42, Piquet estrelouse con forza na curva a esquerda antes da última chicana. Terminou na barreira de pneumáticos, ileso, pero co seu coche nunha posición moi precaria. O guindastre, presente por esa mesma razón, non foi capaz de mover o coche. Arnoux, agora 16.6 segundos por detrás era segundo, rebaixou un segundo por volta a vantaxe de Senna durante cinco voltas, mentres que unha bandeira de cor amarela mostrábase na curva onde Piquet estrelouse. Cando retiraron a bandeira amarela, Arnoux saíu desviado e golpeou o Williams abandonado de Piquet! O francés considerou que o seu coche non sufrira danos, e tratou de volver á pista, pero fíxoo xusto diante de Thierry Boutsen no seu Arrows, provocando o a retirada de ambos coches.

Moi pouco característico dunha carreira de rúa, Piquet, Arnoux e Boutsen foron os únicos pilotos en toda a tarde que se retiraron debido a accidentes.

A falta de 17 voltas para o final, Senna lideraba sobre Prost por 27 segundos, e o motor TAG do McLaren estaba perdendo potencia. Laffite foi capaz de pechar a brecha con Prost, e rapidamente o Ligier adiantouno acadando o segundo lugar. Senna chegou a meta cunha vantaxe de 30 segundos, na súa primeira vitoria nos Estados Unidos, e a única vitoria en América do fabricante de motores francés Renault.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Q1 Q2 diferenza
1 12 Ayrton Senna Lotus-Renault 1:40.301 1:38.301
2 5 Nigel Mansell Williams-Honda 1:39.490 1:38.839 +0.538
3 6 Nelson Piquet Williams-Honda 1:41.510 1:39.076 +0.775
4 25 Francia René Arnoux Ligier-Renault 1:43.166 1:39.689 +1.388
5 28 Stefan Johansson Ferrari 1:42.989 1:40.312 +2.011
6 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Renault 1:45.236 1:40.676 +2.375
7 1 Francia Alain Prost McLaren-TAG 1:43.368 1:40.715 +2.414
8 7 Italia Riccardo Patrese Brabham-BMW 1:43.664 1:40.819 +2.518
9 2 Finlandia Keke Rosberg McLaren-TAG 1:43.732 1:40.848 +2.547
10 16 Eddie Cheever Lola-Ford 1:46.499 1:41.540 +3.239
11 27 Italia Michele Alboreto Ferrari 1:44.296 1:41.606 +3.305
12 20 Austria Gerhard Berger Benetton-BMW 1:43.759 1:41.836 +3.535
13 18 Bélxica Thierry Boutsen Arrows-BMW 1:45.711 1:42.279 +3.978
14 11 Johnny Dumfries Lotus-Renault 1:45.846 1:42.511 +4.210
15 8 Derek Warwick Brabham-BMW 1:44.890 1:42.558 +4.257
16 3 Martin Brundle Tyrrell-Renault 1:45.250 1:42.815 +4.514
17 19 Italia Teo Fabi Benetton-BMW 1:48.912 1:43.658 +5.357
18 4 Francia Philippe Streiff Tyrrell-Renault 1:47.478 1:43.796 +5.495
19 17 Alemaña Christian Danner Arrows-BMW 1:48.855 1:44.259 +5.958
20 14 Jonathan Palmer Zakspeed 1:49.812 1:44.401 +6.100
21 15 Australia Alan Jones Lola-Ford 1:45.521 1:44.450 +6.149
22 21 Italia Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 1:49.067 1:45.059 +5.887
23 23 Italia Andrea de Cesaris Minardi-Motori Moderni 1:47.359 1:46.705 +8.404
24 24 Italia Alessandro Nannini Minardi-Motori Moderni 1:47.230 11:12.906 +8.929
25 22 Allen Berg Osella-Alfa Romeo 1:56.741 1:48.682 +10.381
26 29 Países Baixos Huub Rothengatter Zakspeed 1:49.680 29:44.015 +11.379
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 12 Ayrton Senna Lotus-Renault 63 1:51:12.847 1 9
2 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Renault 63 + 31.017 6 6
3 1 Francia Alain Prost McLaren-TAG 63 + 31.824 7 4
4 27 Italia Michele Alboreto Ferrari 63 + 1:30.936 11 3
5 5 Nigel Mansell Williams-Honda 62 + 1 Lap 2 2
6 7 Italia Riccardo Patrese Brabham-BMW 62 + 1 volta 8 1
7 11 Johnny Dumfries Lotus-Renault 61 + 2 voltas 14
8 14 Jonathan Palmer Zakspeed 61 + 2 voltas 20
9 4 Francia Philippe Streiff Tyrrell-Renault 61 + 2 voltas 18
10 8 Derek Warwick Brabham-BMW 60 + 3 voltas 15
Ret 17 Alemaña Christian Danner Arrows-BMW 51 Eléctrico 19
Ret 25 Francia René Arnoux Ligier-Renault 46 Accidente 4
Ret 18 Bélxica Thierry Boutsen Arrows-BMW 44 Accidente 13
Ret 23 Italia Andrea de Cesaris Minardi-Motori Moderni 43 Caixa de cambios 23
Ret 6 Nelson Piquet Williams-Honda 41 Accidente 3
Ret 28 Stefan Johansson Ferrari 40 Eléctrico 5
Ret 19 Italia Teo Fabi Benetton-BMW 38 Caixa de cambio 17
Ret 16 Eddie Cheever Lola-Ford 37 Dirección 10
Ret 15 Australia Alan Jones Lola-Ford 33 Dirección 21
Ret 22 Allen Berg Osella-Alfa Romeo 28 Eléctrico 25
Ret 3 Martin Brundle Tyrrell-Renault 15 Eléctrico 16
Ret 21 Italia Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 14 Turbo 22
Ret 2 Finlandia Keke Rosberg McLaren-TAG 12 Transmisión 9
Ret 20 Austria Gerhard Berger Benetton-BMW 8 Motor 12
Ret 24 Italia Alessandro Nannini Minardi-Motori Moderni 3 Turbo 24
NTS 29 Países Baixos Huub Rothengatter Zakspeed 0 Eléctrico 26
fonte:[1]

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 1986
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1986
Carreira seguinte:
Gran Premio de Francia de 1986
Carreira anterior:
Gran Premio de Detroit de 1985
Gran Premio de Detroit Carreira seguinte:
Gran Premio de Detroit de 1987
  1. "1986 United States Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 13 November 2014. Consultado o 23 December 2015. 

Referencias

[editar | editar a fonte]
  • Rob Walker (Outubro, 1986). "5th Detroit Grand Prix: Front And Senna". Road & Track, 130-132.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]