A fin de semana perdida
A fin de semana perdida | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Lost Weekend |
Director | Billy Wilder |
Guión | Charles Brackett Billy Wilder |
Baseado en | The Lost Weekend, de Charles R. Jackson |
Intérpretes | Ray Milland Jane Wyman |
Música | Miklós Rózsa |
Fotografía | John F. Seitz |
Montaxe | Doane Harrison |
Estrea | 16 de novembro de 1945 [1] |
Duración | 99 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $1 250 000 |
Recadación | $11 000 000[2] |
Na rede | |
A fin de semana perdida (en inglés, The Lost Weekend) é un filme do director Billy Wilder que conta a historia dun escritor alcohólico. Foi premiado coa Palma de Ouro no Festival de Cannes de 1946 e co Oscar ao mellor filme na 18ª edición dos Oscar.
Estreouse en galego na TVG o 13 de marzo de 1989.[3]
Argumento
[editar | editar a fonte]O filme narra os feitos que ocorren en seis días, desde o xoves ata o martes.
O escritor alcohólico Don Birnam está preparándose para unha fin de semana de vacacións co seu irmán Wick, que quere obrigalo a deixar a bebida. A moza de Don, Helen, chega para despedirse deles e menciona que ten dúas entradas para un concerto. Don pide a Wyck que a acompañe e mentres el vai a un bar e perde o tren deliberadamente para volver a casa e seguir bebendo.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ray Milland como Don Birnam
- Jane Wyman como Helen St. James
- Phillip Terry como Wick Birnam
- Howard Da Silva como Nat
- Doris Dowling como Gloria
- Frank Faylen como 'Bim' Nolan
- Mary Young como Mrs. Deveridge
- Anita Bolster como Mrs. Foley
- Lilian Fontaine como Mrs. St. James
- Frank Orth como encargado do gardarroupa da ópera
- Lewis L. Russell como Mr. St. James
Premios
[editar | editar a fonte]Na 18ª edición dos Oscar, A fin de semana perdida gañou catro premios, mellor filme, director, actor e guión. Ademais foi candidato á mellor fotografía, montaxe e música.
O filme compartiu o Grand Prix du Festival International du Film na primeira edición do Festival de Cannes, onde Milland tamén gañou o premio ao mellor actor. Xunto con Marty (1955) son os únicos filmes que gañaron o principal premio en Cannes e nos Óscar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "THE LOST WEEKEND - DIARY OF A DIPSOMANIAC (PG)". British Board of Film Classification. 23 de agosto de 1945. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 27 de xaneiro de 2013.
- ↑ Box Office Information for The Lost Weekend. Arquivado 08 de marzo de 2014 en Wayback Machine. The Numbers. Consultado o 8 de marzo de 2014.
- ↑ "Televisión". ABC. 13 de marzo de 1989. Consultado o 14 de setembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A fin de semana perdida na IMDb (en inglés).
- The Lost Weekend en filmsite.org
- The Lost Weekend en Screen Guild Theater: 7 de xaneiro de 1946
- Filmes de 1945
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Billy Wilder
- Filmes sobre alcoholismo
- Óscar ó mellor filme
- Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director
- Filmes gañadores da Palma de Ouro
- Filmes ambientados en Nova York
- Filmes preservados no National Film Registry
- Filmes de 1945 con versión en galego