[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Astérix e os normandos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Astérix e os normandos
Título orixinalAstérix et les Normands
Autor/aRené Goscinny
Ilustrador/aAlbert Uderzo
CubertaAlbert Uderzo
Orixe Francia
Linguafrancés
ColecciónAstérix
Xénero(s)Banda deseñada
EditorialFrancia Dargaud
Galicia Mas-Ivars
Data de pub.Francia 1966
Galicia 1976
FormatoTapas duras
Páxinas48
ISBNISBN 84-85146-23-9
Precedido porAstérix en Britania
Seguido porAstérix lexionario
TraduciónEduardo Blanco Amor (1976)
Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar (2020)
editar datos en Wikidata ]

Astérix e os normandos[1] (en francés: Astérix et les Normands) é o noveno volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi publicado por primeira vez de forma serializada na revista Pilote, nos números 340-361, en 1966. Conta a historia do encontro entre a vila gala de Astérix e un grupo de normandos (viquingos).[2]

Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor e publicado por Mas-Ivars en 1976.[1] A tradución deste volume aparece asinada por "Juan Blanco Amor".[3][4] En outubro de 2020, publicouse unha nova tradución de Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar para Edicións Xerais.[5]

  1. 1,0 1,1 Astérix e os normandos. Traducido por Eduardo Blanco Amor (1ª ed.). Valencia: Mas-Ivars. 1976. ISBN 84-85146-23-9 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. "Asterix and the Normans - Asterix - The official website". www.asterix.com (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  3. blog.xerais.gal, ed. (13 de outubro de 2017). "O novo de Astérix, en galego o 19 de outubro da man de Xerais". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 4 de setembro de 2019. 
  4. "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019. 
  5. Ficha da obra na páxina da editorial