Alfred Newman
Alfred Newman, nado en New Haven (Connecticut) o 17 de marzo de 1901 e finado en Hollywood o 17 de febreiro de 1970 foi un compositor e director de música cinematográfica estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Newman naceu en New Haven, sendo o maior de dez irmáns. Prodixio musical, comezou a estudar piano con cinco anos con Sigismund Stojowski, e camiñaba dez millas cada día para practicar no piano dun veciño.[1] Puido axudar á súa pobre familia co diñeiro que gañaba por tocar en teatros e restaurantes. Traballou en vodevís e estudou composición e aos vinte anos estaba en Broadway, compoñendo e dirixindo musicais George Gershwin, Richard Rodgers e Jerome Kern. En 1930 acompañou a Irving Berlin a Hollywood,[2] onde recibiu clases privadas de Arnold Schoenberg.
Tras traballar con Berlin no filme Reaching for the Moon, atopou traballo con Samuel Goldwyn e United Artists, escribindo a súa primeira banda sonora completa, Street Scene. En 1940 comezou unha carreira de vinte anos como director musical da 20th Century-Fox, para a que compuxo a fanfarra que acompaña o logotipo. Newman estivo en activo ata a fin da súa vida, compoñendo a súa última banda sonora, Airport (1970) pouco antes da súa morte, producida por un enfisema.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Entre 1930 e 1970 Newman escribiu a música de máis de 200 filmes. Newman gañou nove premios Oscar, terceiro tras Walt Disney e Cedric Gibbons. Foi o compositor con máis candidaturas aos premios (corenta e cinco) ata que John Williams o igualou en 2006 e o superou en 2012. Foi candidato ao Oscar polo menos unha vez cada ano entre 1938 e 1957.
Algúns das súas obras principais son:
- 1930 - Whoopee! (adaptación) (cancións de Walter Donaldson e Gus Kahn)
- 1931 - Luces da cidade (director musical) (música de Charlie Chaplin)
- 1931 - Indiscreet (director musical)
- 1931 - Street Scene
- 1936 - Dodsworth
- 1936 - Born to Dance (director musical; Cole Porter escribiu as cancións)
- 1937 - You Only Live Once
- 1937 - The Hurricane
- 1937 - The Prisoner of Zenda
- 1938 - Alexander's Ragtime Band (adaptación, cancións de Irving Berlin)
- 1939 - The Rains Came
- 1939 - Gunga Din
- 1939 - Cumes borrascosos
- 1939 - The Hunchback of Notre Dame
- 1940 - Vigil in the Night
- 1940 - Enviado especial
- 1940 - Broadway Melody of 1940 (director musical; Cole Porter escribiu as cancións)
- 1940 - The Mark of Zorro
- 1940 - Tin Pan Alley (adaptación)
- 1941 - Que verde era o meu val
- 1942 - Roxie Hart
- 1942 - The Black Swan
- 1942 - The Pied Piper
- 1943 - The Song of Bernadette
- 1943 - My Friend Flicka
- 1944 - The Keys of the Kingdom
- 1945 - State Fair (adaptación)
- 1947 - O capitán de Castela
- 1947 - Mother Wore Tights (adaptación)
- 1947 - Gentleman's Agreement
- 1947 - The Shocking Miss Pilgrim
- 1948 - The Snake Pit
- 1948 - That Lady in Ermine
- 1948 - The Iron Curtain
- 1949 - Twelve O'Clock High
- 1949 - Chicken Every Sunday
- 1950 - Todo sobre Eva
- 1950 - Panic in the Streets
- 1950 - The Big Lift
- 1952 - O prisioneiro de Zenda
- 1952 - As neves do Kilimanjaro
- 1952 - With a Song in My Heart (adaptación)
- 1953 - How to Marry a Millionaire (Alfred Newman aparece dirixindo a orquestra no prólogo)
- 1953 - The Robe
- 1953 - Call Me Madam (adaptación)
- 1954 - Demetrius and the Gladiators
- 1955 - A Man Called Peter
- 1955 - Love Is a Many-Splendored Thing
- 1955 - The Seven Year Itch
- 1956 - Anastasia
- 1956 - Carousel (adaptación)
- 1956 - The King and I (adaptación)
- 1957 - April Love (adaptación)
- 1958 - South Pacific (director)
- 1958 - A Certain Smile
- 1959 - The Diary of Anne Frank
- 1961 - Flower Drum Song (adaptación)
- 1962 - State Fair (adaptación)
- 1962 - A conquista do oeste
- 1965 - The Greatest Story Ever Told
- 1967 - Camelot (adaptación) (Academy Award)
- 1968 - Os malvados de Firecreek
- 1970 - Airport
Familia Newman
[editar | editar a fonte]Newman foi o cabeza de familia dunha longa saga de compositores cinematográficos, entre os que destacan os seus irmáns Lionel e Emil; os seus fillos David, Thomas e Maria; o seu sobriño Randy e os seus sobriños Joey Newman e Jaclyn Newman Dorn.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alfred Newman (1901-1970) - head of a musical dynasty", mfiles U.K.
- ↑ Biography of Alfred Newman, Virginia Tech Multimedia Music Dictionary
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alfred Newman na IMDb (en inglés).
- Alfred Newman en Soundtrackguide.net