[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Toro, Zamora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaToro, Zamora
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°31′12″N 5°23′41″O / 41.52, -5.3947
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Zamora Editar o valor en Wikidata
CapitalToro (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación8.349 (2023) Editar o valor en Wikidata (25,7 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie324,86 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude735 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónQ5573989 Traducir e Our Lady of El Canto (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataTomás del Bien Sánchez (2015–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal49800 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE49219 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webtoroayto.es Editar o valor en Wikidata

Toro (en galego antigo: Touro)[1] é un municipio da provincia de Zamora na comunidade de Castela e León.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Localízase no noroeste da Península Ibérica. Ao pé da cidade discorre o río Douro, que pode verse desde a atalaia que ocupa a cidade. Tamén percorren o seu termo o río Guareña e o río Hornija, xunto con outros regatos de menor importancia. O concello é un dos máis extensos da provincia.

Na Idade Antiga, a cidade (propiedade do pobo vacceo) era coñecida co nome de Albocela ou Arbucala. Durante a invasión romana da Península, levantouse xunto a Toro un campamento romano para o ataque de ástures e cántabros.

Segundo o bispo Sampiro, cronista do rei Afonso III, Toro forma parte dunha repoboación no ano 899, co propósito de evitar que fose reconquistada polas tropas musulmás. Así, o repoboamento trasladou xente "prescindible" ou "excedente" das cidades. Na Idade Media, Toro converteuse nunha das cidades máis prósperas do Reino de León, grazas ao seu viño. A comarca tiña bastante produción vinícola e atribúese ao rei Afonso IX de León a frase "Teño un Toro que me da viño e un León que mo bebe".

En 1476, os partidarios da raíña Isabel a Católica subleváronse contra os lusos de Xoana a Beltranexa que ocupaban a vila.

Durante 400 anos, Toro foi unha das 17 vilas e cidades españolas con dereito a voto en Cortes, ocupando o lugar 12º, despois de Zamora e antes de Madrid.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Demografía

[editar | editar a fonte]
  • Evolución demográfica de Toro desde 2000 ata 2007
1900 1920 1940 1960 1981 2001 2010
8.187 7.819 8.260 10.457 9.765 9.282 9.748

Política

[editar | editar a fonte]

O alcalde dende 1999 é Jesús Andrés Sedano Pérez (PP). O anterior alcalde foi o socialista Agustín Asensio (alcalde no período 1991-1999).

  1. Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega. "Touro". Dicionario de dicionarios do galego medieval. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]