Alonso I de Fonseca
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1415 Toro, España |
Morte | 1473 (57/58 anos) Coca, España |
Lugar de sepultura | Coca |
Arcebispo de Santiago de Compostela | |
3 de decembro de 1460 – 1486 – Alonso II de Fonseca → | |
Arcebispo de Sevilla | |
4 de febreiro de 1454 – 3 de decembro de 1460 ← Alonso II de Fonseca – Pietro Riario → | |
Arcebispo católico | |
Capelán maior do rei | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, estadista |
Familia | |
Irmáns | Catalina de Fonseca y Ulloa |
Alonso I de Fonseca, nado en Toro (provincia de Zamora) en 1418 e finado en Coca (provincia de Segovia) en 1473, foi bispo de Ávila entre 1445 e 1453 e arcebispo de Santiago de Compostela entre os anos 1460 e 1463, e tamén de Sevilla, desde o ano 1454 ata o 1473. É considerado o iniciador dun novo período na sede compostelá e o definidor do morgado familiar dos Fonseca, familia moi influente na Galicia dese momento e en España.
A pesar de que na súa vida ocupou tres sés, non se posúe moita documentación sobre os seus mandatos, polo que escasean os datos sobre a súa vida, moitos deles obtidos do seu testamento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes
[editar | editar a fonte]Fillo de Juan Alonso de Ulloa, de orixe portuguesa, conselleiro do rei Xoán II e de Beatriz Rodríguez de Fonseca, que tiveron como fillos a Pedro Ruíz de Ulloa e Fonseca, Hernando de Fonseca e Catalina de Fonseca, esposa de Diego de Acevedo (os condes de Ayala) e nai de Alonso II de Fonseca.
Durante os últimos 15 anos do reinado do Rei Xoán permaneceu na Corte, e seguiu mantendo a graza do sucesor de Xoán Henrique IV do que foi Capelán Maior, chegando incluso a bendicir o seu matrimonio con Xoana de Portugal no ano 1455. Pero poucos anos despois é rexeitado.
En setembro de 1460 enferma gravemente en Valladolid, feito que o leva o 3 de setembro a redactar o seu testamento.
Arcebispado de Santiago de Compostela
[editar | editar a fonte]Nos anos 1460 a 1463 ocupou a sede de Compostela no lugar do seu sobriño Alonso II de Fonseca, que permaneceu como administrador da sede en Sevilla, coa finalidade de poñer paz nos convulsos dominios do arcebispado compostelán. Pero no mesmo ano de 1463 os seus inimigos na Corte, dirixidos por Juan Fernández Galindo, comendador da raíña, e Afonso de Velasco, conseguen expulsalo de ambas as mitras (Santiago e Sevilla), polo que o rei ordena a súa volta a Sevilla. Pouco máis tarde novas disposicións reais quitábanlle ao arcebispo a posesión do seu señorío, perdendo moitas das súas rendas e os seus partidarios foron apresados.
A volta a Sevilla
[editar | editar a fonte]A partir deste momento o arcebispo opta por actuar dun xeito máis discreto nas súas relacións coa Corte e comeza a afianzar o morgado familiar na vila de Coca (a vila de Toro era a casa primitiva da estirpe). No ano 1467 a raíña Xoana, esposa de Henrique IV, foi retida nesta vila por Alonso de Fonseca, seguindo instrucións precisas do rei.
Na vila de Coca morreu no ano 1473 non sen antes vincular o futuro da súa familia ao apoio á sucesión da futura Isabel a Católica
Predecesor: Lope de Barrientos |
Bispo de Ávila 1445 - 1454 |
Sucesor: Alonso Fernández de Madrigal, o Tostado
|
Predecesor: Juan de Cervantes |
Arcebispo de Sevilla 1454 - 1465 |
Sucesor: Alonso de Fonseca e Acevedo
|
Predecesor: Alonso de Fonseca e Acevedo |
Arcebispado de Santiago (Administrador) 1460 - 1463 |
Sucesor: Alonso de Fonseca e Acevedo
|
Predecesor: Alonso de Fonseca e Acevedo |
Arcebispo de Sevilla 1469 - 1473 |
Sucesor: Pedro Riario
|
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Franco Silva, Alfonso. El Arzobispo de Sevilla Alonso de Fonseca el Viejo: Notas sobre su vida. Boletín da Real Academia da Historia, ISSN 0034-0626, Tomo 196, Caderno 1, 1999, páx. 43 a 92.
- Fraguas Fraguas, Antón et al. Artigo "FONSECA, Alonso I de" da Gran Enciclopedia Galega.
- García Oro, José e Portela Silva, Mª José. Os Fonseca na Galicia do Renacemento. Da guerra ó mecenado.(2000). Serie Trivium. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-89129-92-4