[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Argo (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Argo
Ficha técnica
Título orixinalArgo
DirectorBen Affleck
ProdutorGrant Heslov
Ben Affleck
George Clooney
GuiónChris Terrio
Baseado enThe Master of Disguise de Antonio J. Mendez
The Great Escape de Joshuah Bearman
IntérpretesBen Affleck
Bryan Cranston
Alan Arkin
John Goodman
MúsicaAlexandre Desplat
FotografíaRodrigo Prieto
MontaxeWilliam Goldenberg
EstudioGK Films
Smokehouse Pictures
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea 31 de agosto de 2012
Galicia 26 de setembro de 2020 (tvG2)
Duración120 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción
Orzamento44 500 000 dólares[2]
Recadación232 000 000 dólares
Na rede
https://www.warnerbros.com/argo
IMDB: tt1024648 Filmaffinity: 917469 Allocine: 190267 Rottentomatoes: m/argo_2012 Mojo: argo Allmovie: v542623 TCM: 866176 Metacritic: movie/argo TV.com: movies/argo
Facebook: ArgoMovieUK Netlix: 70231922 Editar o valor en Wikidata

Argo é un filme estadounidense dirixido, producido e protagonizado por Ben Affleck que se estreou no 2012. Gañadora de 3 Premios Oscar: mellor filme, guión adaptado e montaxe.

Estreouse en galego o 26 de setembro de 2020 a través da tvG2.[3] A tradución ao galego foi realizada por María Alonso Seisdedos.

Irán, ano 1979. Cando a embaixada dos Estados Unidos en Teherán é ocupada por seguidores do aiatolá Khomeini para pedir a extradición do Sha de Persia, a CIA e o goberno canadense organizaron unha operación para rescatar a seis diplomáticos estadounidenses que se refuxiaran na casa do embaixador do Canadá. Con este fin, recorreuse a un experto en rescatar reféns e preparouse o escenario para a rodaxe dun filme de ciencia ficción, de título "Argo", na que participaba un equipo de cazatalentos de Hollywood. A misión: ir a Teherán e facer pasar ós diplomáticos por un equipo de filmación canadense para traelos de volta a casa.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
O actor, produtor e director Ben Affleck.

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 2012: 3 Premios Oscar: mellor filme, guión adaptado e montaxe. 7 nomeamentos.
  • 2012: 2 Globos de Ouro: Mellor filme dramática e mellor director. 5 nomeamentos.
  • 2012: 2 Critics Choice Awards: Mellor filme e mellor director. 7 nomeamentos.
  • 2012: 3 Premios BAFTA, incluíndo mellor filme e director. 7 nomeamentos.
  • 2012: Premios César: Mellor filme estranxeiro.
  • 2012: Festival de Toronto: Nomeado ó Premio del Público (Mellor filme).
  • 2012: Satellite Awards: Mellor banda sonora. 4 nomeamentos, incluíndo mellor filme.
  • 2012: National Board of Review (NBR): 10 mellores filmes, Mención especial Ben Affleck (dir.)
  • 2012: Asociación de Críticos de Los Angeles: Mellor guión.
  • 2012: American Film Institute (AFI): Top 10 - Mellores filme do ano.
  • 2012: Directors Guild of America (DGA): Mellor director.
  • 2012: Producers Guild of America (PGA): Mellor filme.
  1. "Argo". British Board of Film Classification (BBFC). Comprobado o 25 de abril de 2013.
  2. BoxOfficeMojo.com
  3. "Argo na TVG". TVG. 26 de setembro de 2020. Consultado o 7 de maio de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]