Astérix e os pictos
Astérix e os pictos | |
---|---|
Título orixinal | Astérix chez les Pictes |
Autor/a | Jean-Yves Ferri |
Ilustrador/a | Didier Conrad |
Cuberta | Didier Conrad |
Orixe | Francia |
Lingua | francés |
Colección | Astérix |
Xénero(s) | Banda deseñada |
Editorial | Les Éditions Albert René Edicións Xerais |
Data de pub. | 2013 2013 |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 48 |
ISBN | ISBN 978-2-86497-266-2 (fr) ISBN 978-84-9914-534-1 (gl) |
Precedido por | O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro |
Seguido por | O papiro do César |
Tradución | Xavier Senín e Isabel Soto |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Astérix e os pictos[1] (en francés: Astérix chez les Pictes) é o trixésimo quinto volume da serie de banda deseñada Astérix, sendo o primeiro libro da serie que non foi creado nin por René Goscinny nin por Albert Uderzo.[2][3] Foi escrito por Jean-Yves Ferri e ilustrado por Didier Conrad. A historia leva a Astérix e a Obélix alén do Canal da Mancha até Escocia, onde coñecen os pictos. Esta é a segunda viaxe do dúo ás illas Británicas, despois de visitar os britanos en Astérix en Britania (1965).
Foi publicado simultaneamente en todo o mundo en vinte e tres linguas o 24 de outubro de 2013, entre elas o escocés e, por primeira vez, o scots.[4] Foi traducido ó galego por Xavier Senín e Isabel Soto e publicado por Edicións Xerais en 2013.[1][5]
Sinopse
[editar | editar a fonte]A historia ten lugar no mes de febreiro, coa aldea gala nevada: Astérix e Obélix atopan un iceberg cun home encadeado dentro do xeo (en homenaxe ó filme Hibernatus, con Louis de Funès). Despois de desconxelalo, o forasteiro —de nome Mac Oloch e semellante a outro personaxe de Uderzo e Goscinny, Oumpah-Pah–[6] cóntalles ós galos do seu clan Loch and Loll e de como o ruín Mac Abeh secuestrou a súa muller, Camomilla.[7] Por mor diso, os galos acompáñano a Caledonia para axudar ós clans pictos contra o exército romano de Xulio César.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Astérix e os pictos. Traducido por Xavier Senín e Isabel Soto (1ª ed.). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 2013. ISBN 978-84-9914-534-1 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ "Asterix and the Picts - Asterix - The official website". www.asterix.com (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2018.
- ↑ Jean-Yves Ferri - Asterix and the Picts - Hachette Children's Group (en inglés).
- ↑ Digital Spy 'Asterix and the Picts' released, takes place in Scotland (en inglés)
- ↑ "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019.
- ↑ Le Monde Astérix : du Oumpah-Pah dans l'air... (en francés)
- ↑ Le Figaro Astérix chez les Pictes : la potion écossaise (en francés)